Advertisement · 728 × 90

Posts by Moisés Barcia

Foto do libro «Señoras en bicicleta», de Raquel C. Pico, María Ramos Domínguez e Ana Bulnes (que son eu)

Foto do libro «Señoras en bicicleta», de Raquel C. Pico, María Ramos Domínguez e Ana Bulnes (que son eu)

Sabedes que se ides a unha librería e dicides «quero un libro sobre señoras en bicicleta, que conte a historia das mulleres sobre esas dúas rodas de forma divertida e estea cheo de datos fascinantes» as libreiras dirán «ah, xa sei» e pedirán (se non o teñen) este libriño xenial?? Facede a proba!

7 hours ago 2 2 1 1
Preview
Un libro para iniciar unha conversa sobre Escocia: "Alí un galego recoñece case todo o que ve" - Praza Pública Manuel Gago vén de publicar Ata que os mares sequen. Unha Escocia en clave galega (Morgante edicións), un ensaio que é tamén un libro de viaxes (non unha guía turística), pero un libro de viaxes…

🏴󠁧󠁢󠁳󠁣󠁴󠁿📘 ENTREVISTA | Manuel Gago fálanos do seu novo libro, un ensaio para iniciar unha conversa sobre Escocia con ollada galega: "Alí un galego recoñece case todo o que ve"

1 day ago 5 2 0 0
Post image

🏴󠁧󠁢󠁳󠁣󠁴󠁿🛰ENTREVISTA | Un libro para iniciar unha conversa sobre Escocia

💬 Falamos con Manuel Gago @magago.bsky.social sobre 'Ata que os mares sequen. Unha Escocia en clave galega', un ensaio que é tamén un libro de viaxes pero non unha guía turística
🔗 praza.gal/cultura/un-l...

3 days ago 14 9 1 1

Pero iso non é porque o médico non dese a baixa: é porque a mutua quería impoñer a alta. Que haxa xente enferma traballando non contradí que se regalen as baixas. Só pon de manifesto que as mutuas impoñen altas disparatadas. As mutuas son unha aberración que non debería existir.

5 days ago 0 0 1 0

Eu creo que en xeral se dan baixas moi alegremente, o cal non sería un problema se as pagase o Estado e non as microempresas. Por outra banda, se alguén prefire estar de baixa que traballando, debería cambiar de traballo, por el e pola empresa. Con iso xa se arranxaría moito.

6 days ago 1 0 1 0

Non defendo en absoluto a Rueda, tampouco nisto, pero onte contoume un amigo que foi ó centro de saúde porque lle doía un pulso e o primeiro que lle dixo o médico, sen nin sequera levantarse a miralo, foi: “Queres unha baixa?”

6 days ago 2 0 2 0

🚲🚲🚲🚲🚲🚲🚲🚲🚲🚲🚲

6 days ago 5 2 0 0
Post image Post image

Quen nos ía dicir que estes dous Perros son o mesmo Perro, eh? Grazas eternas, Albert, por mostrarlle o camiño. 🥰

6 days ago 2 0 1 0
Advertisement
Post image Post image

Pequenas melloras nos rinodicionarios: agora a web mostra os metadatos "entradas totais", "última actualización do dicionario" e "última actualización" de cada entrada. E, en breve, unha GRAN mellora que xa vos anunciaremos.

1 week ago 11 0 0 0

Sempre é boa idea escoller a mellor opción (ou a menos mala) de entre as posibles, e non desentenderse porque ningunha é a túa opción ideal.

1 week ago 1 0 0 0

Non sei o que opinarán dende a verdadeira esquerda desmobilizadora galega e española do feito de que os húngaros progresistas tivesen tan claro o que facer nunhas eleccións nas que só se podía escoller entre extrema dereita moderada, convencional e dura.

1 week ago 5 0 2 0
Post image
1 week ago 1 0 0 0
Post image
1 week ago 1 1 1 0

Los gobiernos de Estados Unidos, Rusia e Israel han perdido las elecciones de Hungría. No es poco.

1 week ago 607 194 18 7

Quen vai gañando? 🤔

1 week ago 0 0 1 0

Ou, tendo en conta que administrativamente está en Ucraína e que o 80% da poboación é ucraína igual non pasa nada por nomeala segundo a perspectiva ucraína.

1 week ago 1 0 0 0

Transcarpatia (”ó outro lado do Cárpatos”) chámaselle dende a perspectiva ucraína e rusa, e Subcarpatia (“por debaixo dos Cárpatos”) dende a checa, eslovaca e húngara. O máis neutral quizais sería Rutenia Cárpata, ou Rutenia Subcarpática.

1 week ago 2 0 1 0
Advertisement

Un ano máis as mesmas presenzas e, sobre todo, as mesmas ausencias. Circulen.

culturagalega.gal/noticia.php?...

1 week ago 5 0 1 1

Sei que en Granada fan uns pequenos que se chaman así.

1 week ago 0 0 0 0
Post image

Entrevista en La Voz de Galicia sobre 'Ata que os mares sequen': "Paseando pola Cidade Nova de Edimburgo, Gago sorprendeuse coa similitude urbanística co barrio da Magdalena de Ferrol, en dimensións e na forma da planta: «Como cabezas de lugares tan distantes pensaban igual?».

1 week ago 10 3 0 0
Post image

Lembro que nunha pastelaría portuguesa onde o pedín lles pareceu moi bizarro que lle chamásemos a isto “braço de cigano”. Na maioría das linguas é simplemente “pastel enrolado”. En Arxentina é “pionono”, en Colombia “brazo de reina”, e en México, “niño envuelto”.

1 week ago 5 1 1 0

Iso foi en 1910, e, total, en 1932 tanto a Horch como a Audi acabaron fusionándose con DKW e Wanderer. A nova empresa chamouse Auto Unión e puxéronlle como emblema catro aros, un por cada unha das empresas fusionadas.

1 week ago 2 0 0 0

Lémbrame o caso do alemán Augustus Horch, que, tras crear a marca de coches Horch, marchou dela e montou outra chamada Augustus Horch. Os da outra marca demandárono e tivo que cambiarlle o nome. “Como se di Horch en latín?”, preguntou. “Audi”, dixéronlle. E ata hoxe.

1 week ago 10 1 1 0

Pois imaxina unha persoa autónoma cun empregado/a que colle unha baixa dun ano. Un sistema que permite isto é aberrante.

1 week ago 1 0 0 0
Post image

Creo que se entende perfectamente polo contexto que uso “rigoroso” co sentido de “severo”, “implacable”, e non co de “preciso”, “cabal”, como por outra parte deixa clarísimo o seguinte parágrafo, ó que parece que non chegaches.

1 week ago 1 0 1 0
Advertisement
Post image
1 week ago 0 0 1 0
Post image
1 week ago 0 0 1 0
Post image
1 week ago 0 0 2 0
Post image
1 week ago 0 0 1 0
Post image

Hai xente falando de baixas laborais sen ter moita idea do que fala. Velaquí un resumo que vos pode axudar a entender como funciona isto en España.

1 week ago 4 0 1 0