Se che gusta escoitar pódcast, Ciencia en Feminino tamén está dispoñible neste formato.
Non perdas a entrevista coa matemática e divulgadora Elena Vázquez Abal.
Posts by Elena Váquez Abal
A Deputación ofrece este mércores unha charla con Elena Vázquez Abal dentro do ciclo Ciencia en Feminino
www.depo.gal/gl/w/noticia-ciencia-fem...
Durante estes días de campaña estarei reunida con diferentes grupos de traballo abertos á comunidade universitaria para comezar a desenvolver o programa.
📍 Horarios e localizacións, dispoñibles na web desde este venres.
#ElecciónsUSC #EuConRosa
A universidade que quero cando sexa a reitora da USC.
Espero ter novamente a confianza da comunidade universitaria para facelo posible.
🎥 Fragmento da entrevista de EuropaPress.
#ElecciónsUSC #EuConRosa
Imos a por todas e conto coa vosa confianza! Presentamos o noso programa, un programa avalado co 41% dos votos, que nos dá forza e responsabilidade.
Agora toca facer o máis importante: traballar centro a centro, escoitar e compartir propostas coa comunidade universitaria.
#ElecciónsUSC #EuConRosa
Antiguo, pero merece moito a pena 😉#11F días da muller e a nena na ciencia @mujeresconciencia.com
O campus de #Lugo ten que ser un axente clave para o desenvolvemento económico, social e cultural da provincia.
🗞️ Entrevista en El Progreso.
Rosa Crujeiras | Reitora 2026
Temos que facer unha aposta na nosa universidade por mellorar as nosas metodoloxías docentes, incorporar ferramentas da intelixencia artificial e acostumarmos ás novas formas de comunicar.
#EuConRosa #ElecciónsUSC
O futuro da universidade tamén se decide nas aulas. Sen o estudantado, non hai universidade que avance.
O estudantado non é só parte da comunidade universitaria: é motor de cambio, pensamento crítico e voz imprescindible.
Escoitar as súas reivindicacións non é un xesto, é unha responsabilidade.
A túa opinión importa!
Dentro da nosa web, en "Participa", podes deixarnos as túas suxerencias e ideas para implantar na USC.
A cultura non é un adorno: é identidade, pensamento crítico e futuro. Por iso propoñemos crear unha Vicerreitoría de Cultura, Lingua e Patrimonio.
Para min, a cultura é esencial: conecta a universidade coa sociedade, coida a nosa lingua e pon en valor o que somos.
#EuConRosa
⏭️ Houbo que acelerar un chisco para que collese todo.
Rosa Crujeiras | Reitora USC 2026
#EuConRosa #ElecciónsUSC
Por Unha universidades capaz de dialogar o tenido social. @rosacrujeiras.gal
#EuConRosa
#ElecciónsUSC
Apostar pola boa docencia é apostar pola calidade, pola igualdade de oportunidades e polo futuro do país.
Necesitamos unha universidade que coide a quen ensina para ensinar mellor.
#EuConRosa #ElecciónsUSC
O coñecemento non pode quedar pechado nun caixón.
Como universidade, temos a responsabilidade de contribuír ao desenvolvemento social, cultural e económico do país.
#EuConRosa #ElecciónsUSC
Inmensamente feliz e profundamente agradecida por todo o cariño, as mensaxes tan bonitas e o apoio sincero que estou a recibir estes días. Cada palabra, cada xesto e cada mostra de afecto están a darme moita forza e enchendo o corazón.
#EuConRosa #ElecciónsUSC
O noso Arquivo Histórico é dos maiores tesouros que garda a Universidade de Santiago de Compostela.
Un patrimonio que debemos promover e visibilizar.
#ElecciónsUSC #EuConRosa
Debemos parar estas prácticas que degradan a institución e o significado destas eleccións. Quen queira expresar o seu apoio, que o faga do xeito lexítimo e construtivo: votando o 12 de febreiro.
A Universidade constrúese con ideas, diálogo e compromiso.
#ElecciónsUSC #EuConRosa
As eleccións da USC deben desenvolverse desde o respecto e a responsabilidade.
A descalificación persoal, o insulto e a difamación non só empobrecen o debate, senón que deterioran un proceso democrático que pertence a toda a comunidade universitaria.
Escoitando as demandas coas arquiveiras e arquiveiros da nosa Universidade. Deben ter, sen dúbida, un papel fundamental na nova etapa de dixitalización e implantación da administración electrónica.
#ElecciónsUSC #EuConRosa
Falemos de ideas, falemos de programas. #EuConRosa
Cando unha muller dá un paso adiante, sempre aparece a mesma preocupación: quen vai coidar dos fillos.
Temos que construír unha USC feminista, inclusiva e libre de violencias. Esa é a USC que quero!
#EuConRosa
🗞️ A candidata a reitora reuniuse coa alcaldesa, Goretti Sanmartín, para presentarlle os seus proxectos.
Contar co estudantado nesta aventura é unha das miñas prioridades. Estamos formando os e as futuras mentes da nosa sociedade e non os podemos excluír da toma de decisións.
#EuConRosa
Quero contar contigo nesta nova aventura.
Arrincamos a apertura de campaña cun encontro aberto para compartir ideas, propostas e futuro.
Presentarei un programa construído desde a experiencia e o compromiso coa comunidade universitaria.
🗓️ 27 de xaneiro
⏰ 10:00 horas
📍 Facultade de Matemáticas
Acabamos de botar a andar a campaña electoral con moita ilusión, con moitos apoios e sobre todo, coa convicción de que temos o mellor proxecto para esta universidade.
Queremos escoitarte: a nosa web e canles están abertas para as túas suxestións, ideas e colaboracións.
#EuConRosa
Ademais, teño a honra de contar na candidatura cunhas persoas increíbles e uns grandes profesionais, que viven e desenvolven a súa carreira académica no campus de Lugo.
Levo moitos meses falando con docentes, persoal administrativo e estudantado de Lugo das problemáticas que sofre o campus lucense.
Este mércores 28 de xaneiro presentaremos as nosas propostas para unha USC que conta co campus de Lugo e se preocupa das súas necesidades.
#EuConRosa
Comezamos este camiño con moita ilusión, cun apoio enorme e, sobre todo, coa convicción de que temos o mellor proxecto para a nosa universidade.
O 12 de febreiro contamos contigo #EuConRosa