Advertisement · 728 × 90

Posts by Edicións Laiovento

Post image

O mércores 22 de abril Manuel Monge presentará o seu libro USTED DEBERÍA SABER. LA HISTORIA SECUESTRADA DE LA MONARQUIA. 90 AÑOS CON FRANCO, publicado por #Laiovento na colección 'Endovelia', no marco do Circo de Artesáns da Coruña, ás 20:00h. Acompañan o autor Avia Veira e Francisco Cerviño

1 day ago 3 0 0 0
Post image

Moito público na presentación do poemario de @xerardoquintia.bsky.social e Baldo Ramos UMBILICAL, publicado por #Laiovento na colección 'VentoaLto Poesía', que tivo lugar na Torre Museo de San Paio de Narla (Friol) o sábado 18 de abril #poesíagalega

1 day ago 0 0 0 0
Post image

O mércores 22 de abril Luís Caparrós Esperante presentará a súa novela A CHUVIA SOBRE O MAR, publicada por #Laiovento, no marco da libraría Berbiriana da Coruña, ás 19:00h. Acompañará o autor Leticia Eirín

2 days ago 2 0 0 0
Post image

No #FarodaCultura desta semana Estro Montaña analiza a tradución que @laureanoaraujo.bsky.social realizou da novela da autora suíza Rebekka Salm AS COUSAS POLO NOME, un libro publicado por #Laiovento

3 days ago 2 0 0 0
Post image

Compartimos a crítica que Inma Otero Varela escribiu no #SermosGaliza sobre o poemario de Xerardo Quintiá e Baldo Ramos UMBILICAL, publicado por #Laiovento na colección 'VentoaLto Poesía'. Este sábado 18 de abril preséntase na Torre de San Paio de Narla (Friol), ás 18:00h.

3 days ago 2 1 0 0
Post image

O sábado 18 de abril Xerardo Quintiá e Baldo Ramos presentarán o seu poemario UMBILICAL, publicado por #Laiovento na colección 'VentoaLto Poesía', na Torre Museo de San Paio, en Narla (Friol), ás 18:00h. Velaí vos deixamos o convite cos detalles

5 days ago 0 0 0 0
Preview
Presentación de «Depósitos de ancestralidade. Historia crítica do realismo máxico galego» Descubre con Pablo Pesado a deconstrución crítica do realismo máxico galego. Un ensaio necesario de Laiovento sobre literatura, poder e construción cultural en Galiza.

O venres 17 de abril @pablopesado.bsky.social presentará o seu libro DEPÓSITOS DE ANCESTRALIDADE. HISTORIA CRÍTICA DO REALISMO MÁGICO GALEGO, segundo título da colaboración entre #Laiovento e @claracorbelhe.bsky.social, no marco da @acalexandreboveda.bsky.social da Coruña, ás 19:30h.

6 days ago 5 4 0 0
Advertisement
Preview
Entrevista con Manuel Monge: 'Estamos recogiendo lo sembrado en la dictadura y la Transición' El sociólogo, escritor y activista antifranquista conversa con 'El HuffPost' con motivo del estreno de su nuevo libro: 'Usted debería saber. La historia secuestrada de la monarquía, 90 años con Franco...

O dixital @huffpost.com entrevista a Manuel Monge co gallo da publicación do seu libro USTED DEBERÍA SABER. LA HISTORIA SECUESTRADA DE LA MONARQUIA. 90 AÑOS CON FRANCO, un libro que vén de publicar #Laiovento na colección 'Endovelia'

1 week ago 1 0 0 0
Post image

Na páxina web de #Laiovento xa lle podedes botar un ollo aos detalles do último libro de Manuel Monge USTED DEBERÍA SABER. LA HISTORIA SECUESTRADA DE LA MONARQUIA. 90 AÑOS CON FRANCO, que acabamos de publicar na colección 'Endovelia'. Tamén podedes ler as primeiras páxinas deste libro

1 week ago 0 0 0 0
Post image

Máis unha vez temos que felicitar a @albars-1980.bsky.social por ser finalista co seu libro RUTH MATILDA ANDERSON. TRADUTORA DAS MARXES dos @premiosfollasnovas deste ano, na categoría de ensaio e investigación. Cantas alegrías nos deu este libro! Parabéns Alba!

1 week ago 6 0 0 2
Post image

Na páxina web de #Laiovento xa lle podedes botar unha ollada ao libro de Afonso Becerra DO REINO (E) DOS AMORES PROSCRITOS. UNHA VIAXE Á IDADE MEDIA MÁIS COLORIDA. Tamén podedes ler as primeiras páxinas deste libro #teatrogalego

share.google/IfPFxhDb1GGq...

1 week ago 0 0 0 0
Post image

En abril publicamos o libro de Manuel Monge USTED DEBERÍA SABER. LA HISTORIA SECUESTRADA DE LA MONARQUIA. 90 AÑOS CON FRANCO, editado na colección 'Endovelia' de #Laiovento. Monge continúa coa súa misión de impugnar o relato oficial da Transición, denunciando as continuidades co franquismo

1 week ago 2 0 0 0
Post image Post image

Desde Edicións Laiovento queremos amosar o noso pesar polo falecemento de Manuel Caamaño Suárez, socio da nosa editora e persoa sempre comprometida coa cultura galega, do que deu boa mostra no seu libro DUN TEMPO E DUN PAIS (2006). As nosas condolencias aos seus familiares

2 weeks ago 7 0 0 0
Preview
Sobre Vilanova de Alba, de Miguel Barros Miguel Barros Sobre Vilanova de Alba Laiovento, Santiago, 140 páxinas, 14,95 €, 2025 Non resulta habitual nos últimos anos -e resulta unha mágoa mais talvez tamén sexa significativo en canto ás pre…

No seu blog 'Caderno da Crítica' Ramón Nicolás analiza o libro de Miguel Barros SOBRE VILANOVA DE ALBA. ENSAIO DE CRÍTICA LITERARIA, unha obra publicada por #Laiovento

3 weeks ago 1 0 0 0
Post image

Hoxe 27 de marzo celebramos o Día Mundial do Teatro e para celebralo presentámosvos a vindeira novidade de #Laiovento: o libro de Afonso Becerra DO REINO (E) DOS AMORES PROSCRITOS. UNHA VIAXE Á IDADE MEDIA MÁIS COLORIDA. Axiña nas librarías! #teatrogalego

3 weeks ago 1 0 0 0
Advertisement
Vídeo Ramón Cabanillas / Ramón Otero Pedrayo
Vídeo Ramón Cabanillas / Ramón Otero Pedrayo YouTube video by Edicións Laiovento

Seguimos lembrando publicacións de #Laiovento co gallo do Ano Oteriano. Rescatamos hoxe o vídeo elaborado por Manuel Castelao para a promoción do seu libro CABANILLAS / OTERO PEDRAYO. NA NOITE ESTRELECIDA / ARREDOR DE SI, unha obra publicada en 2022 #AnoOteriano #OteroPedrayo

3 weeks ago 0 0 0 0
Post image

O xornal Diario de Ferrol fíxose eco da presentación da tradución que Cláudio López Garrido realizou da obra de Étienne de La Boétie DISCURSO DA SERVIDUME VOLUNTÁRIA, publicada por #Laiovento, unha actividade que tivo lugar na Central Librera de Ferrol o 24 de marzo

3 weeks ago 0 1 0 0
Post image

O Centro Dramático Galego está a representar no Salón Teatro de Santiago unha nova montaxe de Hamlet. En 2023 #Laiovento publicou a versión galega deste clásico universal de Shakespeare, en tradución de Miguel Pérez Romero #teatro #engalego

3 weeks ago 7 0 0 0
Post image

Achegámonos ao café Airas Nunes de Santiago para asistir á presentación da tradución que Cláudio López Garrido realizou da obra de Étienne de La Boétie DISCURSO DA SERVIDUME VOLUNTÁRIA, un libro publicado por #Laiovento

3 weeks ago 1 0 0 0
Preview
‘As cousas polo seu nome’, unha novela que crea lectores - BiosBardia Xesús González Gómez. O xornal barcelonés La Vanguardia, na súa edición do 16 de febreiro do 2026, nas páxinas de Cultura, dedicáballes unha reportaxe a «Los nuevos superventas del catalán. Libros de ...

No web de crítica literaria @biosbardia.bsky.social Xesús González Gómez analiza a tradución que @laureanoaraujo.bsky.social realizou da novela da autora suíza Rebekka Salm AS COUSAS POLO NOME, un libro publicado por #Laiovento. "Unha novela daquelas que crean lectores e lectoras"

3 weeks ago 2 0 0 0
Preview
Ensaio | 'Discurso da servidume voluntária' Data,Lugar,Como chegar a Ensaio | 'Discurso da servidume voluntária'

O xornal @nosdiario.bsky.social lembra que hoxe 25 de marzo Cláudio López Garrido presenta a súa tradución da obra de Étienne de La Boétie DISCURSO DA SERVIDUME VOLUNTÁRIA, publicado por #Laiovento, no marco do café Airas Nunes de Santiago ás 19:30h.

3 weeks ago 0 0 0 0
Preview
Ruth Matilda ignorada Son poucas as veces en que un ensaio nos descobre algo que descoñeciamos. É o caso de Ruth Matilda Anderson: tradutora das marxes, de Alba Rodríguez

No xornal @nosdiario.bsky.social a escritora @marilaraleixandre.bsky.social escribe sobre o libro de @albars-1980.bsky.social RUTH MATILDA ANDERSON. TRADUTORA DAS MARXES, publicado por #Laiovento

4 weeks ago 4 1 1 0
Preview
Presentación | 'Discurso da servidume voluntaria' Data,Lugar,Como chegar a Presentación | 'Discurso da servidume voluntaria'

Hoxe 24 de marzo Cláudio López Garrido presenta a súa tradución da obra de Étienne de La Boétie DISCURSO DA SERVIDUME VOLUNTÁRIA, publicada por #Laiovento, no marco da Central Librería de Ferrol, ás 19:00h. Coa presenza do filósofo Francisco Sampedro

4 weeks ago 2 0 0 0
Post image

O mércores 25 de marzo Cláudio López Garrido presentará a tradución da obra de Étienne de La Boétie DISCURSO DA SERVIDUME VOLUNTÁRIA,publicada por #Laiovento, no café Airas Nunes de Santiago, ás 19:30h.

4 weeks ago 1 1 0 0
Advertisement
Post image

No último número do #SermosGaliza deuse conta dunha das últimas novidades de #Laiovento: a novela de Luís Caparrós Esperante A CHUVIA SOBRE O MAR, un libro que xa podedes atopar nas librarías

4 weeks ago 2 0 0 0
Post image

O martes 24 de marzo Cláudio López Garrido presentará a súa tradución da obra de Étienne de La Boétie DISCURSO DA SERVIDUME VOLUNTÁRIA, publicada por #Laiovento, no marco da Central Librera de Ferrol, ás 19:00h. Acompañará o tradutor o filósofo Francisco Sampedro

4 weeks ago 1 0 0 0
Post image

Con motivo do #DíadaPoesía lembramos os últimos títulos da colección 'VentoaLto Poesía' de #Laiovento. Felices lecturas e feliz Día da Poesía

1 month ago 3 1 0 0
Post image

No #FarodaCultura desta semana @loisalcaydedans.bsky.social escribe sobre o libro de Bieito Alonso CRÓNICAS TRANSATLÁNTICAS. DE CINZA E SAL, publicado por #Laiovento. A achega galega ao sindicalismo marítimo na emigración americana

1 month ago 3 0 0 0
Post image

Seguimos lembrando publicacións de #Laiovento co gallo do Ano Oteriano. Desta volta, recuperamos o libro de Manuel Castelao CABANILLAS / OTERO PEDRAYO. NA NOITE ESTRELECIDA / ARREDOR DE SI, publicado en 2022, no que este autor analiza unha das obras capitais de Otero Pedrayo: ARREDOR DE SI

1 month ago 4 2 0 0
RUTH MALTIDA ANDERSON. TRADUTORA DAS MARXES (PRESENTACIÓN NA LIBRARÍA COUCEIRO, 18/03/2026)
RUTH MALTIDA ANDERSON. TRADUTORA DAS MARXES (PRESENTACIÓN NA LIBRARÍA COUCEIRO, 18/03/2026) YouTube video by Edicións Laiovento

Velaí as palabras iniciais de @albars-1980.bsky.social na presentación do seu libro RUTH MATILDA ANDERSON. TRADUTORA DAS MARXES, publicado por #Laiovento, que tivo lugar na libraría Couceiro de Santiago o 18 de marzo. Unha obra que abala conciencias e pon as cousas no seu lugar

1 month ago 4 1 1 0