Advertisement · 728 × 90

Posts by Facultade de Xeografía e Historia (USC)

📅 Xoves 23 de abril, 13h
📍Aula 14

6 hours ago 0 0 0 0

Nesta ocasión, a intervención correrá a cargo de Rosa María Pardo Sanz, directora do Departamento de Historia Contemporánea da Facultade de Xeografía e Historia da @uneduniv.bsky.social .

6 hours ago 0 0 1 0
Post image

CONFERENCIA | Estados Unidos y la España franquista en la Guerra Fría: entre la americanización y el antiamericanismo

O @grupohistagra-usc.bsky.social organiza unha nova sesión no marco do ciclo de conferencias Pasados incómodos.

6 hours ago 0 0 1 0
Post image

Ao longo da xornada visitaron tres enclaves destacados do noso patrimonio: o dolmen de Dombate, o Castro de Borneiro e a vila romana de Brandomil. 

🧑‍🏫 Equipo docente: Miguel Carrero e Ramón López

8 hours ago 0 0 0 0
Post image

🛖 Saída de campo do alumnado de primeiro curso do Grao en Historia na materia Prehistoria: do Neolítico á Idade do Ferro.

8 hours ago 0 0 1 0

📅 29 e 30 de abril
📍 Sala Cimabue, Convento de San Francisco, Santiago de Compostela
📝 Inscrición ata o 27 de abril: gisanfranciscosantiago@gmail.com

@usc.gal 
@cispac.bsky.social

10 hours ago 1 0 0 0

🗣️ A actividade contará con diversas conferencias que permitirán ás persoas asistentes afondar na historia, na arte e no patrimonio do convento.

10 hours ago 0 0 1 0
Post image Post image Post image

🖼️ Monográficos Iacobus – IX | Oitocentos anos de luz en Santiago de Compostela

O Grupo Iacobus organiza a IX edición dos seus cursos monográficos, nesta ocasión en colaboración co Convento de San Francisco de Santiago de Compostela, coincidindo co VIII centenario do pasamento do santo.

10 hours ago 1 1 1 0
Advertisement
Post image

SEMINARIO | O fascismo em Brasil: História e atualidade

Sesión organizada por @hispona.bsky.social e impartida por Odilon Caldeira Neto, profesor na Universidade Federal de Juiz de Fora.

📅 Xoves 22 de abril, 11h
📍Aula 15

11 hours ago 0 0 0 0
Post image Post image Post image Post image

📅 Mércores 22 de abril, 19:00 h
📍 Sala de Profesorado

📌 A programación complétase cunha exposición visitable do 13 ao 30 de abril no 2º andar da Facultade, xunto coa proxección continua do documental Tipografías Clandestinas.

12 hours ago 0 0 0 0
Post image Post image

📄 Estas redes clandestinas fixeron posible a difusión de ideas e a organización da oposición ao réxime. Publicacións como Avante! convivían cos xornais feitos a man en condicións extremas dentro das prisións políticas.

13 hours ago 0 0 1 0
Post image

XORNADA | Memorias da imprenta antifascista

Encontro arredor da resistencia antifascista en Portugal, centrado na prensa clandestina durante a ditadura: desde os xornais manuscritos nos cárceres ata as tipografías secretas do PCP no exterior.

13 hours ago 0 0 1 0
Preview
Un novo método baseado no coláxeno achega novos datos sobre a subsistencia paleolítica no xacemento de Cova Eirós | Universidade de Santiago de Compostela . Os estudos sobre as estratexias de subsistencia levadas a cabo polos grupos de cazadores-recolectores das Serras Orientais de Galicia durante o Paleolítico medio e superior contan cunha nova achega procedente do emblemático xacemento paleolítico de Cova Eirós (Cancelo, Triacastela, Lugo). Unha investigación liderada por Hugo Bal García, do Grupo de Estudos para a Prehistoria do Noroeste – Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (GEPN-AAT) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e do Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas e Culturais (CISPAC), permitiu realizar por primeira vez unha identificación a grande escala de restos animais cazados e aproveitados por neandertais e humanos anatomicamente modernos mediante o emprego do ZooMS (Zooarchaeology by Mass Spectomety ou Zooarqueoloxía por Espectometría de Masas). O ZooMS é un método baseado na asignación de categorías taxonómicas en función da identificación de secuencias peptídicas no coláxeno que se conserva nos ósos dos animais e comparándoos con bibliotecas de secuencias de referencia. Este método permite polo tanto identificar aqueles restos óseos que polo seu elevado grao de fragmentación non poden ser identificados mediante anatomía comparada, a base de calquera estudo zooarqueolóxico ou paleontolóxico. Publicado en acceso aberto na revista International Journal of Osteoarchaeology, o traballo presenta o resultado da aplicación deste novidoso método en 114 restos fáunicos que non puideron ser identificados mediante métodos tradicionais e comparándoos co estudo morfolóxico de máis de 8.000 restos fáunicos do xacemento. Isto permitiu demostrar unha maior diversidade na dieta cárnica dos grupos cazadores-recolectores da que se coñecía ata o momento, deixando patente que a maior intensidade no procesado dos herbívoros introduciu un sesgo na identificabilidade dos restos destes animais, dos cales hai unha maior cantidade de esquirlas óseas indeterminadas que doutros animais, coma os osos cavernarios. O estudo realizouse en colaboración coas investigadoras e investigadores Samantha Brown (CENIEH), Iván Rey Rodríguez (UVIGO-IPHES), Mikel Díaz Rodríguez (UVIGO-CISPAC), Carlos Fernández Rodríguez (ULE), Álvaro Ibáñez Encinas (USC-IPHES), Arturo de Lombera Hermida (UNIOVI-CISPAC), Tania Mosquera Castro (USC-CISPAC), Xosé Pedro Rodríguez Álvarez (URV-IPHES) e Ramón Fábregas Valcarce (USC-CISPAC). Esta investigación forma parte do proxecto ‘Dinámicas poblacionales y tecnológicas durante el Pleistoceno final-Holoceno de las Sierras Orientales del Noroeste Ibérico 2- Generación de Conocimiento 2022’ (PID2022-142337NB-I00), financiado polo Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades (MICIU/AEI/10.13039/501100011033) y ‘Feder Una manera de hacer Europa’. As escavacións arqueolóxicas no xacemento de Cova Eirós contan con financiamento da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.

Un avance clave para entender como cazaban e se adaptaban neandertais e sapiens.

🔗 A nova completa:

13 hours ago 1 0 0 0

Aplicado á Cova Eirós, permite identificar restos animais moi fragmentados e revela que a dieta dos grupos paleolíticos era máis diversa do que se pensaba.

13 hours ago 0 0 1 0
Post image

🗞️ @usc.gal | Un novo método baseado no coláxeno achega novos datos sobre a subsistencia paleolítica no xacemento de Cova Eirós

Investigadores da Universidade de Santiago de Compostela, liderados por Hugo Bal García, publican un estudo innovador baseado no método ZooMS.

13 hours ago 2 1 1 0
Post image

🎓 Defensa de tese de doutoramento: Xosé Carlos Veiga García

"‘Needle Nazis’: Conflito intergrupal e analoxías co nazismo nos EUA durante a pandemia da COVID-19"

📅 Mércores 22 de abril, 10:30h
📍 Sala de Profesorado

16 hours ago 0 0 0 0
Advertisement
Post image

Comprácenos anunciar un novo seminario, dedicado ó fascismo no Brasil. Da man de Odilon Caldeira Neto, achegarémonos ao integralismo brasileiro, ás súas raíces históricas e ás conexións que certos movementos autoritarios actuais.

📅 23 de abril
🕚 11:00 h
📍 Aula 15, Facultade Xeografía e Historia

1 day ago 2 1 0 0
Preview
Santiago, sede esta semana dun proxecto internacional que busca profundar no turismo relixioso | Universidade de Santiago de Compostela A Universidade de Santiago participa no proxecto SacredTravels 4 Growth, que pretende tender unha ponte entre a necesidade do sector de contar con persoal especializado en turismo relixioso e a formación que ofrece a educación superior. A riqueza do patrimonio natural e cultural ao longo das rutas de peregrinación, a partir do uso da tecnoloxía e desde unha perspectiva inclusiva, serve para promover o desenvolvemento sustentable, o turismo e o crecemento económico. Porén, o persoal experto advirte de que os avances recentes en turismo relixioso están ausentes ou son moi limitados nos plans de estudo na educación superior, especialmente en rexións como os Balcáns Occidentais, e, en xeral, en África e Asia, que tamén enfrontan desafíos en materia de inclusión, accesibilidade e diversidade. Partindo desa premisa, SacredTravels4Growth aborda estas carencias coa fin de adaptar os modelos europeos de turismo relixioso e de educación superior para formar especialistas na materia con perspectiva de inclusión, accesibilidade e diversidade. Ademais, revisaranse os plans de estudo para adaptalos ás demandas do mercado en materia de turismo cultural e relixioso e tentarase mellorar a infraestrutura de laboratorios para apoiar a formación e a investigación así como desenvolver recursos educativos, incluíndo un manual e cinco MOOC, para facilitar a reforma curricular. Para todo isto, esta semana está a ter en Santiago unha visita no marco deste proxecto Erasmus+ Capacity Building Project in Higher Education no que, por parte da USC, participan o profesor Xosé M. Santos, do CISPAC, así como Pilar Taboada de Zúñiga Romero, directora de Cursos Internacionais da USC. Trátase da primeira visita de estudo do proxecto, que comezou a súa andaina a finais do ano 2025, na que se aproveitará a ampla experiencia e coñecementos que desde a USC se ten sobre o tema das peregrinacións para reforzar os desafíos que se formulan en torno ao tema das viaxes sagradas. Con este obxectivo, desenvolveranse conferencias de persoal experto de diferentes ámbitos (xeografía, economía, historia…), unha mesa redonda con persoas vinculadas co mundo xacobeo, así como a realización dun pequeno treito do Camiño para poder vivir a experiencia da peregrinación. SacredTravels4Growth está liderado polo Kolegjit Universitar LOGOS, de Albania, e como socios, alén da USC, están as Universidades Europea de Tirana, Polis (Albania), Banaras Hindu University (India), de Karnatak (India), a do Estado de Moldova, a Pedagóxica Ion Creaga de Chisinau, a North-West University (África do Sur), a de Venda (África do Sur), a de Malta, a do Pireo e a Escola de Postgrado ZRC SAZU de Slovenia, así como a axencia de viaxes Azur (Vlore-Albania).

🔗 A nova completa: www.usc.gal/gl/xornal/novas/santiago...

@cispac.bsky.social

1 day ago 1 1 0 0

Como parte da USC participa o profesor Xosé M. Santos membro do Pilar Taboada de Zúñiga Romero, nun encontro que reforza o papel de Santiago como referente no estudo das peregrinacións e do Camiño de Santiago.

1 day ago 0 0 1 0

A iniciativa busca formar especialistas en turismo relixioso con enfoque en inclusión, accesibilidade e sustentabilidade, conectando a educación superior coas necesidades do sector.

1 day ago 0 0 1 0

🗞️ @usc.gal  | Santiago, sede esta semana dun proxecto internacional que busca profundar no turismo relixioso

Santiago acolle esta semana unha visita de traballo do proxecto internacional SacredTravels4Growth, no que participa a Universidade de Santiago de Compostela.

1 day ago 1 0 1 0
Preview
Vuelven a Santiago las quedadas para leer en silencio que arrasaron en 2025 El evento 'Le Comigo', que promueve la lectura en silencio, regresa a Santiago este año con seis nuevas citas programadas, comenzando el 26 de abril en la Casa das Máquinas

🔗 Podes ler a nova completa aquí:

1 day ago 0 0 0 0

Entre as sesións programadas, destaca a dedicada á Historia Contemporánea, que contará coa participación de Antonio Míguez Macho e terá lugar o vindeiro 14 de xuño na Biblioteca da Facultade de Xeografía e Historia da USC.

1 day ago 0 0 1 0

🗞️ @elcorreogallego.es | Vuelven a Santiago las quedadas para leer en silencio que arrasaron en 2025

A iniciativa “Le Comigo” volve a Santiago, promovendo encontros de lectura compartida en silencio.

1 day ago 0 0 1 0
Advertisement

Abordarase o uso da intelixencia artificial na investigación histórica a través de casos prácticos (xestión de fontes, análise textual ou creación de datos), así como os seus riscos ou os sesgos algorítmicos.

📅 Martes 21 de abril, 12h
📍Aula de Mestrado (Departamento de Historia Contemporánea)

1 day ago 0 0 0 0
Post image

Actividade | Facer Historia con IA. Metodoloxía, oportunidades e límites

O grupo de investigación @histamerica.bsky.social organiza este faladoiro coa intervención de Giuseppe Guarino (Università degli Studi della Campania).

1 day ago 0 0 1 0
Post image Post image Post image Post image

📅 Mércores 22 de abril, 19:00 h
📍 Sala de Profesorado

📌 A programación complétase cunha exposición visitable do 13 ao 30 de abril no 2º andar da Facultade, xunto coa proxección continua do documental Tipografías Clandestinas.

1 day ago 0 0 0 0
Post image Post image

📄 Estas redes clandestinas fixeron posible a difusión de ideas prohibidas e a organización da oposición ao réxime. Publicacións como Avante! convivían cos xornais feitos a man en condicións extremas dentro das prisións políticas.

1 day ago 0 0 1 0
Post image

XORNADA | Memorias da imprenta antifascista

Encontro arredor da resistencia antifascista en Portugal, centrado na prensa clandestina durante a ditadura: desde os xornais manuscritos nos cárceres ata as tipografías secretas do PCP no exterior.

1 day ago 0 0 1 0
Post image Post image

Onte e hoxe Seminario RESHINT. Bo traballo de equipo. Grazas

1 day ago 1 1 0 0