A bandeira LGBTI coa serea de Castelao no centro, no medio da manifestación do BNG na Quintana ateigada de xente.
E outro #diaDaPatriaGalega que foi.
Creo que desta volta a afluencia na manifestación foi espectacular, maior que outros. E vin un par de persoas que nunca contei ver nunha mani do #BNG.
Dixo Ana Pontón que había que ensanchar a organización a toda a xente que leva a #Galiza na cabeza e no corazón