Levarei láminas, orixinais, pegatinas, blocs de notas, marcapáxinas, crebacabezas ilustrados, etc 🌿✨💜
Posts by Komorevi
Mañá estarei no Mercado da arte en Área Central (Compos) de 11h a 20.30h, vinde facerme unha vistiña!
Mañá na libraría Seijas de Pontevedra ás 18.30h haberá unha presentación de ambas antoloxías por @yaminisintilde (poeta e autora) e @a.metztli (editor)
Recoméndovos achegarvos e descubrir as voces e trazos que se agochan nas súas páxinas. A súa edición sorprenderavos!
💫Tequio | A importancia de nutrir os vínculos, simbiose do traballo e coidados comunitarios. (Re)conectarnos coa natureza, da que formamos parte como animais que somos
🍉Zomalli | Non podía deixar de pensar no pobo palestino, que loita día a día pola súa liberdade e dignidade.
Fun convidada por @augustometzli a participar neste proxecto tan fermoso Tras reflexionar que significan para min estes dous termos, sendo eu unha persoa europea e branca, cheguei ao resultado que vedes.
🌿✨Tequio/Zomalli - Dúas antoloxías poéticas e ilustradas arredor destes dous conceptos e editada con agarimo e coidado por @tazalunarbooks :
💜 Tequio: Deriva da palabra náhuatl “tequitl”, que significa “traballo” ou “tributo”.
🔥 Zomalli: Significa “coraxe” en náhuatl.
E como non podía ser doutra maneira, aproveitei a ocasión para retratar a miña gata Tambu escachando coa risa 🐈⬛ 😂 (en moitas linguas distintas)
#Gálix #LIX #AGPI #humorilustrado #komorevi
Na escolma atópase a ilustración que fixen alá polo 2024 para o cartaz dunhas xornadas coa temática central do humor na literatura infantil e xuvenil como instrumento de aprendizaxe e achegamento á lectura.
💫 @somosgalix está de estrea! Acaban de presentar a súa nova web: galix.gal
No banner de benvida veredes unha selección de ilustracións de carteis de eventos e xornadas que teñen organizado ata o día de hoxe.
👉 Siro (Ferrol), 1943. O mestre da caricatura. Homenaxeado no Día da Ilustración 2026.
Traballamos co alumnado de Primaria e de Secundaria para elaborar unha serie de ilustracións e deseños arredor de diversos poemas da Filla Predilecta de Trazo, Rosalía Morlán, co fin de homenaxear a súa obra e persoa 🌿💙
Nesta data tan especial lémbrome dun fermoso proxecto no que nos embarcamos a miña compañeira de pinceis, Festa, e eu da man do @concellodetrazo e do CPI Viaño Pequeno @edlgtrazos o ano pasado polo 8 de marzo.
🐦⬛✨Feliz Día da Ilustración 🐦⬛✨
Deséxovos a todes un 2026 cheo de aprendizaxe, arte e dunha rede de afectos que vos sosteña 💜
Participei en proxectos colectivos de fanzine e autoedición como o de @edicionsmalafera @tazalunarbooks ou @cobrafem
Estou segura de que se me queda atrás moita xente á que mencionar e moitas iniciativas e eventos que citar. Grazas de corazón 🫂
Asistín a eventos profesionais onde coñecín compañeires de profesión marabilloses e compartín momentos emocionantes coa equipa da @agpilustracion da que formo parte.
Ilustrei ‘Bonecas’ de Raquel Castro editado por @galaxiaeditorial e tamén saiu á venda ‘O misterio de Xacarandá’ de @elena_oses editado por @editorial_bululu
Participei na residencia artística Artistea e iso deume a oportunidade de levar un proxecto de BD á revisión de portafolios de BDra Gráfica e de Viñetas desde o Atlántico. E estou a traballar nun proxecto que verá a luz o ano que vén.
Fun a un bo número de mercados en Vigo, Allariz, Teo, Compos e Pontevedra.
Especial mención ao Centro Xove de Creación Cultural do Concello de Santiago, que confía no noso traballo e xa é un segundo fogar para nós.
As dúas tamén participamos no proxecto de realidade aumentada #ARRUAR grazas a @despunte.makers
Este ano desenvolvín obradoiros de ilustración e sinalética feministas, de upcycling textil e de creación de adornos de Nadal con materiais reutilizados xunto á miña compa Festa de As Paxaras, ademais de varios murais. Traballamos en Touro, Baiona, Trazo, Vilaboa, Allariz e Compostela 🐦⬛
Dedicarte á arte e á cultura non é sinxelo neste país. Porén síntome afortunada de poder seguir traballando e achegando a creación artística á miña comunidade. Isto só é posible grazas a vós, ás mecenas do meu #Kofi aos meus clientes, á miña familia, amigues e parella 🫶🏻🌿✨
É imposible resumir o paso dun ano en fotos, pero aquí vai un breve resumo dos momentos ‘bonitos’ que vivín en 2025 como ilustradora, muralista e educadora artística. Afortunadamente foron moitos máis numerosos que os momentos difíciles.
🔸Rematamos a xornada co habitual xantar de confraternización
@lachicadelacinta.bsky.social @deica-creacions.bsky.social
@oictioscopio.bsky.social
@komorevi.bsky.social
Laura Caneira
Dicus Rodrigues
Augusto Metzli
Laura Romero
Bruno Elerre
Luis Sendón
Non prometo continuar co reto, pero polo menos esta ilustración desfruteina moito 💜
#cursedrelics #Komorevi #moonlightscythe #necromancer #jester #agpi #octoberchallemge #illustrationchallenge
Este ano decidín non atarme a ningún reto de outubro porque a cabeciña non me dá para máis, peeeero… hai un reto que me gustou especialmente e non me puiden resistir, o #CursedRelics2025 de @albabbgg.bsky.social g 🌿✨
Así que ésta é a miña contribución ao prompt ‘Moonlight Scythe’ 🌙💀
Por 1€ podes descargarte estas recompensas en alta calidade e de paso axudas a esta pequena artista a sobrelevar a suba da cota de autónomos que vén o próximo mes 👉 ko-fi.com/komorevi
Coidádevos moito queridiñxs! 💜
Para celebrar este mes subín a #Ko-fi dúas recompensas: ilustración do mes de setembro do meu calendario 2025 para honrar o espírito de vivir paseniño e unha pegatina para usar en WhatsApp ou onde queiras que nos lembra que 'emosido engañado' na nosa vida adulta. 👇
Alá foi setembro! 🍂✨
Para min sempre foi un mes de vertixe e contradicións. Comeza o outono e o único que quero é estar en casa cunha mantiña, as miñas gatas e ler, debuxar, ver series e pelis... Pero tamén comeza o curso, o traballo volve agromar e voltamos ao ritmo frenético. 👇