Se tanto somos unha editora... haberá que publicar un libro! En i.gal/RazonsDePeso podes axudarnos a financiar un libro de activismo gordo, con 19 autorías e enfocado en Galiza. Nesta imaxe vemos a Leticia Citoula e Andrea Nunes, persoas gordas felices, coordinadoras da antoloxía
Unha composición cos nomes de todas as persoas autoras: Adriana Guede, Ailén Kendelman, Areta Bolado, Alba Cobo, Andre Bosque, Andrea Nunes, Andrea Rico Adega (Mané), Angelly Ferreiro Silva, Antonella Rodríguez Acosta, Aranxa Vicens, Iván Folgueira Pérez, Leticia Citoula, Lucía Aldao, Magda Piñeyro, María von Touceda, Mercè Nebot Ventura, Vanesa de Sousa García, Vanessa Glemsel, Violeta Maroto Romero
Desde 3€ podes conseguir: agradecementos, ebook, libro, merenda literaria, almorzo riquiño, obradoiros variados, sesión de asesoramento de imaxe, cea concerto, durmida, e libro, 10 libros e presentación
E como engadidos: chapas, agradecementos, audios, vídeos, bolsas de tea, sinaturas, ebooks, botes de mel, conversas, rutas, libros, camisolas, fanzines, carpetas, partituras, espazos, fotos, láminas, broches, brincos, cazadoras, roupas
En i.gal/RazonsDePeso
Se participas antes do 10 de febreiro entras no sorteo dun pack de libros de autorías da antoloxía
Axúdasnos a publicar o noso primeiro libro, sobre activismo gordo? 🩷
Para que vexa a luz, precisamos do voso apoio e difusión:
👉 Achega e espalla o crowdfunding, con recompensas variadas
🔗 i.gal/RazonsDePeso
E se participas nos primeiros días… podes gañar algún detalle extra 👀