Por un futuro no que as nosas fillas e netas teñan o dereito e a liberdade de falar en galego.
#LinguaVital #QueremosGalego
👅 A alcaldesa de Santiago, @goretesrei.bsky.social , e outros integrantes da corporación representaron ao Concello no acto impulsado por Queremos Galego para presentar o protocolo #linguavital
Abonda de desleixo! 🗣️ Os acordos internacionais e o Plan de Normalización son papel mollado mentres o galego perde falantes.
Se as institucións desertan, a sociedade reacciona. Hoxe #QueremosGalego presenta o protocolo de actuación #LinguaVital para pasar á acción. ✊
A plataforma @queremosgalego.gal avanzoulle á Real Academia Galega as principais conclusións do proceso social #LinguaVital, que se presentará o 14 de marzo nun acto público na praza da Quintana de Santiago de Compostela baixo o lema “Paremos a emerxencia lingüística”.
academia.gal/-/queremos-g...
A nosa compañeira, Sol Agra, responsábel do Grupo de Traballo de Lingua e Deputada Provincial, participou na rolda de prensa de Queremos Galego, na que se anunciou que o 14 de marzo se darán a coñecer os resultados do proceso #LinguaVital, nunha asemblea aberta na Quintana.