Advertisement · 728 × 90

Posts by Fóra de Mapa

Señoriñas pomakas

Señoriñas pomakas

O DPS leva 36 anos sendo fundamental na gobernabilidade do país. É o herdeiro do movimento contra o renacer nacional e polas liberdades civís da poboación musulmá de 🇧🇬 a finais dos 80s.

8,4% dos cidadáns 🇧🇬 son de identidade turca, ós que hai que sumar máis de 100k pomakos

2 days ago 1 0 0 0
Post image

Onte houbo eleccións en 🇧🇬 e o ex-presidente Radev gañou en case todos os distritos electorais, salvo un: Kardzhali no sur, onde o partido que representa á minoría turca, o DPS, obtivo a maioría.

Nesa rexión viven ducias de miles de turcos e pomakos (búlgaros musulmáns).

2 days ago 2 0 1 0
Video

Hoxe en 1713 asinábase a paz de Utrecht coa que a monarquía 🇪🇸 cedía 🇬🇮 a 🇬🇧.

Este dominio británico de 313 anos fixo que a poboación local acabase falando unha variante lingüística moi interesante, o llanito. Unha mistura de andaluz e inglés con moita alternancia de código 👇

1 week ago 3 0 0 0
#Petisco lixeiro. O idioma tabarkino - Fóra de Mapa - Podcast en iVoox Escucha este episodio de Fóra de Mapa gratis en iVoox. Sardeña é un territorio cunha diversidade lingüística enorme, nel fálanse cinco idiomas diferentes, unha oficial, o italiano, 2 outras recoñecida...

Os tabarkinos levaron consigo o seu idioma ligur ás novas vilas nas que se asentaron en Sardeña, e hoxe mesmo é lingua protexida pola lexislación rexional.

Pola contra en Tabarca (Alicante) acabaron por abandonar a lingua. Sobre isto temos un petisco
www.ivoox.com/petisco-lixe...

1 week ago 1 0 0 0
Carloforte, unha das vilas fundadas no séc XVIII polos poboadores de Tabarka

Carloforte, unha das vilas fundadas no séc XVIII polos poboadores de Tabarka

A illa de Tabarka🇹🇳 foi poboada por xenoveses de 1540 a 1742. Alí fundaron un posto comercial e explotaron o coral.

Con eles levaron a lingua ligur. Ó ser a illa conquistada polo bey de 🇹🇳 os tabarkinos foron reasentados en Tabarca (Alicante) e nas illas Sulcis (Sardeña)

1 week ago 2 0 1 0
Preview
La isla de Tabarca busca la independencia de Alicante Una asociación de vecinos ha iniciado los trámites para constituir la isla como entidad local menor

Os habitantes da illa de Tabarca, uns 68, buscan separarse do municipio de Alicante.

Esta poboación ten orixe no rescate por parte de Carlos III de 323 persoas escravizadas en 🇹🇳, habitantes da illa de Tabarka🇹🇳 e orixinarios de Liguria en 🇮🇹
www.eldiario.es/comunitat-va...

1 week ago 5 2 1 0
All the Romani subgroups EXPLAINED by a Romani person
All the Romani subgroups EXPLAINED by a Romani person YouTube video by Florian

E pra saberdes máis sobre este pobo sempre podedes seguir ó Florian www.instagram.com/floridian.fl...
www.youtube.com/watch?v=ghk-...

2 weeks ago 0 0 0 0
Post image

O pobo roma fala moitos idiomas e ten un propio, a lingua romaní, usada polas comunidades espalladas por media Europa e que conta cunha chea de dialectos.

A lingua romaní é soamente oficial a nivel local en 🇽🇰 e 🇲🇰

2 weeks ago 1 0 1 0
Post image

Hoxe conmemórase o día internacional do pobo cigano, unha etnia transnacional que durante séculos sufriu escravitude, varios xenocidios e que aínda hoxe é vítima de discriminacións e exclusión.

A data lembra a 1ª reunión do Congreso Mundial Romaní en 1971 en 🇬🇧

2 weeks ago 6 4 1 0
Advertisement
Post image Soldados soviéticos en Bornholm

Soldados soviéticos en Bornholm

Hoxe hai 80 anos a URSS abandonaba territorio 🇩🇰. Logo de 11 meses de ocupación o exército 🔴 marchaba da estratéxica illa de Bornholm, no medio do Báltico.

Stalin decidiu non elevar a tensión con 🇺🇸 e 🇬🇧, xa que pactara que 🇩🇰 permanecería no bloque occidental.

2 weeks ago 4 0 0 0
WIKITONGUES: Francesco speaking Friulian
WIKITONGUES: Francesco speaking Friulian YouTube video by Wikitongues

O friuliano é protexido pola lei rexional e nacional, é ensinado nas escolas, empregado nalgúns medios de comunicación, na sinaléctica e conta cunha certa vitalidade.

É un idioma retorromance, por tanto emparentado co ladino e o romanche, sona así 👇
www.youtube.com/watch?v=A2br...

2 weeks ago 0 0 0 0
Post image

Friuli (co ánaco de Venecia Xulia) é unha das 5 rexións 🇮🇹 de estatuto especial, o que lle garante unha autonomía algo máis ampla que outras como Molise ou Umbria.

Na rexión fálanse varias linguas, italiano, friuliano, esloveno, alemán e veneciano.

2 weeks ago 1 0 1 0
Post image Post image

Hoxe en Friuli 🇮🇹 celebran a Fieste de Patrie dal Friûl, que lembra o recoñecemento en 1077 polo emperador Enrique IV da soberanía do patriarca de Aquileia sobre os territorios da rexión de Friuli.

O estado durou 400 anos, pero as institucións propias mantivéronse até 1805.

2 weeks ago 4 0 1 0
Video

Por certo, que pro mundial temos equipo favorito. O de 🇧🇦 😁.

Aquí xogadores bosníacos, bosniocroatas e serbocroatas a celebrar cunha canción dos míticos Dubioza Kolektiv, unha banda de punk ska rock bastante contraria ó fascismo, xenofobia e ó etnonacionalismo imperante en 🇧🇦

3 weeks ago 8 0 0 0
Preview
Episodio especial. Diáspora e fútbol - Fóra de Mapa - Podcast en iVoox Escucha este episodio de Fóra de Mapa gratis en iVoox. O fútbol é un espazo moi relevante pras diásporas, ademais de ocio tamén é pra moitos seguidores parte importante da súa identidade colectiva e.....

Destes 2 equipos, e da importancia do futbol nas diásporas, e dos clubs que as representan falamos nun episodio especial

www.ivoox.com/episodio-esp...

3 weeks ago 3 0 1 0
Post image

Onte varias seleccións clasificáronse pro mundial de ⚽️, como a de 🇮🇶 na que xogan varios futbolistas asirios, parte da diáspora do país en 🇸🇪.

Algúns deles son ex-xogadores do club mítico desta minoría étnico-relixiosa , o Assyriska (e tamén da minoría aramea o Syrianska FC)

3 weeks ago 3 0 1 1

Un pobo pra dar a vida o siciliano.

3 weeks ago 1 0 0 0
Preview
#7. Sicilia. Máis aló da mafia e a cucina della mamma - Fóra de Mapa - Podcast en iVoox Escucha este episodio de Fóra de Mapa gratis en iVoox. Sicilia ten unha cultura e identidade ben marcadas, pero sobre a que recaen moitos estereotipos e prexuízos. O siciliano foi lingua de reis,...

Unha boa maneira de celebrar a semana do siciliano desde Galicia é escoitando o noso podcast sobre a illa e a súa identidade e cultura.

Con certeza moito máis complexa e atractiva que os 4 estereotipos que tod@s coñecemos
www.ivoox.com/7-sicilia-ma...

3 weeks ago 0 0 0 1
Post image Post image

Nestes días en Sicilia celebra a simana dû sicilianu, 7 días de actividades pra dar visibilidade á lingua propia de Sicilia e demandar a súa oficialidade.

A pesar de que é falada por millóns de persoas, o siciliano non ten recoñecemento oficial a nivel nacional nin rexional.

3 weeks ago 4 0 1 1
Advertisement
Preview
a man is standing in front of a chandelier and looking up at the sky . ALT: a man is standing in front of a chandelier and looking up at the sky .
3 weeks ago 1 0 0 0
Preview
#Petisco lixeiro. Os xudeus de Belmonte - Fóra de Mapa - Podcast en iVoox Escucha este episodio de Fóra de Mapa gratis en iVoox. As comunidades xudías da península Ibérica foron aniquiladas despois das expulsións de finais do século XV, varios pogroms e a represión da...

E mesmo houbo xudeus que ficaron na península e mantiveron a súa fe en secreto, moitas veces con certa aquiescencia por parte da poboación local.

Se cadra o caso máis famoso e flipante é o dos xudeus de Belmonte, na serra da Estrela en 🇵🇹 www.ivoox.com/petisco-lixe...

3 weeks ago 1 0 0 0
Preview
#Petisco lixeiro. Os sefardís no Maghreb - Fóra de Mapa - Podcast en iVoox Escucha este episodio de Fóra de Mapa gratis en iVoox. O pobo sefardí ten a súa orixe na península ibérica, de onde fuxiron no final da idade media, e sobre todo a partir do 1492 pra asentarse por tod...

Moitos miles tamén acabaron no Maghreb, en cidades como Fez, Tetuán ou Orán onde se sumaron ás comunidades ✡️ existentes, aínda que tiveron unha existencia paralela ó teren unha lingua, a djudeo-espanyola e unhas costumes e ritos diferentes dos veciños.
www.ivoox.com/petisco-lixe...

3 weeks ago 1 0 1 0
Preview
Os sefardís. Sefarad espallada polos cinco continentes - Fóra de Mapa - Podcast en iVoox Escucha este episodio de Fóra de Mapa gratis en iVoox. Os sefardís son os xudeus procedentes da península Ibérica, que a finais do século XV foron desterrados ou obrigados a convertirse ó catolicismo....

Esta poboación formou importantes comunidades sefardís nos territorios nos que se asentaron, especialmente no Imp. Otomano onde o sultán Bayezid II os acolleu.

Cidades como Tesalónica, Sarajevo ou mesmo Istanbul tiñan potentes comunidades sefardís.
www.ivoox.com/os-sefardis-...

3 weeks ago 1 0 1 0
Post image

Hoxe en 1492, os Reis Católicos asinaban o edicto de Granada co que se ordenaba a expulsión dos xudeus das coroas de Castela e Aragón.

4 anos despois 🇵🇹 facía o mesmo -> Centos de miles de xudeus abandonaron a península espallándose por toda a costa do Mediterráneo.

3 weeks ago 4 0 1 1
Post image

Coa chegada do ferrocarril e o turismo de masas, as montañas dos gorales convertíronse nun dos maiores reclamos turísticos do sur de 🇵🇱, e souberon sacar proveito, tanto da beleza da paisaxe, como dos preconceitos sobre o seu carácter indómito, folklore e identidade.

3 weeks ago 1 0 0 0
Un gaiteiro gorale

Un gaiteiro gorale

No séc XIX, os burgueses e intelectuais románticos comezaron a facer alpinismo por media Europa, e os polacos descubriron a beleza dos montes Tatra e ós gorales, montañeses, feros e afoutos.

Pra eles eran os auténticos polacos libres nun tempo no que 🇵🇱 perdera a súa independencia

3 weeks ago 1 0 1 0
Preview
#Petisco lixeiro. Os gorales - Fóra de Mapa - Podcast en iVoox Escucha este episodio de Fóra de Mapa gratis en iVoox. Os gorales son unha etnia que habita os Tatras, a serra dos Cárpatos que separan a Polonia de Eslovaquia, hoxe son arredor duns 100.000 entrambos...

🚨📷 Novo petisco pra fans sobre os gorales.

Unha sub-etnia que vive nos Cárpatos, entre 🇵🇱 e 🇸🇰 e que durante séculos de contactos con outros pobos e isolamento foi desenvolvendo unha identidade propia que fascinou aos nacionalistas polacos do séc. XIX
www.ivoox.com/petisco-lixe...

3 weeks ago 5 1 1 0
Representación da obra de teatro do Hobbit en Wymysorys

Representación da obra de teatro do Hobbit en Wymysorys

Hoxe a lingua vai perdendo paleofalantes, mais gaña moitos neofalantes que ademais de aprender o idioma fan teatro, tik toks, música pop e mesmo executan proxectos como FOSTERLANG pra revitalización de linguas minorizadas en Europa.

3 weeks ago 2 0 1 0
Advertisement
Museo da cultura de Wilamowice, centro no que ademais de divulgar a cultura local tamén se ensina wymysorys a nov@s e vell@s

Museo da cultura de Wilamowice, centro no que ademais de divulgar a cultura local tamén se ensina wymysorys a nov@s e vell@s

Ó principio este traballo era amateur, realizado por adolescentes. Ó pouco sumouse a @UniWarszawski.

E foron capaces de facer centos de horas de documentación, novos dicionarios e publicacións, cursos pra nen@s e adult@s (agora mesmo teñen demasiad@s alumn@s pra poucos mestres)

3 weeks ago 1 0 1 0
Post image

Porén nos 90s naceu Timoteusz Krol, e como os pais tiñan que ir traballar foi a avoa quen o criou. O neno medrou a escoitar a lingua da avoa e das súas amigas.

Ó rapaciño encantoulle o idioma e comezou a involucrar a outr@s rapaz@s como Justyna Majerska pra revitalizar a lingua.

3 weeks ago 2 0 1 0