Carpinterías de ribeira, castros, xacementos curiosos, elementos etnográficos, salgas, cetáreas... Bótalle un ollo.
Posts by Manuel Gago
Vaian anotando, por se lles apetece. Catoira, Biblioteca Municipal, venres 8 de maio ás 20 horas. Presentación de Ata que os mares sequen.
O 'casco' de Leiro é esta magnífica peza da Idade do Bronce. Por certo, se vedes aí unha fenda, foi o lagoñazo que bateu contra el cando estaban preparando o pendello que se quería construír alí.
É unha marabilla escoitar a don José María Vicente Somoza como atopou o casco de Leiro no Curruncho dos Porcos, hai 50 anos. Pero hai un momento enorme, que é o que ten que ver co cuartel da Garda Civil. Non fago spoiler.
youtu.be/XAj0gYfN1JI?...
🏴🛰ENTREVISTA | Un libro para iniciar unha conversa sobre Escocia
💬 Falamos con Manuel Gago @magago.bsky.social sobre 'Ata que os mares sequen. Unha Escocia en clave galega', un ensaio que é tamén un libro de viaxes pero non unha guía turística
🔗 praza.gal/cultura/un-l...
Magnífica entrevista de Marcos P. Pena en @prazapublica
sobre 'Ata que os mares sequen'. Velaí explico por que escollín Escocia como un foco atlántico para o o século XXI. Facer a nosa propia escolla desde o noso tempo (sen descartar as do pasado).
"Este é un libro de viaxes que se diferencia porque ao lelo, se foses camiñando, un pé estaría pisando en Escocia e outro en Galicia, avanzas por dous países ao mesmo tempo (...) "é un libro para comezar unha conversa, buscando puntos en común", destaca.
praza.gal/cultura/un-l...
O pazo do Martelo cheo da veciñanza de Rianxo para rendir homenaxe a José Vicente Somoza (aquí mirando para vós), e á súa xenerosidade para que o casco de Leiro, unha das grandes pezas do Bronce europeo, puidera ser patrimonio de Galicia e da Humanidade.
"Se moitas veces ganaban os fidalgos, nalgúns casos tamén o facían os humildes, e desa pugna incesante entre pequenos e grandes propietarios, teño para min que naceu a cara máis republicana e igualitaria do noso país, que a ten".
www.galiciae.com/blog/manuel-...
"Se moitas veces ganaban os fidalgos, nalgúns casos tamén o facían os humildes, e desa pugna incesante entre pequenos e grandes propietarios, teño para min que naceu a cara máis republicana e igualitaria do noso país, que a ten".
www.galiciae.com/blog/manuel-...
Hoxe mércores, no Airas Nunes (Santiago), ás 19.30.
Por ir, iría de kilt co tartan dos MacGago, pero vai estar algo fresco. Pero teredes outro tipo de diversión, da man dunha boa conversa con Moisés Barcia, Belén Regueira e este que vos escribe.
Trátase do san Martiño de Tours que coroa a fachada do mosteiro de san Martiño Pinario da praza da Inmaculada, unha figura que aparece de xeito insospeitado por varios recantos da parte alta da cidade vella. Foto: José Luis Cernadas.
O @turonio.bsky.social decatouse deste detalle. Se subes as escaleiras de san Bieito do Campo (praza de Cervantes) e miras na perspectiva da Acibechería, aparecerá no alto un estraño cabaleiro con sombreiro: é san Martiño cabalgando sobre os tellados de Compostela.
Moitas grazas a todos os que ateigáchedes hoxe a
@ACBoveda da Coruña para falarmos da Guía de Galicia de Otero Pedrayo. É unha grande alegría saber que don Ramón e a historia deste libro fundamental seguen a interesar tanto.
Este mércores, 15 de abril, presentamos no Airas Nunes en Santiago o libro de @magago.bsky.social 'Ata que os mares sequen. Unha Escocia en clave galega', con @belenregueira.bsky.social e @mbarcia.bsky.social.
A sincronía das tendencias culturais son algo fascinante. Mentres eu escribía 'Ata que os mares sequen', a xente das asociacións de Ortegal iniciaba contactos por primeira vez con asociacións escocesas para compartir actividades. E noutras partes de Galicia tamén está a suceder.
O tema Galicia-Escocia ten múltiples caras, como o fascinante asunto dos santos do Mar Céltico e as navegacións e peregrinacións medievais. De Teixido a St Andrew! O 2 de maio falaremos en Cedeira ás 19 h.
Están convocados vivos e mortos que vaian de camiño a Teixido.
Cada viaxe ao mesmo lugar como un marcador de como cambias ti persoalmente. Unha entrevista sobre 'Ata que os mares sequen' en Diario de Compostela, da man de Eladio Lois.
As aras de Berobreo son moi tardías en relación ás outras. Pero a memoria dese uso na Gallaecia tiña prestixio abondo como para que aqueles artesáns as reproduciran.
Pero o asunto bonito adicional é que non só foron específicos da Gallaecia . É que o deseño acabou 'ritualizándose'. E o que resulta funcional no altar de Verore de Lugo se convirte nun elemento de memoria, xa non funcional, nas aras de Berobreo do Facho.
Segundo Abascal, e eu coincido, todo parece indicar que este deseño parece concibido para que os sacrificios e o rituais non se afoguen co vento ou coa chuvia. O cal, como vos imaxinades, soa tremendamente práctico e ao tempo moi curioso.
Hoxe nas xornadas de Lugo J. A. Abascal falou desta chulada. Este tipo de aras romanas que teñen casa ou templo cuberto no alto son específicas da Gallaecia. Non as hai no resto do imperio. Veñen de Lucus (Lugo), Aquae Flaviae (Chaves) e o Facho de Donón (de dereita a esquerda).
Oxalá Donald Trump tendo que negociar sobre terras con algún paisano de Campo Lameiro ou de Cenlle.
Tamén en Spotify:
open.spotify.com/episode/666y...
Tería en Galicia un filme como Braveheart un impacto similar ao que tivo en Escocia? Antes pensaba unha cousa e logo pensei outra... Disto e moitos outros temas entre Galicia e Escocia falei con David Gesteira neste episodio de Descifrando a Historia.
www.ivoox.com/unha-escocia...
Entrevista en La Voz de Galicia sobre 'Ata que os mares sequen': "Paseando pola Cidade Nova de Edimburgo, Gago sorprendeuse coa similitude urbanística co barrio da Magdalena de Ferrol, en dimensións e na forma da planta: «Como cabezas de lugares tan distantes pensaban igual?».
Vémonos en Lugo hoxe nas IX Xornadas de Divulgación Científica do Patrimonio Arqueolóxico Lucense. Falarei sobre as tecnoloxías aplicadas ao patrimonio e sobre todo ás exposicións e museos.
Un PXOM galaico. "Conforme os arqueólogos localizaban novas cabanas, a regra de separación das vivendas cumpríase como se aqueles galaicos tiveran que cumprir a normativa municipal: todas as cabanas estaban separadas por unha distancia de 70 centímetros"
culturagalega.gal/noticia.php?...
De verdade comparei para un documental a escrita da paisaxe de Otero Pedrayo co xeito que tiña Tolkien de describir as paisaxes da Terra Media no Señor dos Aneis?