Advertisement · 728 × 90

Posts by Edicións Defectuosas

Seguro que si!

3 hours ago 1 0 0 0
Post image

Algunhas desas cousas mesmo poden combinarse e por exemplo... debuxar gatos!
(levo uns días mirando de coller soltura no debuxo gatuno -polo de agora con resultados cuestionables- para unha futura cousa de Edicións Defectuosas)
Ánimo, en calquera caso.

6 hours ago 2 0 1 0
Ethel Cain - ‘Thoroughfare’ (live for Like A Version)
Ethel Cain - ‘Thoroughfare’ (live for Like A Version) YouTube video by triple j

Gañou o Breo.
E o algoritmo do Youtube acaba de poñerme que Ethel Cain tocou "Thoroughfare" (que é a miña canción súa favorita) na Triple J.
Para ser domingo, nin tan nal.
youtu.be/Fbr1vdTqkLo?...

2 days ago 0 0 0 0

Ah, non, eu tampouco teño problemas coas recomendacións do algoritmo.
Pero gústame que de cando en vez se lle escapen cousas!

3 days ago 0 0 0 0
Post image
3 days ago 0 0 1 0
Post image

Sobre eses primeiros tempos de @uneteakokoshca.bsky.social que recupera o disco novo, dicir que hay (bastantes) anos fixen un debuxo da banda para unha cousa e rematou no insert de "Hay una luz", no que é un dos maiores éxitos da miña carreira artística.

3 days ago 3 1 1 0
Post image

3. E como no bazar de @leandrobarea.bsky.social había luz, entrei e... quixen bolsa.

3 days ago 4 0 1 1
Advertisement
Post image

2. Tamén pasei polo Vello Cárcere para ver a expo de cadros de comida de Helena Ayape, que me encantou...

3 days ago 1 0 1 0
Post image

Estiven por Lugo esta mañá e foivos bastante proveitosa (as usual):
1. Fun ata Don Disco para facerme co novo de @uneteakokoshca.bsky.social (que non sei se conta coma recopilación ou coma disco normal, pero si sei que vai ser un dos meus discos favoritos do ano)...

3 days ago 4 1 1 0

Vaia, ho. Eu desta volta pensaba (ou quería pensar, se cadra) que todo fora cousa da maxia de internet.

5 days ago 1 0 1 0

Pois si.
O raro neste caso é que unha proposta tan peculiar fose tan pouco coñecida, que o primeiro disco xa ten un par de anos (non sei que tal lles iría en Canadá).

5 days ago 0 0 1 0

Eu penso que o hype arrincou hai un par de meses, coa súa gravación para a KEXP.
Cada vez que ía ao vídeo para compartilo con alguén tiña aumentado unha barbaridade o número de visualizacións (acabo de miralo agora e xa vai polos 10 millóns).

5 days ago 1 0 1 0

FATAL
(pero agora que sabes do teu superpoder para que veñan os artistas que queres, úsao con responsabilidade!)

5 days ago 2 0 1 0
Preview
El Ou Yeah! de Oursense anuncia sus primeros nombres El Ou Yeah! de Ourense anuncia sus primeros nombres para el de junio: Loquillo, The Rapants y Kitty, Daisy & Lewis.

Ollo aí, @pantuflasdecor.bsky.social (e non o digo por Loquillo, aínda que sexa o que sae na foto):
www.mondosonoro.com/noticias-act...

5 days ago 0 0 1 0
Non levo moi ben a calor.
Tampouco vou entrar no de "team verán / team inverno" porque si que estou a favor da roda do ano, e esta guai ter estacións. Pero aturo mellor o frío, que se lle vai facer.
O caso é que este venres xa fixo bastante calor e cruceime pola rúa cunha muller que, aínda que claramente calculara mal a temperatura e saíra da casa abrigada de máis (cun abrigo de pelo que tiña pinta de ser ben gordo), estaba contentísima co solete.
Así que eu, que este ano farei o posible por non enfadarme cando veña a calor, tentarei ter a mesma actitude que esa muller e desfrutar da caloriña.
Xa veremos que tal me vai.

Non levo moi ben a calor. Tampouco vou entrar no de "team verán / team inverno" porque si que estou a favor da roda do ano, e esta guai ter estacións. Pero aturo mellor o frío, que se lle vai facer. O caso é que este venres xa fixo bastante calor e cruceime pola rúa cunha muller que, aínda que claramente calculara mal a temperatura e saíra da casa abrigada de máis (cun abrigo de pelo que tiña pinta de ser ben gordo), estaba contentísima co solete. Así que eu, que este ano farei o posible por non enfadarme cando veña a calor, tentarei ter a mesma actitude que esa muller e desfrutar da caloriña. Xa veremos que tal me vai.

Rematei este debuxo mentres tiña unha pota ao lume.
Está inspirado nunha muller que vin o venres pola rúa e que pretendo que sexa o meu modelo este seguir nos meses de calor (explícoo no texto alternativo, pero tampouco agardes unha xustificación moi elaborada).

1 week ago 8 1 1 0
Advertisement

Firme candidato a mellor concerto do ano (ou a mellor concerto, así en xeral).

1 week ago 1 0 0 0

E nin sequera é a mellor historia de terrorismo yihadista relacionada coa bisbarra!
A miña favorita éche esta:
www.elcorreogallego.es/galicia/2015...

1 week ago 2 0 0 0

Moito ofrecer resumos da IA, pero o que é abrir os PDFs (que debería ser para o que tería que servir) cada vez faino peor. Visualizar arquivos medio pesados co Acrobat Pro leva xa tempo sendo unha tortura.

1 week ago 1 0 1 0
Post image

Última chamada (alomenos nun tempo) para os que queirades unha copia do noso fanzine de OH! AYATOLLAH: o luns iremos a Correos para enviar a primeira tanda.
Así que se queres un avísanos por aquí ou mándanos un mail e xa miramos como amañamos.

1 week ago 2 1 1 0

O fanzine dos OH! AYATOLLAH xa o rematamos hai uns días, pero non dixemos nada porque non imos poder mandalos ata a semana que vén (por incompatibilidade horaria coa oficina de Correos).
De tódolos xeitos, quen queira un que avise (por aquí ou polo mail, coma sempre) e tomamos nota!

2 weeks ago 0 0 0 0

Nos meus tempos universitarios, hai uns 20 anos, había un bus directo o venres para ir a Ferrol e outro o domingo para voltar a Lugo (só os meses lectivos!).
O resto tardaban case 3 horas en chegar e daban tantas voltas que non sería quen de replicar aquela ruta.
Vexo que a cousa non mudou moito 🥲

2 weeks ago 1 0 0 0
anana
anana YouTube video by Clo Plas

Non sabía que Clo Plas fixeran un videoclip para "anana". E moi chulo, ademais!
Vouno deixar por aquí por se vós tampouco o sabiades, que estas son cousas que deberían saberse.
🤞
youtu.be/GhrH6b5GyXk?...

2 weeks ago 3 1 0 1

As mellores viaxes Santander-Lugo, as de Madrí.

2 weeks ago 5 0 0 0
Advertisement

Á falta de Kitty, Daisy & Lewis, a semana que vén anda La Perra Blanco pola Capitol para pasa-lo mono de rockabilly (a Never Young Beach non os coñezo, pero tomo nota!).

2 weeks ago 1 0 0 0

Xa ía tocando cambia-lo meme do salón.

2 weeks ago 3 0 0 0

Buá, vaia marabilla isto.
Chicharrón sendo os mellores coma sempre.

2 weeks ago 2 1 0 0
Post image

No fanzine de OH! AYATOLLAH (que xa está listo!) hai unha sección sobre grupos que mudaron de nome que rematamos cun caso imposible de entender...

2 weeks ago 2 0 0 0

O fanzine dos OH! AYATOLLAH que estamos a facer xa vai bastante avanzado, e nel tratamos temas coma os videoclips, os produtores (con) estrela ou os grupos que cambian de nome.

3 weeks ago 4 0 0 0
Preview
CMG-NGM-PDE, by nana 10 track album

Aguanten esas prantiñas!
Eu teño unha diefenbaquia que me fai de guía para o resto porque é practicamente indestrutible (se esa fraquea, hai que actuar!). Por algo en portugués lle chaman comigo-ninguém-pode, algo que descubrín grazas a este discazo de Nana.
nanalacrima.bandcamp.com/album/cmg-ng...

3 weeks ago 2 0 1 0

Estalles quedando unha tempada estupenda. Mesmo atinan cando teñen que tratar asuntos que de primeiras poderían quedar máis afastados dunha serie "de médicos" (dígoo sobre todo polo capítulo 11, non sei se xa chegaches).

3 weeks ago 1 0 1 0
Advertisement