Non hai mellor semana que esta para lembrar que aínda estades a tempo de participar na xornada para “Aprender a crear e dinamizar Clubs de Lectura Fácil”.
Podedes inscribirvos aquí!
fademga.org/gl/novas/apr...
Posts by FADEMGA Plena inclusión Galicia
Súmate, comparte e participa!
Porque 25 anos despois, o importante non é só celebrar o camiño andado...
é seguir abrindo camiños novos!
#ConstruindoEmprego
⏰ O encontro terá lugar no espazo CINC – Auditorio 1, en horario de 9.00 a 18.15 horas.
A participación é gratuíta, pero require inscrición previa, que podedes facer aquí: forms.cloud.microsoft/e/QRscaMa5TB
Porque o reto xa non é só acceder a un posto de traballo.
O reto é mantelo, facelo evolucionar e garantir oportunidades reais nun mercado laboral cada vez máis cambiante.
A xornada reunirá administracións, empresas, profesionais, entidades sociais, persoas con discapacidade intelectual e familias.
Falaremos de cuestións clave:
emprego público, formación adaptada, innovación social, emprego personalizado e apoios ao longo da vida laboral.
Hai un cuarto de século nacía o noso servizo de emprego, cunha idea clara: que o acceso ao emprego ordinario con apoios debía ser real e viable en Galicia.
25 anos despois, toca facer balance… e tamén abrir unha reflexión compartida sobre o que queda por facer.
🍀 O emprego inclusivo non é un premio nin unha excepción: é un dereito.
O vindeiro 26 de maio, FADEMGA Plena inclusión Galicia celebra na Cidade da Cultura a xornada “Construíndo emprego” para conmemorar os 25 anos do Servizo de Emprego e Formación.
www.fademga.org/gl/novas/con...
Lembrade que continúa aberto o prazo para participar no certame de relato curto!
Buscamos historias sobre a lectura ou sobre o Día das Letras Galegas escritas por persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.
💚 Máis info: fademga.org/gl/novas/fad...
Liderar tamén é saber acompañar.
Xa está aberto o prazo de inscrición no curso “Liderado na práctica”, unha formación en liña dirixida a responsables de servizos e persoas xestoras de equipos.
Infórmate aquí: www.fademga.org/gl/novas/abe...
FADEMGA Plena inclusión Galicia e Banco Sabadell asinan un convenio para facilitar mellores solucións financeiras ás entidades do movemento asociativo.
www.fademga.org/gl/novas/fad...
🗞️ Novo boletín De Plena Actualidade!
Neste número recompilamos todas as novidades, actividades e información de interese para o mes de abril.
Botádelle un ollo e acompañádenos nun mes cheo iniciativas ilusionantes!
📲 Accede aquí: www.fademga.org/media/files/...
🍀 Transformar a educación non debería ser un slogan.
Debe traducirse en cambios reais, sostibles e útiles para o alumnado e para os equipos profesionais.
Soamente así, conseguiremos unha educación máis inclusiva, máis pensada para o presente e máis preparada para o futuro.
Cada centro está a construír o seu propio itinerario, acompañado por profesionais con experiencia que fan de guía neste proceso: Marta Sánchez e Concepción Mérida.
Agora estamos na Fase I, centrada en crear os equipos motores e desenvolver a formación para deseñar os Itinerarios de Transformación en centros de recursos. Esta fase remata o 11 de xuño.
O proxecto desenvolverase durante 2026 e 2027 e estrutúrase en 3 fases:
➡️ Fase I: Reflexión–Acción
➡️ Fase II: Acción–Reflexión
➡️ Fase III: Reflexión–Acción
En febreiro comezamos a desenvolver a pilotaxe #EducaciónDeFuturo, un proxecto estatal de
@plenainclusion.bsky.social impulsado en máis de 35 centros educativos de 12 comunidades autónomas.
En Galicia participamos co CEE Aspanex e co CEEPR de AutismoBata "Os Mecos". 👇
📚 Poñemos en marcha unha nova convocatoria formativa para avanzar cara a contornas máis accesibles, participativas e abertas.
“Historias para TODOS e TODAS: como dar vida a Clubs de Lectura Fácil”.
Inscricións ata o 24 de abril.
Máis info: www.fademga.org/gl/novas/apr...
🍀 Xa está aquí o 4º Certame de Relato Curto de FADEMGA!
Buscamos historias sobre a lectura ou o Día das Letras Galegas escritas por persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.
💚 Máis info: www.fademga.org/gl/novas/fad...
O prazo permanece aberto durante todo o ano.
Animámoste a informarte, difundir e apoiar esta iniciativa para avanzar cara a unha sociedade máis inclusiva!
Toda a información aquí: www.fademga.org/gl/novas/imp...
Ademais:
📍 En distintos puntos de Galicia
🕒 Horarios flexibles
💸 3 primeiras sesións gratuítas
Non é un luxo.
É un dereito.
A educación afectivo-sexual é clave para a autonomía e a protección fronte a abusos.
Para que?
✔️ Resolver dúbidas
✔️ Coñecer o propio corpo
✔️ Entender límites
✔️ Construír relacións respectuosas
O servizo de asesoría sexolóxica de FADEMGA busca cambiar isto: atención confidencial, accesible e centrada na persoa.
A sexualidade das persoas con discapacidade intelectual segue invisibilizada.
E iso ten consecuencias: desinformación, vulnerabilidade e falta de espazos seguros.
FADEMGA leva á Fiscalía Xeral do Estado a experiencia galega en accesibilidade cognitiva na xustiza
Podes ler a nova aquí: www.fademga.org/gl/novas/fad...
4️⃣ Seguimos traballando para que o acceso á xustiza sexa un dereito real e non unha barreira.
👉 Comparte, infórmate e apoia unha xustiza máis accesible para todas as persoas.
#PlenaInclusión #FADEMGA #DiscapacidadeIntelectual #LecturaFácil #AccesibilidadeCognitiva
3️⃣ Ademais, volvemos empregar a tecnoloxía para poder contar con persoas validadoras desde distintos lugares.
Un paso máis para abrir procesos e facer a participación máis inclusiva. 💻
2️⃣ Porque unha xustiza accesible non se constrúe só con boas intencións: constrúese escoitando ás persoas e incorporando a súa experiencia.
A validación é clave para garantir que os documentos se entendan de verdade.
1️⃣ Nesta ocasión contamos coa participación de 3 persoas do servizo de emprego de Vigo.
Con elas estamos validando documentación vinculada ao Convenio de Xustiza, revisando que a información sexa clara, comprensible e realmente accesible para todas as persoas.
Seguimos avanzando para facer da xustiza un ámbito máis accesible. ⚖️
No marco do noso convenio coa Consellería de Xustiza, continuamos co proceso de validación de documentación en lectura fácil. 👇