📢 Novo artigo con participación de persoal do IPsiUS en Alzheimer’s & Dementia: Diagnosis, Assessment & Disease Monitoring.
🧠 O estudo afonda no uso de biomarcadores e medidas cognitivas para mellorar a detección temperá do Alzheimer.
👏 Parabéns ao equipo autor!
🔗 bit.ly/4cCDfwu
Posts by IPsiUS
Onte formación con Marcos Dono e Maite Carrillo 🙌
Prerrexistro de ensaios clínicos e protocolos, con claves moi útiles para o día a día 💡📚
Día histórico 💜
A Universidade de Santiago de Compostela ten por primeira vez unha reitora: Rosa Crujeiras 👩🎓✨
IPsiUS estivo presente a través da nosa directora, Isabel Fraga Carou 🤝
Unha nova que nos enche de orgullo 💜📚
Publicado o libro “Historias de éxito universitario…”, coautorado por Mª Emma Mayo Pais 👏
Unha obra que analiza como se constrúe o éxito universitario en persoas con discapacidade, combinando rigor e microhistorias de vida 🌱✨
📖 doi.org/10.5281/zeno...
📸 Así foi a sesión de abril de Ciencia Mensual!
Dúas presentacións moi interesantes sobre declive cognitivo asociado ao cancro e intervencións dixitais para deixar de fumar.
👏 Grazas ás poñentes e ás persoas asistentes!
📢 Actividade aberta a todos os públicos (solicitude previa se non es da USC).
🎓 Parabéns a Ana Nieto Vieites pola defensa da súa tese o pasado 27 de marzo!
🧠🎮 Investiga o uso dun videoxogo narrativo como ferramenta de adestramento cognitivo en persoas maiores en risco de demencia, explorando tamén a súa combinación con estimulación cerebral non invasiva.
📢 Ciencia Mensual IPsiUS
Este mes:
🧠 Declive cognitivo e cancro
🚭 Apps para deixar de fumar
📅 Xoves, 9 abril | 16:00
📍 Fac. Psicoloxía (USC)
Aberto á comunidade universitaria e externo (solicitude por redes ou ipsius.administracion@usc.gal)
✨ No IPSIUS seguimos avanzando!
Ana Isabel Fernandes presentou na Univ. do Minho (Braga) o traballo sobre como a personalidade modula o procesamento gramatical de palabras emocionais (ERPs), xunto con Isabel Padrón, Isabel Fraga e Montserrat Comesaña.
📚 Nova publicación IPsiUS
Zeltia Martínez, Emma Mayo e Carolina Tinajero participan nun capítulo sobre inclusión do alumnado con discapacidade auditiva en Galicia.
🔎 Pese aos avances segue sendo preciso seguir mellorando as adaptacións para garantir unha inclusión educativa efectiva.
bit.ly/4rWSS7m
🧠✨ II Encontro Galicia–Portugal sobre reserva e resiliencia no deterioro cognitivo
📅 29 abril | 📍 Facultade de Psicoloxía (USC) | 🕔 17:00h
Un espazo para conectar investigación e práctica sobre envellecemento saudable, con expertos de Galicia e Portugal.
☕ Café networking incluído
O IPsiUS impulsa investigación sobre o benestar adolescente 💙
Emma Mayo, Carolina Tinajero e Zeltia Martínez analizan como o apoio emocional, a orientación e o reforzo da valía persoal favorecen a motivación autónoma na mocidade.
#IPsiUS #Psicoloxía #Adolescencia
www.usc.gal/gl/xornal/no...
Acaba de saír publicada en Cadernos de Lingua da RAG a colaboración dos grupos coordinados por Isabel Fraga e Estrella Romero! Un exemplo de ciencia de calidade en galego e para Galicia, fruto da colaboración interna no IPsiUS. Xuntas sumamos máis e mellor.
Pechamos a semana cun obradoiro sobre técnicas neurocientíficas para a investigación en psicoloxía (EEG). O noso compañeiro Santiago Galdo explicou características, vantaxes e limitacións desta técnica. 🧠📊 Un espazo para aprender, compartir coñecemento e crear sinerxías na investigación da mente.
UNDERISK realizou en Vilagarcía de Arousa unha sesión de formación sobre o programa Construíndo Saúde 🧠✨, dirixida a profesionais da prevención de condutas de risco na adolescencia. O obxectivo: ofrecer ferramentas para promover habilidades para a vida e hábitos saudables entre mozos e mozas 🌱👥.
✨ O investigador do IPsiUS Marcos Dono participou nunha reunión do Comité Científico do vindeiro congreso da European Association of Social Psychology (EASP), que se celebrará este verán en Estrasburgo.
🔗 easp2026strasbourg.com/index.php/pr...
8M | Día Internacional da Muller 💜
Onte a Facultade de Psicoloxía reuniuse ás portas do centro para a lectura dun manifesto polo 8M. Na imaxe, a nosa compañeira do IPSIUS, Laura López Romero, durante o acto. Seguimos comprometidos cunha universidade e unha ciencia máis xustas e igualitarias.
Ciencia Mensual IPSIUS 🧠 Fernando Díaz e Montserrat Zurrón falaron sobre o diagnóstico do Alzheimer e os marcadores biolóxicos no risco de deterioro cognitivo. Abríronse debates sobre se o diagnóstico debe basearse só en biomarcadores e sobre os dilemas éticos de informar de marcadores de risco.
🧠💡 E se adestrar a mente tamén mellorase o benestar nas persoas maiores? Estudo liderado polo IPsiUS amosa que un programa multitarefa en residencias é viable e eficaz, con beneficios cognitivos, emocionais e xerais. 👉 As intervencións non farmacolóxicas poden marcar a diferenza no envellecemento.
🧠✨ Ciencia Mensual do IPsiUS
Alzheimer 🧩: que sabemos, que debates hai e que retos veñen?
📅 Xoves, 5 marzo · 16:00
📍 Facultade de Psicoloxía (Sala de Xuntas)
Aberto á comunidade universitaria. Externos: pedir acceso por redes ou ipsius.administracion@usc.gal
Así foi a sesión de Ciencia Mensual de febreiro no IPsiUS: Tamara Fernández Cores e Elisardo Becoña Iglesias ofreceron charlas moi interesantes, actuais e rigorosas 🧠✨
📅 A próxima semana chega a sesión de marzo… estade atentos/as! 🚀
📣 A nosa compañeira Lucía Vieitez Portas participou no workshop FEEL en Vitoria-Gasteiz, onde presentou a súa investigación sobre emocións e procesamento gramatical.
👏 Parabéns, e sigamos levando a investigación galega a foros internacionais!
#Lingüística #Investigación #CienciaGalega
🔬✨ Onte celebrouse o coloquio “As mulleres na ciencia: existir, resistir e transformar”, organizado pola Comisión de Igualdade da Fac. de Psicoloxía e o IPsiUS polo 11F. Investigadoras compartiron experiencias e puxeron en valor o papel das mulleres na ciencia. 💜 Grazas por este encontro inspirador.
As Mulleres na Ciencia: Existir, Resistir e Transformar. Mércores 11 febreiro, 17:00 h, no Salón de Actos da Facultade. Organiza a Comisión de Igualdade coa colaboración do IPsiUS. Xornada para compartir e reflexionar. Agardamos contar coa vosa presenza. #MulleresNaCiencia
🔬 O IPsiUS xa forma parte de Inxenius, a nova app para descubrir a ciencia de Santiago.
Explora centros de investigación nun mapa interactivo, accede a contidos audiovisuais e coñece o talento investigador da USC e os seus institutos.
📱 Descarga gratuíta: inxenius.gal
📚🧠 Ciencia Mensual IPsiUS | Xoves 5 de febreiro, 16:00 | Facultade de Psicoloxía.
Ponencias: Tamara Fernández Cores, investigadora predoutoral (COSOYPA), e Elisardo Becoña, catedrático en PETRA (Tratapsicolóxico). Aberto á comunidade universitaria. Persoas externas: ipsius.administracion@usc.gal
🧠📱 Isabel Fraga (@isabelfragacarou.bsky.social), directora do IPsiUS, foi entrevistada por La Voz de Galicia para falar sobre o impacto do uso das tecnoloxías na aprendizaxe e na memoria. Unha reflexión necesaria sobre como a tecnoloxía inflúe no noso funcionamento cognitivo.
n9.cl/2hu18w
📚🌱 No marco do BIP EUniWell “From Self-Care to Career” (n9.cl/7t5kh), estudantes de doutoramento reuníronse co IPsiUS. Coñeceron as súas liñas de investigación e reflexionaron sobre benestar, autocoidado e carreira investigadora durante o PhD. Unha iniciativa que pon o benestar no centro.
📢 Arrinca a 3ª tempada de Investigamos na USC 🎬🔬
Vídeos breves e accesibles onde o persoal investigador da USC achega á sociedade proxectos e coñecemento en ciencia, tecnoloxía, humanidades e máis. Máis info: www.usc.gal/gl/xornal/no...
✨ Novo artigo no IPsiUS! Sonali Arora publica en Scientific Reports (Q1, Nature) o segundo artigo da súa tese. O estudo mostra que a reserva cognitiva en educación e ocupación atenúa o declive da memoria ao longo do envellecemento. doi.org/10.1038/s415.... Parabéns a Sonali e a todo o seu equipo.
📢 O IPsiUS participou no I Encontro da Rede de Investigación en Promoción da Saúde de Galicia (RIPS-GA), na USC. Elisardo Becoña e M. Carmen Míguez presentaron a liña en tabaco e cigarros electrónicos, e Arturo Pereiro a de actividade física e envellecemento activo.