📢 Xa chega o da Ciencia na Rúa! O sábado 9 de maio #DCR2026 #cienciarua2026
📍ATENCIÓN, este ano estaremos nos XARDÍNS DE MÉNDEZ NÚÑEZ da Coruña con 54 haimas
Tamén no parque de Santa Margarita con actividades paralelas nos soportais da Casa das Ciencias
Máis info nuns días
Posts by Museos Científicos Coruñeses
Un dos atractivos do Aquarium Finisterrae é a súa localización, aos pés do océano Atlántico. #amencer
#museoscientificoscoruñeses #aquariumfinisterrae🦈🦀🐙 #mar #oceano #acuario #museo #coruna #seabites
🌞 O próximo 12 de agosto será posible ver desde A Coruña unha eclipse total de Sol, un evento excepcional para o que é importante prepararse. Unha das maneiras máis seguras de observalo con total seguridade para os nosos ollos é cunha cámara escura feita cunha caixa de cartón 👇
No espazo MiniDomus os nenos e nenas de ata 6 anos experimentan, comparten e descobren a través dos contidos desta sala especialmente deseñada para esas idades 💨 ⚙🔩
#museoscientificoscoruñeses #domus #humanidad #museo #coruna
🌞 A programación do planetario da Casa das Ciencias, que incluirá catro sesións diarias do 28 de marzo ao 6 de abril, incorpora a estrea dunha sesión en directo ás 18 horas cun contido especial dedicado ás eclipses solares ➡ acortar.link/2mOmnI
📢 Os @mc2coruna.bsky.social están abertos toda a Semana Santa, incluídos os festivos, de 10 a 19 h. Último acceso ás 18 h no Aquarium e ás 18.30 h na Casa das Ciencias e na Domus.
Fío ⬇️
📢 ATENCIÓN. Neste mes de marzo, de forma excepcional, «O ceo está máis preto do que pensas» desdóbrase en dúas fins de semana ➡️ acortar.link/ujCGXp
• Sábado 21, ás 11.30 h: Ceo para enterados+Postal planetaria de Borja Tosar (+14 anos)
• Sábado 28, ás 13 h: Ceo do mes (+10 anos)
🌞Taller formativo na Casa das Ciencias sobre observación da eclipse solar dirixido a profesorado e profesionais de xestión sociocultural, co obxectivo de transmitir a maneira máis adecuada e segura de observar a eclipse do 12 de agosto.
Toda a info ➡️ acortar.link/OWxBYa
🐡🌡️ El #IEO_CSIC documenta dos nuevos peces globo en Galicia —tamboril verde y tamboril de tierra— y alerta de la tropicalización del mar
Ya son 26 las especies de Tetraodontiformes documentadas en aguas españolas
🔗 tinyurl.com/ymx6yrjy
@vi.ieo.es @mc2coruna.bsky.social @uvigo.bsky.social
📷 «Antropoceno», exposición de fotografías de Fernando Moleres sobre o impacto da actividade humana no medio ambiente. ➡️ acortar.link/wi2fL9
No Aquarium Finisterrae
#museoscientificoscoruñeses #aquariumfinisterrae🦈🦀🐙 #mar #oceano #acuario #museo #coruna #seabites
🌍 Hoxe é o Día Mundial da Natureza e con este motivo o Aquarium Finisterrae celebrará esta fin de semana un taller sobre biodiversidade con animais vivos.
📆 Sábado 7 e domingo 8 de marzo, de 12 a 14 h
Toda a info ➡ acortar.link/6CbrSS
🦈 Novas sesións de «Durmindo con tiburóns» no Aquarium Finisterrae, actividade para nenos e nenas entre 10 e 12 anos ➡ acortar.link/Us1cBs
📅 A preinscrición para as dúas sesións de marzo e abril abrirase en liña ás 9 horas do luns 2 de marzo.
🕰 Esta fin de semana cambiamos de mes e de horario de apertura nos @mc2coruna.bsky.social. O sábado 28 de febreiro, abertos de 11 a 19 h.
A partir do domingo 1 de marzo, de luns a domingos de 10 a 19 h.
Último acceso no Aquarium 1 hora antes do peche; en Casa Ciencias e Domus 30 min antes
📢 AVISO. O domingo 1 de marzo o tráfico de vehículos nas vías de acceso ao Aquarium Finisterrae verase afectado entre as 9.30 e as 12 horas con motivo da celebración dunha proba deportiva.
🌟 Último sábado de mes = dúas sesións de planetario especiais na Casa das Ciencias ➡️ acortar.link/ujCGXp
📆 Sábado 28 de febreiro
• 11.30 h: O ceo para informados + Postal planetaria de Borja Tosar (dirixido a maiores 14 anos)
• 13.00 h. O ceo do mes (dirixido a maiores de 10 anos)
🦈Hoxe celebramos o 20 aniversario da chegada de Gastón, o tiburón touro (Carcharias taurus), ao Aquarium Finisterrae, procedente do acuario de Brest, Francia.
Vive desde entón no tanque da sala Nautilus, e converteuse en toda unha estrela para o público de todas as idades 💙💙
🔔 Últimas entradas dispoñibles para o concerto de música electrónica Modulartec Vortex no Planetario da Casa das Ciencias ➡ acortar.link/jwuoXP
📆 Sábado 28 de febreiro, ás 21 horas, sesión de inverno
🎟 Compra de entradas ➡ acortar.link/D48jpl
🌟 No Planetario de #casaciencias celebramos o Día de Rosalía (que é o 23/02) dedicando uns minutos a ensinar a localizar no ceo a estrela Rosalíadecastro nas sesións das 11.30, 13 e 18 h do sábado 21 e domingo 22 de febreiro.
E repartiranse guías de observación da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío
👋 A Casa das Ciencias está aberta. Horario de visitas en febreiro:
De luns a venres de 10 a 18 horas
Sábados, domingos e festivos de 11 a 19
#museoscientificoscoruñeses #casaciencias #planetario #museo #estrellas⭐️ #planetas #astronomia #fisica #coruna
❗ AVISO. A Casa das Ciencias estará pechada o mércores 18 de febreiro debido ao corte de acceso ao parque de Santa Margarita por alerta meteorolóxica.
Desculpas polas molestias
🎶 Volve MDLRTC Vortex ao Planetario da Casa das Ciencias co seu ciclo de música electrónica ➡ acortar.link/jwuoXP
📆 28 de febreiro, ás 21 horas, sesión de inverno
🎟 Venda de entradas a partir das 12 horas do 13 de febreiro ➡ acortar.link/D48jpl
💥 Martes de entroido (17/02) nos @mc2coruna
xornada de portas abertas con entrada gratis.
Para visitar o Aquarium Finisterrae, asistir a sesión de
Planetario ou acceder ao espazo MiniDomus hai que reservar entradas.
Info e ligazóns de reservas 👇
Nos Museos Científicos Coruñeses as mulleres e as nenas son protagonistas de moitas das nosas actividades diarias, como profesionais, como colaboradoras e como usuarias das nosas propostas de divulgación científica.
Feliz Día da Muller e a Nena na Ciencia! 👩🔬
#11F #diamujeryninaciencia
❗ AVISO. A Casa das Ciencias está pechada o mércores 11 de febreiro a partir das 12 horas debido ao corte de acceso ao parque de Santa Margarita por alerta meteorolóxica. Sentimos as molestias.
💥 Chega «Coruña Comunica Ciencia», evento que achega a ciencia ao público a través de diversos formatos, incluíndo monólogos, experiencias híbridas, teatro, música.
📅 11, 12 e 13 de febreiro no Teatro Colón da Coruña
Consegue as túas entradas ➡️ linktr.ee/corucomunica...
Máis👇 acortar.link/YQRKMK
«CEREBRAL IV: Solve et Coagula DOM360º», experiencia sensorial de vangarda de ATHAL (Alberto Castaño) e UROK (Óscar Domínguez)
📅 Venres 20/02, Planetario Casa das Ciencias
🕰️ Dous pases, ás 20 h e 21:30 h.
Máis info e link de compra de entradas👇
acortar.link/wKuYA2
📢 Este sábado, 7 de febreiro, o Aquarium Finisterrae acolle a Feira Científica Isabel Zendal da man de UDCiencia d+i.
Unha oportunidade para coñecer tamén as novas exposicións, «Antropoceno» e «Unha historia de pingüíns»
🎟️ Entrada gratis, con reserva ➡️ ticketing.coruna.gal/mc2/aq/
‼️ AVISO. A Casa das Ciencias estará pechada o xoves 5 de febreiro debido ao corte de acceso ao Parque de Santa Margarita por alerta meteorolóxica. Sentimos as molestias
📸 «Unha historia de pingüíns», nova exposición no Aquarium Finisterrae formada por 15 imaxes de pingüíns antárticos tomadas por Sergey Antonenko, un fotógrafo ucraíno actualmente residente na Coruña
➡ acortar.link/9rlPVz
🔔«VIII Feira de Ciencia Isabel Zendal» no Aquarium Finisterrae o sábado 7 de febreiro. Talleres atendidos por profesorado e alumnado da Universidade da Coruña⛵🦠🐙
🎟 Entrada ao Aquarium gratis este día con reserva, que pode facerse desde mércores 4 ➡ acortar.link/AusnZh