Henrique Monteagudo: “O papel castelanizador da escola dáse non só na aula, senón tamén nas relacións entre pares”
Henrique Monteagudo, unha das voces máis recoñecidas na sociolingüística galega, é profesor da Universidade de Santiago de Compostela, foi secretario do Consello da Cultura Galega e é membro da Real Academia Galega. Monteagudo leva décadas estudando a evolución do galego e analizando os retos da súa normalización. A súa traxectoria académica e investigadora abrangue dende a historia social da lingua ata o impacto das políticas lingüísticas, sendo unha referencia indispensable no debate sobre o futuro do galego.