Advertisement · 728 × 90

Posts by ACGB

Post image

«Casos e cousas», o proxecto de contacontos en galego nas bibliotecas de Catalunya, anuncia o seu «primavera tour». Para crianzas de 0 a 999 anos!!!

1 week ago 3 1 0 0
Cartaz anunciando o novo trimestre de aulas, onde se pode ver xente bailando contra o solpor.

Cartaz anunciando o novo trimestre de aulas, onde se pode ver xente bailando contra o solpor.

Bailadoras e pandeireteiras!!! Chega a recta final deste curso.

O 3T das aulas 2025/2026 comezará o xoves 9 de abril (canto e pandeireta) e cada xoves alterno: 1-canto e pande, 2-baile

Tes de prazo ata o 5 de abril para te inscribir no seguinte formulario: forms.gle/Gz7goXua1Qp9...

Anótate!!📝

3 weeks ago 1 1 0 0
Video

Xente!!!

Como moitas sospeitábades o Primavera Son 2026 será o 16 de maio 🤸🏽‍♀️🤸🏽‍♀️🤸🏽‍♀️

Un ano máis, a festa farase na Plaça del Poble Gitano

Quedade antentas ás redes xa que este ano vimos cargadas de novidades ;)

Anotade a data!! 💋💋💋

3 weeks ago 3 1 0 1
Post image

Chamamos a todas as persoas socias, amigas e á comunidade galega e catalá a participar activamente na manifestacion convocada este domingo ás 11.30 horas nos Jardinets de Gràcia.

Loitamos por nós e loitamos por todas 💪🏻💜✊🏽

1 month ago 0 0 0 0
Post image

Desde Barcelona, a diáspora galega tamén se organiza e se ergue. Porque sabemos que a cultura, a lingua e a loita feminista camiñan da man, queremos facer do 8M un espazo de encontro, solidariedade e reivindicación.

Non hai cultura viva sen igualdade real.

1 month ago 0 0 1 0
Post image

O feminismo é interseccional e vai á raíz dos problemas: se non cabemos todas, non cabe ningunha. Ante os ataques da ultradereita, movementos como a loita antiimperialista ou a defensa dos dereitos LGTBIQ+ resultan imprescindibles no feminismo.

1 month ago 0 0 1 0
Post image

Denunciamos as discriminacións machistas en todas as súas formas e as fendas que seguen atravesando a vida das mulleres baixo este patriarcado opresor: maior precariedade laboral, violencia sexual, psicolóxica ou física, abandono e complicidade misóxina por parte das institucións...

1 month ago 0 0 1 0
Post image

Nun contexto global de avance do fascismo, saímos ás rúas para defender os dereitos conquistados e para reclamar todas as melloras que aínda quedan por acadar.

1 month ago 0 0 1 0
Post image

Neste 8 de Marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, desde a Asemblea Cultural Galega de Barcelona facemos un chamamento á mobilización e á forza compartida.

1 month ago 0 1 1 0
Advertisement
Post image

🔴 EDUPÍNDOLES PER ERRADICAR L’ANTIGITANISME

📅 Mañá, 16 de decembro
🕢 19:30 h
📍 Ateneu Roig

Un projecte per combatre l’odi i l’antigitanisme, posar en valor la diversitat cultural gitana i construir una societat més justa.

Eduquem-nos i resistim l'odi!🎓

4 months ago 1 1 0 0
Post image

Lembrade: o domingo ás 12, coincidindo coa mani en Compostela, proxectaremos no Ateneu Roig de Barcelona o documental O Ulla Si.
Máis info aquí 👇
acgb.gal/o-ulla-si-al...

4 months ago 3 3 0 0

Agardámosvos a todas nesta sesión na que veremos xuntas o documental, comentaremos a viabilidade actual da implantación da macrocelulosa e gozaremos dun vermut solidario posterior.

🌿Non faltedes!

4 months ago 0 0 0 0

Esta película nace dunha reflexión colectiva sobre os modos de vida nas comarcas galegas da Ulloa, o Deza e a Terra de Melide. Todas elas son áreas afectadas polo Proxecto Gama, das empresas Altri e Greenalia, que pretende instalar unha macrofábrica de celulosa na zona.

4 months ago 0 0 1 0
Post image

*PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL "O ULLA SI"*
🗓️ _Sábado 14 de decembro_
🕛 _12:00 h_
📍 _Ateneu Roig_

4 months ago 2 1 1 1
III Premio Letras Galegas Vivas

A Biblioteca Sabela Labraña, sección da ACGB, vén de proclamar gañadora do III Premio Letras Galegas Vivas a Olga Novo pola súa traxectoria poética. Até o 17 de novembro de 2026 será o seu ano. Noraboa!!!
acgb.gal/iii-premio-l...

5 months ago 2 2 0 0
Na foto unha pandeireteiras sorrí ao son da música.

Na foto unha pandeireteiras sorrí ao son da música.

O xoves 13 de novembro, @s 18h agora si, despois de ser adiada máis dunha vez, temos a Mario Cortizo no Centre de Cultura Popular La Violeta que nos falará de «As marxes da música. Creación contemporánea a partires de arquivos sonoros da tradición oral». Mario é un crack da composición de vangarda.

5 months ago 1 1 0 0
Post image

O día 15 de novembro, no Centre Artesà Tradicionàrius de Barcelona, ás 20:30 horas, poderemos gozar da música de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre. Podedes mercar as entradas en www.xabierdiaz.com

5 months ago 1 1 0 0
Post image

Como xa vos indicamos nunha publicación anterior, a Comisión Feminista da ACGB quere honrar, neste último trimestre do ano, a figura da docente e escritora luguesa Helena Villar Janeiro.

Toda a info aquí 👇

acgb.gal/reconecement...

5 months ago 7 5 0 1
Advertisement
Post image

Estes días temos no CCCB, en Barcelona, o Kosmópolis cun cartelón que inclúe nomes como Berta Dávila ou Yolanda Castaño. Cada xornada remata cunha actuación musical. O domingo estará no cenario a grandísima Mercedes Peón.

5 months ago 2 2 0 0
Preview
Aprendre la llengua i la cultura de Galícia al barri, una realitat gràcies a l'Aula de Galego de Sants Si vols aprendre gallec i endinsar-te en la cultura i les tradicions de Galícia, al barri de Sants ho pots fer gràcies als cursos de l'Aula de Galego de Sants. Aquest mes d'octubre tornen a començar e...

Aprendre la llengua i la cultura de Galícia al barri, una realitat gràcies a l'Aula de Galego de Sants - EL3 www.el3.cat/noticia/1033...

6 months ago 2 3 0 0
Post image

💡 𝗔𝗴𝗮𝗿𝗱𝗮́𝗺𝗼𝘀𝘁𝗲 𝗻𝗲𝘀𝘁𝗮 𝗧𝗮𝗯𝗲𝗿𝗻𝗮𝗱𝗮 𝗽𝗮𝗿𝗮 𝗵𝗼𝗻𝗿𝗮𝗿 𝗮 𝗖𝗮𝘀𝘁𝗲𝗹𝗮𝗼 𝗲 𝗰𝗼𝗻𝘀𝘁𝗿𝘂í𝗿 𝘅𝘂𝗻𝘁𝗮𝘀 𝘂𝗻 𝗲𝘀𝗽𝗮𝘇𝗼 𝗱𝗲 𝗺𝗲𝗺𝗼𝗿𝗶𝗮, 𝗮𝗿𝘁𝗲 𝗲 𝗹𝗼𝗶𝘁𝗮 𝗰𝗼𝗺𝗽𝗮𝗿𝘁𝗶𝗱𝗮.

7 months ago 0 0 0 0
Post image

docs.google.com/forms/d/e/1F....

𝗣𝗮𝗿𝘁𝗶𝗰𝗶𝗽𝗮 𝗻𝗼 𝗺𝗶𝗰𝗿𝗼 𝗮𝗯𝗲𝗿𝘁𝗼: Se non te queres comprometer como artista, lembra que o día que abra a Taberna poderaste anotar nunha lista pra participar no micro aberto 🎤. Animamos a todo o mundo a que comparta os seus talentos dunha maneira ou doutra. 🧵👇

7 months ago 0 0 1 0
Post image

𝘌 𝘳𝘦𝘤𝘰𝘳𝘥𝘢 𝘲𝘶𝘦 𝑝𝘰𝘥𝘦𝘴 𝘴𝘦𝘳 𝑝𝘢𝘳𝘵𝘦 𝘥𝘦𝘴𝘵𝘢 𝘰𝘶 𝘥𝘢𝘴 𝘴𝘦𝘨𝘶𝘪𝘯𝘵𝘦𝘴 𝘛𝘢𝘣𝘦𝘳𝘯𝘢𝘥𝘢𝘴

𝗣𝗮𝗿𝘁𝗶𝗰𝗶𝗽𝗮 𝗰𝗼𝗺𝗼 𝗮𝗿𝘁𝗶𝘀𝘁𝗮 𝗰𝗼𝗻𝘃𝗶𝗱𝗮𝗱𝗮 𝗱𝗲 𝗺𝗮𝗻𝗲𝗶𝗿𝗮 𝗶𝗻𝗱𝗶𝘃𝗶𝗱𝘂𝗮𝗹 𝗼𝘂 𝗴𝗿𝘂𝗽𝗮𝗹 🎨. Demostra a túa maxia cun espectáculo de aproximadamente 10 minutos e comparte a túa arte connosco! Podes inscribirte a través deste formulario: 👇🧵

7 months ago 0 0 1 0
Post image

Nun tempo de moitas loitas que resoan, é máis necesario ca nunca recuperar o seu espírito combativo e cheo de amor pola terra. 🔥🌍🍉

Haberá 𝗺𝘂́𝘀𝗶𝗰𝗮 🎶, 𝗽𝗮𝗹𝗮𝗯𝗿𝗮𝘀 ✍️, 𝗮𝗿𝘁𝗲 🎨 e 𝗰𝗼𝗻𝘃𝗲𝗿𝘀𝗮 𝗰𝗼𝗺𝗽𝗮𝗿𝘁𝗶𝗱𝗮 🗣️… e quen sabe, igual ata se deixa ver o propio Castelao 😉🎩.

7 months ago 0 0 1 0
Post image

Nesta ocasión propoñemos unha Tabernada moi especial: “𝗖𝗮𝘀𝘁𝗲𝗹𝗮𝗼 𝗲 𝗺𝗮́𝗶𝘀 𝗻𝗼́𝘀”.

Neste 2025, 𝗔𝗻𝗼 𝗖𝗮𝘀𝘁𝗲𝗹𝗮𝗼, queremos celebralo lembrando a súa figura e pensamento: artista, político, humanista e voz firme pola dignidade dos pobos.

7 months ago 0 0 1 0
Advertisement
Post image

📢 𝗣𝗿𝗼́𝘅𝗶𝗺𝗮 𝗧𝗮𝗯𝗲𝗿𝗻𝗮𝗱𝗮 📢

Este 𝗱𝗼𝗺𝗶𝗻𝗴𝗼 𝟱 𝗱𝗲 𝗼𝘂𝘁𝘂𝗯𝗿𝗼, de 𝟭𝟭:𝟬𝟬𝗵 a 𝟭𝟱:𝟬𝟬𝗵 📅, volvémonos atopar para a primeira Tabernada do curso no 𝗔𝘁𝗲𝗻𝗲𝘂 𝗥𝗼𝗶𝗴 (𝗚𝗿à𝗰𝗶𝗮) (📍www.google.com/maps/place//data=!4m2!3m...

7 months ago 2 1 1 0
Post image

Como moi probablemente xa saibades, nestas datas estamos a vivir unha terrible vaga de incendios, na que Galicia, e sobre todo a provincia de Ourense está a ser duramente castigada.
👇🧵

8 months ago 3 4 1 0
Post image

Tamén queremos expresar o noso agradecemento a toda a xente que está a traballar arreo para extinguir os lumes e protexer a nosa terra e patrimonio, cunha mención especial para os mortos e feridos nesta loita. 

Moita forza e moita choiva.

#ResponsabeisDimisión

8 months ago 0 0 0 0
Post image

Desde a ACGB, cun profundo sentimento de tristura e impotencia, queremos mostrar todo o noso apoio á todas as persoas que están sendo afectadas directamente por esta traxedia, tanto en Galicia, coma León, Zamora, Extremadura, Portugal e tantas outras zonas. 👇

8 months ago 0 0 1 0
Post image

que moitos veciños teñan perdido todo. O lume está a arrasar con xoias ecolóxicas coma o Courel, Pena Trevinca (misteriosamente silenciada no seu inicio por fontes oficiais), e ameazando zonas únicas coma o Teixedal de Casaio ou Picos de Europa, no que supón unha catástrofe tamén medioambiental. 👇

8 months ago 1 0 2 0