Advertisement · 728 × 90
#
Hashtag

#Lectura_rematada

Advertisement · 728 × 90
Post image

#Lectura_rematada
+ Unha mostra da Ilustración: un anceio de mellora usando a lóxica, a razón e a didáctica. Hoxe as fábulas asócianse cos cativos; en realidade eran pezas pedagóxicas dirixidas ós adultos.
- A obsesión coa utilidade ante todo fai que Iriarte, nunca gran poeta, sexa ramplón ás veces.

0 0 0 0
Post image

#Lectura_rematada
+ Interés sociolóxico; obriña pulp que ten éxito avasallador en Europa; contribúe ó mito da "boa Alemaña", un exército e sociedade que non eran nazis nin tiñan que ver coas súas atrocidades (mito creado na Guerra Fría pra sumar o país ó bloque anticomunista)
- Calidade ínfima.

1 0 0 0
Post image

#Lectura_rematada
+ Interesante análise das interpretaciós, reinterpretaciós e terxiversaciós da Guerra da Independencia ao longo do tempo, así como a súa importancia para a xénese e discusión de termos políticos coma "cidadán", "nación", etc...
- Algún que outro leve anacronismo.

0 0 0 0
Post image

#Lectura_rematada
+ Estilo barroco e recargado que racha co realismo social dos anos 50.
+Pioneira no uso de novas voces narradoras coma o indirecto libre ou o fluxo da consciencia.
- Libro duro e áspero; a dificultade do estilo pode escorrentar ó lector.

2 0 0 0
Post image

#Lectura_rematada

+ Estilo conceptista e tacitista, moi propio dos escritores morais da época (Quevedo, Saavedra Fajardo, Gracián...).
+ Costumbrismo humorístico e deformante.
- As partes didácticas e moralizantes fanse pesadas.
- Retórica e argumentos moi convencionais.

0 0 0 0
Post image

#Lectura_rematada.

+ Historia do terror en tapa branda dende os seus inicios ata a súa fin nos 90, contada con humor, xeito e moito amor.
+ O apartado gráfico do libro é espectacular.
- Imprescindible lelo en inglés. A edición española está tan espantosamente traducida que semella feito con IA.

1 0 0 0
Post image

#Lectura_rematada
+ Louvable intento de crear unha literatura fantástica de raigame hispana, tanto na parte creativa coma na teórica.
- Os contos son moi desiguais (hai un que é un plaxio descarado de Shirley Jackson).
- A categorización epistemolóxica do "agrohorror" resulta feble e pouco motivada.

3 1 0 0
Post image

#Lectura_rematada

+ Tal vez a millor obra de fantasía endexamáis escrita e ó tempo unha deconstrucción do xénero e do lector promedio.
+ Imaxinación desbordante combinada cunha estructura narrativa rigurosa e organizada arredor duns poucos símbolos fundamentais.
- Mágoa que non sexa "interminable".

6 1 3 0
Post image

#Lectura_rematada

- ¿Rematada? HahaNON.
- Se me queixaba do anterior pastiche, a carón diste semella o Quixote.
- O conde é un James Bond de feira, Sherlock Holmes é o Captain Obvious e enriba [SPOILER ALERT] invéntase que Holmes é fillo de Drácula.
- Chamalo "disparate" é pouco.

0 0 0 0
Post image

#Lectura_rematada

- Previsible coma pastiche e insatisfactoria coma novela de detectives.
– As personaxes seméllanse máis ás súas versiós cinematográficas cás literarias.

0 0 0 0
Post image

#Lectura_rematada
+ Parodia da novela negra, baseada no esperpento, na dislocación da linguaxe e transposición dos tropos de xénero a unha realidade picaresca e sórdida.
- Humor de achádegos desiguais e ás veces demasiado coxuntural.
- Trama incoherente.

2 0 0 0
Post image

#Lectura_rematada

- Por que me manco a min mesmo lendo estas merdas, por que?

0 0 0 0
Post image

#Lectura_rematada
- Deslabazada, torpe, desparexa, son 378 páxinas e tarda 200 en comeza-la trama.
- Os excesos patéticos ou humorísticos das personaxes son tan esaxerados que semellan monicreques doentes de perlesía.

0 0 0 0
Post image

#Lectura_rematada
+ Castelao no cumio da súa habilidade como narrador e ilustrador, posuidor dun estilo moderno que suxire e conta cuns poucos escollidísimos trazos.
+ Se OS DOUS DE SEMPRE ten influencias picarescas, ista é unha sátira menipea canónica.
- Fío argumental inexistente, final abrupto.

0 0 0 0
Portada do libro THE RESORT, escrito por Bentley Little.

Portada do libro THE RESORT, escrito por Bentley Little.

#Lectura_rematada
- Só hai unha cousa peor que Stephen King, e é un mal imitador de Stephen King. Mala copia do RESPLANDOR mesturada cun bo chisco de HELL HOUSE de Richard Matheson.

Disque Little é gañador do Bram Stoker; o Bram Stoker debe de se-lo Premio Planeta do terror.

0 0 0 0