Diario da viaxe dunha semana a Serbia por libre, con ruta e gastos:
www.cabonorteblog.com/2026/03/23/v...
Posts by Cabonorteblog
Deste xacemento, e outros desta zona (unha anta, un castro, un "altar", petróglifos,...) xa teño publicado cousas nesta conta, e espero escribir unha guía proximamente no blog. Este é un lugar moi especial, e ben o merece. Aquí unhas imaxes de como estaba no 2018:
O Corro dos Mouros (Adai, Lugo). A pouca distancia da cidade de Lugo, podemos gozar deste xacemento arqueolóxico "tipo roda". Recentemente, neste lugar instalouse un panel explicativo sobre as últimas escavacións do 2024 e 2025.
Lagoa de Óbidos e Foz de Arelho (Portugal).
Baleal, a pouca distancia de Peniche (Portugal), é unha localidade que está nunha península na que só é posible acceder cruzando unha praia.
A Praia do Salgado, con Nazaré ao fondo, é unha das típicas desta zona de Portugal: longas, de area fina e a mar aberto. Son perfectas para pasear e para fuxir das praias masificadas, mais tamén soen ter moito vento e son perigosas para o baño.
Unhas das visitas imprescindibles se viaxamos con crianzas pola zona de Lourinhã son o parque de dinosauros Dino Park e o de Lego Brickopolis. Xa non tan coñecido, pero ben interesante polos restos de dinosauros da zona que ten, é o Museu de Lourinhã, no centro da vila.
Impresionante lugar o de São Martinho do Porto (Portugal). Cunha fermosa praia sen perigosas correntes e a enorme duna de Salir do Porto.
Nau dos Corvos (Peniche, Portugal), coas Ilhas Berlengas ao fondo.
Peniche (Portugal): Bairro de Visconde, Brecha Volcánica de Papoa e Faro de Carvoeiro.
Pavillóns do Parque Carlos I en Caldas da Rainha (Portugal). Construído coa intención de ser un hospital dentro da cidade termal de Caldas da Rainha, finalmente nunca chegou ter esta función, estando abandonado a día de hoxe.
A antiga prisión de Peniche é hoxe o Museu Nacional da Resistencia e Liberdade. Un espazo de memoria dos presos políticos durante a ditadura.
Salinas de Río Maior (Portugal).
Máis fotos das Ilhas Berlengas.
O paraíso das Ilhas Berlengas (Peniche, Portugal).
Óbidos (Portugal).
Petróglifos do Trono da Raíña e Pena Bicuda, Teo.
Lagoa de Caque (Castro de Rei).
O Monte Louro desde Porto do Son.
Ruta en bici eléctrica desde Compostela aos montes Estrapuzas, Pico Sacro e O Viso (41km, 1.204m desnivel e 62% da batería consumida). Nas fotos apréciase ben a calima de hoxe.
Curioso símbolo nos montes de Adai (Lugo). Xa mostrei por aquí noutras ocasións varios lugares de interese nestes montes, e agora atopei este símbolo(seica hai máis),dos que descoñezo a súa orixe, aínda que probablemente sexan para delimitación ou orientación nestes montes xa despois da idade media.
Castelo da Mota (Medina del Campo, Castela). Castelo de ladrillo onde se xuntan os vellos sistemas defensivos medievais coas novas armas de pólvora do século XV. Aínda se ven pegadas de batallas na súa torre de homenaxe.
Ávila.
Muíños de Consuegra (Castela a Mancha).
Úbeda (Andalucía). Xunto con Baeza, unha xoia do renacemento andaluz.
Os efectos dos temporais deste inverno déixanse notar neste parque natural: ríos desbordados, árbores caídas e rutas cortadas.
Parque Natural das Serras de Cazorla, Segura e las Viñas (Andalucía).
E que a situación de Cazorla aos pés da serra fixo que estivese moi exposta ás inundacións e desprendementos, como se lembra en varios puntos da localidade.
Ruínas da Igrexa de Santa María de Gracia (Cazorla). Igrexa que leva medio destruída desde 1694, despois de colapsar o río que pasa debaixo dela por un túnel.
Cazorla (Andalucía).