Advertisement · 728 × 90

Posts by USC

Post image

✂️ A @usc.gal reúne persoal experto internacional para abordar a transición cara a unha moda máis sustentable.

O International Workshop on Policy for Transition Towards Sustainable Fashion sector desenvólvese en @ecoadeusc.bsky.social

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...

15 hours ago 0 0 0 0
Post image

🟣 Submisión química e violencias sexuais, a análise nunha xornada en liña este xoves 9.

Organizada polas oficinas de igualdade de @usc.gal @udc.gal @uvigo.bsky.social

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...

16 hours ago 0 0 0 0
Post image

📚O estudante da Facultade de Humanidades Aarón Navia logra unha bolsa Fulbright para abordar como as Artes Vivas reflicten a Galicia contemporánea.

Realizará parte da súa tese de doutoramento no Dartmouth College de New Hampshire. Parabéns 🙌

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...

17 hours ago 0 0 0 0
Post image

🎵 Tradición e vangarda danse a man nas vindeiras citas da Primavera Cultural de @culturausc.bsky.social

O Certame de grupos musicais, o Curso de Primavera, o concerto de Kid Mount + ünder & Diego Flâneur e o Tradi-Fest son os eventos culturais máis inmediatos

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...

5 days ago 0 0 0 0
Post image

🚀 Aberta a segunda convocatoria de @euniwell.bsky.social Champions! Persoal investigador sénior da @usc.gal pode presentar solicitudes ata o 29 de abril

Cada Champion recibirá ata 15.000€ para desenvolver actividades durante 6 meses como embaixador/a de EUniWell

🗞️ www.usc.gal/gl/euniwell/...

6 days ago 1 1 0 0
Post image

🍕 USC Emprende lanza na @facultadadelugo.bsky.social unha nova actividade de intercambio de experiencias 👉 ‘Pizzas con Emprendedores e Emprendedoras’ 😋

É imprescindible realizar a inscrición antes do día 7 de abril! Apúntate!

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...

1 week ago 0 0 0 0
Post image

🕍 Kosmotech 1200 presenta a restauración dixital do retrato do Mestre Mateo no Pórtico da Gloria, ‘o santo dos croques’.

O proxecto restitúe a plenitude estética da figura e revela aspectos descoñecidos do seu significado.

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...

1 week ago 35 14 0 2
Post image

👨‍💻 Bota a andar o terceiro Concurso de edición da Galipedia!

O certame terá en conta as edicións feitas dende o 16 de abril de 2026 até o 20 de setembro.

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...

1 week ago 1 0 0 0
Post image

📲 Edicións USC lanza en liña e de balde dúas novas obras da @facom-usc.bsky.social arredor dos chatbots orientados ao valor público

Ambos os volumes están coordinados polos profesores Isaac Maroto e Miguel Túñez

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...

1 week ago 0 0 0 0
Advertisement
Post image

📣 Abre a décima convocatoria Seed Funding de @euniwell.bsky.social para proxectos innovadores e colaborativos.

Ata o 17 de maio, calquera membro da comunidade universitaria pode presentar propostas que impulsen o benestar.

🗞️ www.usc.gal/gl/euniwell/...

1 week ago 0 0 0 0
Post image

🍃 O @cretus.usc.gal identifica novas estratexias para eliminar pesticidas persistentes nos solos

A investigación de Zoe Chaos céntrase no hexaclorociclohexano, empregado en agricultura no século XX ata que a ciencia confirmou a súa toxicidade

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...

1 week ago 1 0 0 1
Post image

🔝O ránking QS sitúa a @usc.gal entre as mellores universidades do mundo nun total de 22 eidos temáticos

Odontoloxía no chanzo 51-150 e Farmacia no 97 son os ámbitos nos que a Universidade de Santiago de Compostela acada unha mellor posición

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...

1 week ago 2 2 0 0
Post image

📈 A @usc.gal pechou 2025 cun superávit orzamentario de 1,02 millóns de euros

O reitor Antonio López presidiu o seu derradeiro Consello de Goberno dando conta do informe de situación das contas da institución

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...

1 week ago 2 0 0 0

🎙️Este martes no campus de Lugo da @usc.gal!

2 weeks ago 1 1 0 0
Post image

📢 Publicada a proclamación definitiva da profesora @rosacrujeiras.gal como reitora electa da @usc.gal

O acto de toma de posesión será o
📆10 de abril
⏰ ás 11.30 horas
📍no Salón Nobre do Colexio de Fonseca

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...

2 weeks ago 6 1 0 0
Post image

💧O 97% da auga está no océano. Só o 2,5% é terrestre e doce e só o 0,078% serve para consumir.

Ciencia á Feira, o proxecto de ciencia comunitaria de @xuvenciencia.bsky.social, explícache que cada pinga importa con motivo do #DíaDaAuga o 22 de marzo.

▶️ www.youtube.com/watch?v=2fdy...

2 weeks ago 0 1 0 0
Post image

🗣️ A #AxendaUSC vén ateigada de divulgación tanto en Lugo como en Santiago!

Encontros de Lúa Chea, Nerd Nite, Microaberto... e moito moito máis!

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/ev...

2 weeks ago 1 0 0 0
Post image Post image Post image Post image

📸A Cátedra Juana de Vega inaugurou en Fonseca a mostra ‘Mulleres e comercio na Galicia, séculos XIX e XX’, unha exposición impulsada por @culturausc.bsky.social que reivindica o legado das mulleres como motor económico e social

Pode visitarse no claustro alto ata o 30 de abril. Agardamos por vós 🥰

2 weeks ago 2 2 0 0
Post image

👓A Nerd Nite de marzo, un paseo polo mundo molecular da man do @ciqus.bsky.social

Será o 26, ás 20.30h, na Nave de Vidán, con Diego Peña, Rebeca García e Pablo del Pino. As Nerd Nites están coordinadas por @jorgemirausc.bsky.social co pulo de @culturausc.bsky.social

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...

2 weeks ago 3 3 0 0
Advertisement
Post image

🔬 O proxecto do @cretus.usc.gal ReWoW mudará o resultado da descomposición anaeróbica da materia orgánica en materia prima para unha nova bioeconomía.

Foi seleccionado na convocatoria Horizon-EIC-2025-Pathfinder de entre máis de 2.000 propostas.

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...

2 weeks ago 0 0 0 0
Post image

👩‍⚖️ A @usc.gal, finalista na primeira Moot Court Laboral.

Catro estudantes de @dereitousc.bsky.social foron seleccionados entre máis de 50 candidaturas. Parabéns!!!😄

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...

2 weeks ago 0 1 0 0
Post image

😷 O @ciqus.bsky.social lidera un proxecto internacional para mellorar o diagnóstico da COVID persistente

Financiado pola Schmidt Initiative for Long Covid, o equipo desenvolverá ferramentas baseadas en proteínas que melloren a diagnose

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...

3 weeks ago 1 1 0 0
Post image

🌞 Unha exposición fotográfica de @culturausc.bsky.social visibiliza a realidade do albinismo en África.

Organizada pola ONG Beyond Suncare, ‘Iguais baixo o sol’ pode visitarse ata o 28 de marzo no Colexio de Fonseca.

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...

3 weeks ago 0 1 0 0
Post image

📣 A #AxendaUSC vén cargadiña de actividades ás que non podedes faltar!

Exposicións, xornadas e moito máis! Consulta xa todos os eventos da @usc.gal

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/ev...

3 weeks ago 0 2 0 0
Post image

🏀A @usc.gal acada o primeiro posto na clasificación por equipos nos Campionatos Galegos Universitarios de Deportes Colectivos.

Nesta edición, a organización do campionato correu a cargo da USC que acolleu as distintas xornadas da competición no Campus de Lugo.

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...

3 weeks ago 1 0 0 0
Post image

👩‍🎓 A profesora @rosacrujeiras.gal, elixida primeira reitora na historia da @usc.gal!

A catedrática de Estatística e Investigación Operativa obtivo un total de 1.397 votos ponderados, fronte aos 721 que acadou Maite Flores.

Parabéns 🙌

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...

3 weeks ago 8 3 0 0
Post image

📩 Vota e elixe a túa reitora!

Lembra que podes facelo ata as 18.00 horas nesta ligazón 👇

📲 aplicacions.usc.es/axe/publica

3 weeks ago 3 1 0 0
Post image

🔬 Unha estratexia sintética híbrida co selo do @ciqus.bsky.social permite crear arquitecturas moleculares ata o de agora inalcanzables

A investigación está liderada por Luis M. Mateo e Diego Peña

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...

3 weeks ago 1 0 0 0
Advertisement
Post image

🏃A @usc.gal, primeira na clasificación por equipos no Campionato Universitario de Orientación Xunta de Galicia

A UVigo resultou en segundo lugar e no terceiro a UDC. Tanto na categoría feminina como na masculina individual,a USC quedou en segunda e terceira posición.

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...

3 weeks ago 0 0 0 0
Post image

🟣 A @usc.gal reafírmase como espazo comprometido co feminismo e contra o negacionismo.

A institución conmemorou o Día Internacional das Mulleres cun acto oficial no que se recoñeceu o Arquivo Histórico Universitario pola súa contribución á igualdade de xénero na USC.

🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...

4 weeks ago 1 0 0 0