🔊 PODCAST | 😈Exército Mekemeke😈
A felicidade 😂
Entre risos, contradicións e algunha verdade incómoda, no @mekemeke.gal cuestionan se iso de ser feliz é real ou postureo ben editado. Pequenas cousas, grandes expectativas e ese caos que chamamos vida
🔗 vinte.praza.gal/multimedia/e...
Posts by VINTE
📝 Dez citas para non perder no Carballo Interplay
Se estás pensando en achegarte ao festival de contidos dixitais nos próximos días, aquí van dez citas e contidos que non deberías perder de vista
vinte.praza.gal/coleccion/de...
💜 O poeta e contacontos Celso Fernández Sanmartín pon o foco nos movementos asociativos de Lalín e contorna, coa Asociación Cultural O Naranxo, A Carballeira de Cercio ou a Asociación de Comuneiros de Zobra
#VinteNaVila
🔗Reportaxe: vinte.praza.gal/artigo/vinte...
📺 CON VÍDEO | Lora González e Elena Prada, de Amodo Tenda: "Gústanos tamén que a xente aprenda como se fan as cousas, porque valoran todo o que hai detrás do produto final"
🤝 Co apoio de @puntogal.bsky.social
🔗 vinte.praza.gal/artigo/lora-...
🔊Podcast | 👿Exército Mekemeke 5x20 👿
⛪️ As crenzas ☦️
Neste episodio no @mekemeke.gal admiten crenzas que non confesarían nin borrachos nunha primeira cita e debaten tamén a norma máis absurda para unha relixión propia (obrigatorio: comer queixo).
🔗 vinte.praza.gal/multimedia/e...
📺 🐷 CON VÍDEO | Ata o 18 de abril no Museo Municipal de Lalín tamén se pode visitar Emporcarte, unha mostra informal e moi ecléctica na que participan máis de 60 artistas.
#VinteNaVila
🤝 Co apoio de Caixa Rural Galega
🔗 Reportaxe | vinte.praza.gal/artigo/vinte...
📺ENTREVISTA | Desconectaches na finde? Se cadra perdiches a nosa conversa con Rodrigo Cuevas, que tamén pode ser un bo inicio de semana
🎵🕺"A dereita quíxose apropiar dos símbolos como o pasodobre ou a copla e na esquerda deixámoslle"
🔗 praza.gal/cultura/a-de...
🎶 MÚSICA | MJ Pérez canta “Bingo!” en portugués, con retranca e merengue
A peza máis “dicharacheira e graciosa” do seu último disco, pero tamén unha das máis fondas. MJ Pérez define así a canción “Bingo!”, que vén de estrear un videoclip para non perder⤵️
vinte.praza.gal/multimedia/m...
💜 "Vendemos produtos dos que podemos contar unha historia"
Lora, Elena e Ana sosteñen Amodo Tenda. Un recuncho en Ourense onde as artesás poden mostrar e cobrar polo seu traballo
🤝 Co apoio de @puntogal.bsky.social
👏 Novo #VinteNaRúa, en colaboración con OUké!
🔗 vinte.praza.gal/artigo/lora-...
🔭 "En Lalín naceu a investigación astronómica de Galicia"
Lucía Espiño, á fronte do Museo Municipal de Lalín, fai parte das voces do novo #VinteNaVila
👀 Podes ler (e ver) a reportaxe completa en vinte.praza.gal/artigo/vinte...
🔊 PODCAST |👿Exército Mekemeke 👿 Pelis para adultos (+18)
Os membros do @mekemeke.gal comentan como hoxe todo é moito máis accesible grazas a Internet, perdendo ese aire de prohibido e misterioso dos 90 e 2000, co Canal+ codificado.
vinte.praza.gal/multimedia/e...
🎶💺 Fillas de Cassandra presentan 'Tertúlia': 12 cancións (e cadeiras) para "poñer a palabra no centro"
O novo álbum, que se publica o 24 de abril, dá nome tamén a unha instalación de cadeiras que este martes e mércores expón a Fundación Granell de Santiago
praza.gal/cultura/fill...
🔶 Lalín é moito. Cruzamento de camiños e lendas, estamos nunha vila con vida propia, poboación estable, a cabeceira da comarca do Deza, onde sempre hai unha escusa para nos achegar… e volver.
✍️ Vanesa Vázquez
vinte.praza.gal/artigo/vinte...
💙 VINTE EN LALÍN | Arte, astronomía e cocido, que non falte, no corazón de Galicia
👉 Volve o #VinteNaVila na terra de Laxeiro, Ramón Aller, as lendas, o balonmán e o cocido, emblema de Lalín
🤝 Co apoio de Caixa Rural Galega
🎥 @asdexarda.bsky.social
🔗 Reportaxe: vinte.praza.gal/artigo/vinte...
🎵🛰🇵🇹'Será por Flores', de Uxía, e 'Menina', de MAR, elixidas mellores músicas de 2025 nos premios @aritmar.bsky.social
🔊Podcast | Exército Mekemeke 5x18👿
Festas populares 🕺💃
A loita por atopar mesa na carpa, o ritual do licorcafé ás tantas, a orquestra que toca o mesmo pasodobre tres veces na mesma noite e moito máis, de festas, no novo episodio do @mekemekearmy
vinte.praza.gal/multimedia/e...
🎶🎸 The Rapants xuntaron case 6.000 persoas no Multiusos Fontes do Sar na estrea das 12 cancións do seu cuarto LP. Galician Army, Grande Amore, Sara Faro (Fillas de Cassandra), Antía Ameixeiras (Caamaño&Ameixeiras) e 9Louro acompañáronos nesta grande festa da música galega
praza.gal/falase?de=1a...
☕️ 🎸 Vinte almorzando con The Rapants: "Somos un pouco matrimonio xa a estas alturas"
Uns punkis, outro do jazz... Non imaxinaban tocar xuntos e xa hai tempo que The Rapants enchen os concertos.
Entrevista completa ➡️ vinte.praza.gal/multimedia/v...
🤝 Co apoio de Deleite
🎶🎸 The Rapants, camiño de encher este sábado o Mulitusos Fontes do Sar. Na mañá deste venres apenas ficaban unhas 200 entradas, polo que contan con "máis de 5.700 persoas" para esta "gran noite da música galega"
praza.gal/falase?de=d2...
🎶 Con vídeo | VINTE adianta o novo de Zeltia Irevire: “As Mouras” do Courel danzan e claman pola natureza
A letra desta canción é unha reflexión sobre como o noso xeito de vida fainos non escoitar e pasar por alto a fraxilidade da paisaxe e a necesidade de protexela
🔗 vinte.praza.gal/multimedia/v...
💃 🥁 "O tradi en Galicia e na Coruña é algo moi relevante, vai en aumento e sen freos. Un podería pensar que iso se reflicte na situación da lingua galega na Coruña, por exemplo, pero a realidade non pode ser máis distinta", salienta Román Rojo.
#VinteNaRúa
🔗 vinte.praza.gal/artigo/roman...
🎞️ 'Antes de nós' iguala o récord histórico dos Mestre Mateo, con 13 premios, e 'Sirât' leva o de mellor película
praza.gal/cultura/ante...
🔊 Podcast | 👿 Exército Mekemeke👿
Xubiprofeno🤒
Colles gripe e parece que estás nunha película dramática. Desde o primeiro esbirro ata a peregrinaxe ao centro de saúde, coa sala chea de xente que parece estar peor ca ti.
Novo programa do @mekemeke.gal
🔗 vinte.praza.gal/multimedia/e...
🎸Arrhythmia abre unha nova etapa con CERØ
O novo EP da banda inclúe o ‘focus track’ e o videoclip de "Agonía" ft. Nuno Pico de Grande Amore
🔗 + INFO e vídeo en vinte.praza.gal/multimedia/a...
🥁 VINTE NA RÚA | Román Rojo, gaiteiro e percusionista: “Encantaríame seguir sempre no tradi, pero a vida dá moitas voltas e sei que non vai ser fácil”
Román Rojo ten 17 anos e toca en Xacarandaina
👉 Volve #VinteNaRúa, co apoio de @puntogal.bsky.social 👏
🔗 Artigo: vinte.praza.gal/artigo/roman...
🔊 Podcast | Exército Mekemeke 👿
Bichería doméstica
No @mekemeke.gal comparten anécdotas divertidas e situacións nas que queda claro que, aínda que pensamos que somos os donos… en realidade as mascotas son as que mandan
🔗 vinte.praza.gal/multimedia/e...
🏐🙌Esta tarde o Balonmán Cangas xoga un partido clave no Gatañal
🟪🟧🟦🤾♂️Bo momento para recuperar esta reportaxe na que a revista @vinte.praza.gal se achegou á paixón interxeracional que este deporte causa na vila do Morrazo
📹 Pastor Eléctrico | No videoclip de "Quero" hai imaxes do documental 'El Día Grande', dirixido en 1968 por Manuel Castiñeiras, veciño de Papucín (Frades) moi vencellado ao mundo do cinema en Madrid. Mesmo foi dobre de acción de Charlton Heston na película 'O Cid'
🔗 vinte.praza.gal/artigo/pasto...
💙 REPORTAXE: As Tanxus, Bad Bunny e o ‘valor’ da identidade
Para Xavier Campos, responsable de comunicación do @obloque.gal, a música e a cultura son ferramentas de batalla das ideas, que axudan a reforzar a comunidade e trasladar unha "idea de orgullo"
🔗 vinte.praza.gal/artigo/as-ta...