Hai 40 anos Galiza dixo NON á OTAN, e hoxe a nosa postura segue firme. ✊🏼
Lanzamos a campaña “As súas guerras, a nosa precariedade” porque non aceptamos que o noso futuro se sacrifique para alimentar o militarismo e o imperialismo. ❌
Posts by
📹 Que por que existe o Día da Clase Obreira Galega
Ven que cho contamos! ✊🏼
Galiza Nova reivindica o 8M como xornada combativa e de loita fronte ao avance da reacción e fronte á data festiva e comercial que nos vende o sistema. Mobilízate o día da muller traballadora nas convocatorias da Marcha Mundial das Mulleres
Mañá participa nas mobilizacións convocadas pola plataforma Galiza pola paz, en defensa da soberanía dos pobos contra a barbarie imperialista e a guerra!
Fronte á data baleira de contido político que nos pretende vender o sistema e fronte ao auxe do fascismo, Galiza Nova insta as mozas galegas a encheren este 8M as rúas do país e revindicaren esta xornada como día da muller traballadora
COMUNICADO:
Sobre a ofensiva imperialista no Irán.
🗓️ Hoxe, 23 de febreiro, conmemoramos a vida de quen o deu todo pola nosa lingua e cultura. Celebramos, coma cada ano, o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro e reivindicamos unha vez máis a súa figura e obra artística, política e feminista.
Hoxe 11 de febreiro, por unha ciencia por e para as mulleres!
📑 Xa dispoñibles as teses definitivas da XVIII Asemblea Nacional!
Xa podes consultar na nosa web o documento que marcará a nosa folla de ruta para os vindeiros anos.
galizanova.gal/asembleanaci...
A primeira Dirección Nacional do periodo analizou a realidade política da Galiza e do mundo, así como marcou o traballo a seguir nos próximos meses. ✊🏼
Reafirmamos pois o noso compromiso coa emancipación nacional e a organización da mocidade galega. 🔥
Concluímos a primeira Dirección Nacional do novo período na que acordamos o traballo dos vindeiros meses como as xornadas da historia da Galiza, así como analizamos a situación política nacional e internacional das últimas semanas.
SOBRE O MERCOSUR E A NOVA POLÍTICA PESQUEIRA
Milleiros de galegas ateigan as rúas de Compostela en solidariedade coa revolución bolivariana e en defensa da soberanía da Venezuela ✊🏼
A mocidade galega organizada sempre será antiimperialista e internacionalista. Galiza coa Venezuela! 🇻🇪
COMUNICADO:
Na defensa do pobo venezolano ante o imperialismo.
Canción: O seu puñal - Loita Amada
✊🏽A mocidade organizada volveu saír ás rúas para defender Galiza e o seu futuro.
❌Contra o espolio colonial e a macropasteira de Altri.
Altri NON!
Hoxe, Galiza voltou falar alto e claro contra Altri. Nunha praza do Obradoiro desbordada, dicimos á Xunta do PP que a macropasteira de Altri non será e que o noso país e os nosos recursos han de estar ao servizo das galegas.
Altri non! ✊🏼
Este domingo, a mocidade galega estaremos nas rúas de Compostela berrando alto e claro: ALTRI NON!
Vémonos ás 12h na Alameda ✊🏼
Como cada 6 de decembro, nós non temos nada que festexar. ❌
A Constitución española é o manual dun Estado que nega pobos, silencia dereitos e sostén unha monarquía parasitaria.
Galiza non cabe nun Estado que vive para o noso sometimento.🔥
Sen soberanía non hai democracia!
Hoxe en Lugo finalizamos esta rolda de palestras na defensa da soberanía da Palestina que nos levaron tamén por Pontevedra e Ourense, acompañados do Fayez Badawi, ex dirixente da FPLP.
🔵 𝗚𝗮𝗹𝗶𝘇𝗮 𝗡𝗼𝘃𝗮 𝗶𝗻𝗶𝗰𝗶𝗮 𝘂𝗻𝗵𝗮 𝗻𝗼𝘃𝗮 𝗲𝘁𝗮𝗽𝗮!
Onte, na ETSE de Compostela, a XVIII Asemblea Nacional elixiu o Artai Gabiás como o seu novo Secretario Xeral, acompañado dunha Dirección Nacional renovada.
📅 3 de decembro – 20:00h
📍 Facultade de Educación e Traballo Social (Ourense)
📅 4 de decembro – 20:00h
📍 Centro Social O Gorgullón (Pontevedra)
📅 5 de decembro – 20:00h
📍 Centro Social Uxío Novoneyra (Lugo)
Achégate e participa. 🇵🇸
A semana que vén, após a nosa Asemblea Nacional, temos unha cita coa defensa da Palestina e co noso compromiso antimperialista.
Contaremos con Fayez Badawi, da FPLP, nunha rolda de tres palestras no país nas que reafirmaremos o noso apoio a unha Palestina soberana e ceibe do río ao mar.
Só un feminismo combativo e coherente coa loita nacional e a loita de clases poderá rachar con todas as opresións que sufrimos.
O 25N e todos os días: Non tememos o voso fascismo!
Este 25N, as mozas nacionalistas témolo claro:
𝗡𝗢𝗡 𝗧𝗘𝗠𝗘𝗠𝗢𝗦 𝗢 𝗩𝗢𝗦𝗢 𝗙𝗔𝗦𝗖𝗜𝗦𝗠𝗢.
Vémonos o sábado que vén, dende as 10 da mañá, no Salón de Actos da Escola Técnica e Superior de Enxeñería❗
Hoxe tivemos a última Dirección Nacional do período para preparar a nosa XVIII Asemblea Nacional. Aprobamos o informe político, preparamos os debates e elaboramos a lista da nova Dirección Nacional que collerá as rendas a partir do vindeiro 29 de novembro ✊🏻
A mocidade nacionalista temos clara a nosa posición: nós non imos aceptar “solucións” ditadas polo españolismo, nin moito menos polos herdeiros directos do fascismo máis radical.
Hoxe e sempre: fascismo nunca máis. ✊🏼
Hoxe, 20 de novembro, 50 anos despois da morte de Franco sabemos que, se ben o rostro mudou, a estrutura que sostén o actual Estado español segue asentada nos mesmos alicerces que o ditador deixou “atados e ben atados” e que a Constitución do 78 consolidou sen ningún tipo de ruptura.