Felipe xa está na casa
Posts by Abeiro
Algúns levan semanas
Outros anos.
💛 Se pensaches en escribir por Magic… pensa tamén neles.
💛 Porque todos merecen unha oportunidade, non só o primeiro que chama a atención.
Escríbenos e ensinámosche máis casos. Hai moito amor esperando.
🐾 ACTUALIZACIÓN SOBRE MAGIC
Pechamos a súa adopción 💛
En menos dun día xa recibimos varias solicitudes, grazas de verdade polo interese.
Pero queremos dicir algo importante
Magic é incrible, si… pero non é o único.
Hai outros gatiños igual de adorábeis (ou máis), esperando sen unha soa mensaxe
🐱💛 O teu gato quérete…
Cando te mira fixamente 👀
Cando ronronea ao teu lado
Cando te segue pola casa
Cando leva o rabo alto ao verte
Cando se queda durmido enriba túa
Cando che ensina a barriga
Non son xestos ao azar.
Son a súa maneira de dicirche: confío en ti.
💛 E iso xa o di todo.
Temos dúas novas gatiñas nunha colonia que acabamos de empezar a controlar no Teo. Estas pequenas xa están esterilizadas e verán mellorada a súa saúde e a súa calidade de vida grazas ao método CER e ao apoio do Concello de Teo ao noso traballo.
Magic é un dos gatiños que temos en adopción 🐾
É un fermoso gatiño de pelo longo, moi cariñoso e riquiño. Só precisa un fogar onde sentirse seguro para poder demostrar todo o cariño que leva dentro.
Axúdasnos a difundilo para que atope pronto a súa familia?
Bo día 💕
Chegou a primavera, e no xardín de Robin, os residentes desfrutan deixando atrás, pouco a pouco, o frío do inverno.
Todos el@s forman parte dun lugar coidado con moito esforzo e dedicación polas voluntarias, onde cada un deles conta e importa.
Non merques, adopta!💕
Hai pequenos moi riquiños na asociación, e entre eles está o siamés Redpoint Velvet🧡
É un gatiño precioso, moi cariñoso e riquiño, que conquista en canto o coñeces. Ten moitísimo amor para dar e só precisa unha oportunidade para demostralo
Axúdasnos a difundilo para que atope pronto a súa familia?
Aínda que está na Coruña, poderíase trasladar a outro lugar se alguén pode acollela.
Se podes axudar, estarías cambiando totalmente o seu destino e o dos seus bebés.
Contacta connosco
Comparte, por favor
🐾 URXENTE
Esta gatiña vive nunha colonia na Coruña. Non se chegou a tempo para esterilizala e está a piques de ter a camada.
Non teñen sitio para ela e non pode parir na rúa.
Precisa con urxencia unha casa de acollida ata que teña os gatiños e poidan saír adiante para buscarlles adopción.
Bo día 💕
El pagou a súa esterilización e amputación do rabo, xa que o tiña roto e comezaba a necrosarse e non puido salvarse no veterinario.
Estamos moi preocupadas por el; é moi característico porque aparte da marca CER na orella non ten rabo.
Se andas por Brión e o ves ponte em contacto con nós.
ATENCIÓN‼️ Falta Naranjito da colonia desde o 1 de abril.
É residente nunha das nosas colonias en Brión, colonia moi especial, onde seu coidador deixa que entren na súa casa, aparte de ter casetos no xardín.
Rescatamos a Pilo da rúa e axiña descubrimos que é unha gatiña incrible.
Agora busca unha familia que lle dea o fogar que nunca tivo. Axúdasnos a difundila para que atope pronto esa casa que tanto merece?
Xa na casa!
Gatiño recollido na Angustia ( Compostela) con moito medo e ferido, puido ter caído dunha xanela, axudades a compartilo?
Boa noite 💤
Este gatiño levaba un par de anos aparecendo pola terraza do Amia, na rúa de San Pedro. Está esterilizado e é moi tranquilo. Leva unha semana desaparecido e están moi preocupados por el.
Se alguén o viu ou ten algunha información sobre onde pode estar, por favor, poñédevos en contacto con nós.
Hai unhas semanas Erik vivía na rúa. Positivo en inmunodeficiencia felina, pedíronnos axuda porque comezaba a estar moi débil. Hoxe, xa totalmente recuperado, temos que darvos a boa nova de que atopou fogar.
Feliz vida pequeno!
Légolas foi rescatado sendo moi pequeniño xunto co seu irmán Merlín, que xa tivo a sorte de ser adoptado. Os dous estaban en perigo: formaban parte dunha camada na que outros gatiños morreron atropelados.
É un gato moi simpático e bo.
Se queres darlle unha oportunidade, escríbenos 💛
Nuno é outro dos residentes nesta colonia teense recentemente esterilizado grazas ao apoio do Concello de Teo.
Outro gatiño que mellorará a súa saúde grazas ao CER e contribuirá a que haxa menos nacementos na rúa.
Siam busca fogar, estaba preadoptado pero non contestan ás mensaxes polo que volvemos difundir.
Ten un ollo seco do que terá que ser operado, pero iso non lle impide levar unha vida totalmente normal.
É un can moi cariñoso e lévase ben con outros cans.
Se queres adoptalo, escríbenos.
Homer apareceu un mes e medio despois de perderse
Perdeu algo de peso, pero parece atoparse ben, que é o máis importante.
Por iso insistimos: non deixedes de buscar. Difundide, poñede cartaces, falade coa xente… todo suma.
Agora xa está de novo coa súa familia 💛
Millán é tranquilo, cariñoso e moi riquiño. Un gato zen. Un gatiño que só busca calma e compañía. Falta o máis importante: un fogar. Axudas a que o atope?
Bo día 💕
Felipe falta desde onte da súa casa. Mazarelos ( Santiago de Compostela)
Raíña atopou fogar; a tímida e bonita atigrada ten familia, e deixa un oco para outro gatiño da rúa necesitado. Adoptar salva vidas ❤️
Aínda así, como sempre, valoraremos adopcións individuais se iso significa que poden ter por fin un fogar onde ser queridas e coidadas.
Levan demasiado tempo esperando. Agora só precisan que alguén lles dea esa oportunidade.
Axúdasnos a difundilas para que poidan ter a vida que merecen? 🐾
tiza e Flora, as irmás eternas, levan con nós desde pequeniñas. Non tiveron a sorte de atopar fogar cando eran bebés e, co paso do tempo, seguen agardando esa oportunidade que tanto merecen
Están moi unidas, teñen un vínculo moi especial, polo que nos encantaría que puidesen ir xuntas a unha casa