Unha nova investigación sinala que, para a mocidade, o cancro de pel é algo "abstracto e afastado". O traballo analiza por que a xente nova usa menos a protección solar.
Posts by GCiencia
Sabes que o próximo 30 de abril será o día xemelgo da eclipse? A configuración do ceo reproducirá a posición e altura do Sol previstas para a totalidade do 12 de agosto. Coñece máis.
O investigador do @igfae.gal Gonzalo Alonso-Álvarez analiza sinais moi débiles en frío extremo nun novo experimento para buscar a materia escura, que representa arredor do 27% do Universo.
A IA axuda a descubrir que emocións agochaban as cartas dos séculos XVI–XVIII. Un proxecto do @csicgalicia.bsky.social evela que moitas non eran nostálxicas, senón reclamacións ou enfados.
Un informe publicado polo Ministerio de Sanidade constata que non hai resultados clínicos que demostren a eficacia terapéutica da homeopatía e sinala a baixa calidade metodolóxica dos estudos afíns a estes tratamentos alternativos.
O picloram é un herbicida de uso estendido que agora xa se asocia co aumento de casos de cancro de colon en persoas menores de 50 anos. Estes son os resultados.
Este mércores ás 21:40 horas producirase o punto álxido das Líridas, estrelas fugaces cuxa observación podería verse dificultada polos ceos cubertos.
Un estudo liderado dende a @usc.gal revela que os neandertais de Cova Eirós tiñan unha dieta máis diversa do que se pensaba: por exemplo, consumían cabalo, a pesar de ser unha especie non moi presente na contorna.
Dende ACIS, o SERGAS participa xunto a outros sistemas europeos no proxecto REHEAL, destinado a impulsar cadeas de subministración máis sostibles no eido sanitario.
A historia evolutiva dos equinodermos é unha das máis sorprendentes da natureza. É un filo que sobreviviu durante máis de 500 millóns de anos en case todos os recunchos do océano.
Así nolo conta Antonio Figueras en @es.theconversation.com
Un estudo da @usc.gal revela que as condicións meteorolóxicas adversas reducen a supervivencia da píllara das dunas e súmase ás ameazas humanas.
Un programa de detección precoz destinado a mulleres de entre 50 e 64 anos detectou preto de 1.900 carcinomas e máis de 11.000 cancros invasivos entre 1992 e 2024.
O catedrático en Enxeñaría Química da @usc.gal @sindofeijoo.bsky.social será o novo director científico do @cretus.usc.gal, un centro enfocado nas tecnoloxías ambientais.
En 2025, un estudo relacionaba o cambio de hora con fallos cardíacos e obesidade. Agora, investigadores da @usc.gal e Sevilla refutan eses resultados por empregar unha metodoloxía inadecuada.
A AEMET informa da chegada dunha masa de aire subtropical que deixará Galicia con temperaturas anormalmente altas e episodios de calixe.
Carlos Fernández Coto, presidente de @apatrigal.bsky.social, lanza unha carta dirixida ao arquitecto autor das tubaxes visibles nas gárgolas do Hostal dos Reis Católicos: “Non pode xustificarse como única nin como inevitable”
A plataforma de ciencia cidadá Observadores do Mar (CSIC) presenta un mapa interactivo que permite observar diferentes ecosistemas a través de fotografías publicadas polos usuarios.
A dixitalización aparece nas aulas en forma de materiais didácticos limitados: así o investiga un equipo investigador de Galicia, Canarias e a Comunidade Valenciana.
Un estudo internacional sinala unha relación entre o número de visitas ao hospital de persoas con síntomas de migraña, tamén coñecida como hemicrania ou xaqueca, e os días nos que hai niveis máis altos de polución no aire.
✒️ TRIBUNA. O director de GCiencia, Pablo López, responde á solicitude da Universidade de Vigo dunha investigación xudicial sobre a revelación dos casos de suposto acoso sexual.
Décadas despois do seu descubrimento por José María Vicente Somoza, esta peza de ouro aínda é unha fonte de orgullo para o municipio rianxeiro de Leiro, malia existir varias incógnitas sobre a súa orixe e funcionalidade.
A colaboración entre a @usc.gal e SunRock Biopharma busca avanzar en novos tratamentos innovadores e acelerar a validación preclínica.
As candeas favorecen a calma e o benestar pero, que pasa se tamén contaminan en espazos cerrados? Isto é o que di esta tribuna de @es.theconversation.com.
O salmón atlántico en Galicia sufriu un descenso superior ao 80% dende os anos 70. Agora, solicítase a súa inclusión no Catálogo galego de especies ameazadas na categoría de “en perigo de extinción”. Estes son os motivos.
A Deputación da Coruña deixa pegada nun evento de referencia internacional para a alimentación e as bebidas de luxo, o que pon o talento gastronómico da provincia na mira dentro e fóra dos límites nacionais.
O @ciqus.bsky.social deseña un prototipo de memoria térmica, un dispositivo capaz de alternar entre distintos estados de condución de calor mediante a aplicación de pequenas voltaxes eléctricas.
Cinco entidades ecoloxistas reclaman que a Xunta "asuma a súa responsabilidade" e protexa as poboacións galegas de salmón atlántico, que se reduciron en máis do 80% dende 1970.
Xa podes escoitar o último episodio de O Descodificador, o pódcast de GCiencia en colaboración co CITIC.
Falamos con María González Taboada do proxecto InNoPor, que busca predicir mellor o comportamento de fluídos como o sangue e a lava.