Seguimos reivindicando o regreso dos locais de ensaio de Súbete ó Castro e de programas como os Castroconcertos, como facemos dende a plataforma Grupos en Loita ✊ Fixémolo unha vez máis na entrevista con Mauro Borrazás para Atlántico TV. Mil grazas polo espazo! @atlantico.net
Posts by Dioivo
O 27 de xuño volvemos ós països catalans, esta vez a L'Hospitalet de Llobregat. Será no Lennon's Club (avinguda Fabregada, 91) ás 19:30 xunto ás bandazas Dios e Undivine 🔥 Entradas anticipadas a 8,50€ en shop.diosdeath.com ou a 10€ na taquilla. Ganazas de voltar por alí!
www.youtube.com/watch?v=dwIu...
Estamos moi contentos pola acollida que lle estades dando a Que Soe o Trono 💚 Hoxe queremos agradecer especialmente a Vituco Neira e a María Amigo o ternos sacado nas edicións en papel do @farodevigo.es e no @nosdiario.bsky.social respectivamente. Un millón de grazas!
CONTRACULTURA | Jacobo Mouriño e Dani Valladares : "Dioivo é unha continuación de Rust in Peace en moitos sentidos e co novo álbum queda claro"
www.nosdiario.gal/articulo/cul...
A nosa música estará axiña fóra de Spotify. Lembrade que en Bandcamp podedes mercar os nosos discos en físico e descargar a discografía completa, que tamén podedes escoitar nas demais plataformas dixitais 💿
Comprar el periódico y leer esto da gusto. Unos grandes de Vigo y de la música. @dioivo.bsky.social
Mil grazas por vir o sábado ó CS O Pichel para vernos presentar Que soe o Trono. Inmensa honra facelo xunto ás enormes Xerión (por outros 25 anos!), Fata Inferna e Corteza Inhumana. Lembrade, temos anticipadas para Vigo o 13 de xuño con Dios e From Ashes to Dust! 📸: Iñaki Alonso
Sobre unha superficie branca (a mesa da miña cociña) hai un exemplar de Shatter, a maqueta de Rust In Peace, pintarragheado e firmado polos membros do grupo e ó seu carón un de Que Soe o Trono, o derradeiro disco de Dioivo, formado por regravacións de cancións do outro grupo.
@dioivo.bsky.social
Isto si que é un comeback e o demais son parvadas.
Dioivo - Que Soe o Trono
Dioivo - Que Soe o Trono
Melodic Black Metal
#wmr #BlackMetal #BlackMetalSky #MetalSky #HeavyMetal #Metal #Music #Release
Así en bucle con el nuevo álbum de Dioivo. 👌🎧🎸
DIOIVO lanza su nuevo álbum "Que Soe O Trono"
onlyheavymetal.forogratis.es/post283624.h...
Dioivo revive su pasado thrash en “Que Soe o Trono”, un disco que mira 15 años atrás sin perder filo #guitarcalavera #Dioivo #RustinPeace #ThrashMetal #guitarcalaveramagazine
Neste 'Que Soe o Trono' recuperan os temas desta banda anterior, renovados e con novas letras en galego como é norma na discografía de Dioivo
🔥 BOOM 🔥
Volvemos a los directos en el canal, el próximo lunes 9 de Marzo hablaremos del nuevo lanzamiento "Que Soe O Trono" de nuestros amigos Dioivo
🇪🇸 21h
🇨🇴 15h
🇲🇽 14h
🇦🇷 🇧🇷 🇨🇱 17h
www.youtube.com/live/sWzybZS...
Os esperamos a todos!
Chat abierto
Fuerza y Metal 🤘🔥🤘🔥
Muchas gracias a Jacobo y Dani por pasarse por el canal, a mis amigos Frank y @hipergerman.bsky.social por acompañarme y a todos los que os pasasteis por el chat.
Os comparto la gran reseña que hizo Frank del disco
trueno-metalico.blogspot.com/2026/03/dioi...
🔥Lanzamiento🔥
Ya está disponible la charla que tuvimos con nuestros amigos @dioivo.bsky.social para hablar de su nuevo álbum "Que Soe O Trono", hablamos de
👉 Portada y concepto del álbum
👉 Analizamos tema a tema
www.youtube.com/live/sWzybZS...
Hai unha razón máis pola que este novo disco é moi, moi especial para nós. Quixemos adicarllo a Samu, amigo incondicional dende os tempos de Rust in Peace e sempre, despois do seu falecemento, tan inxusto e prematuro, en decembro de 2025. Sempre estarás connosco, irmán ❤️🩹
Un día más con Dioivo en mis cascos. 🎸👌🎧
Hoxe, no número en papel de Atlántico e mais na súa web tedes esta entrevista de Mauro Borrazás a Jacobo con motivo da saída, o pasado luns, do noso novo álbum Que Soe o Trono ⚡️ Moitísimas grazas pola oportunidade e o apoio! Tédela completa en www.atlantico.net/tv/entrevist...
Xa saíu o novo álbum! Nel revisitamos as cancións da nosa banda precedesora Rust in Peace a 15 anos da súa fundación e 10 dende que somos Dioivo. Colaboran Darcy Maestu Ham e Pablo López Figueroa, grava Dany Soengas e editan Romantic Songs, Loita Underground e Speedhammer Records 💚 Que vos parece?
A nosa próxima parada en Vigo será para presentar o novo álbum Que Soe o Trono 🔥 Estaremos ben acompañados por Dios e From Ashes to Dust, dúas bandas amigas de Barcelona e Vigo respectivamente. Noitaza para celebrar os 10 anos de Dioivo e os 15 de Rust In Peace!
Seguimos cos vídeos ao vivo do noso último concerto con "Nunca máis", pertencente ao noso primeiro EP de hai 10 anos 🔙 Gravado por Aurora Rodríguez no Transylvania e con son mesturado por Roberto Fontán. Lembrade que en mes e pico xa estaremos presentando o álbum novo en Compos!
O rapaciño que vedes aquí é Dani hai 13 anos. El tocaba en Rust in Peace e eu víao dende o público. Aí segue detrás da batería, e eu tendo a sorte de velo de preto. Agora que facemos xa 30 tacos lembramos esa época de ilusión mentres miramos cara adiante. Quérote moitísimo, meu!! Feliz aniversario 🎂
Joder, eu iría (e de feito igual igual igual ata estou esa finde en Santiago e ata vou)
Acompañaremos a Xerión, Corteza Inhumana e Fata Inferna nesta cita do black metal en galego para presentar o noso novo álbum, Que Soe o Trono, que como xa sabedes sae o 23 de febreiro 🖤 Será no CS O Pichel de Compos o 7 de marzo ás 20:00, con entrada a 12€. Vémonos alí!
Será editado conxuntamente polos selos Romantic Songs Records, Loita Underground e Speedhammer Records, a quen estamos inmensamente agradecidos polo apoio 💙 E como lembrades, conta coas colaboracións de Darcy e Pablo, compañeires da nosa vella banda. Que ganazas de ensinárvolo!
Novo álbum o 23 de febreiro!! Polo Día de Rosalía, como cando presentamos Dioivo hai 10 anos, lanzaremos Que Soe o Trono, gravado por Dany Soengas e con deseño de Darcy Maestu. Marcará tamén os 15 anos de Rust in Peace. E presentarémolo o 7 de marzo na Gentalha do Pichel ⏳
Hai nada menos que 10 anos naceu Dioivo, e estas foron as primeiras fotos que nos fixemos como banda 👶 Temos cousas moi especiais preparadas para celebrar ese primeiro decenio e mais os 15 anos dende a fundación de Rust in Peace, o xérmolo do grupo. Estade atentes!