#VellasNovas | “Hoxe lin que en Miami houbo unha manifestación de cubanos pedindo que derrubasen o Goberno á forza, ou sexa, practicamente pedindo unha invasión. Non che vou dicir o que penso de quen quere que invadan e bombardeen ao seu propio país”, afirma o cantautor cubano Silvio Rodríguez.
EEUU representa unha ameaza para España e o seu presidente, Donald Trump, constitúe un perigo para a paz mundial. Ante esta situación, o Goberno español debe explorar vías para reducir a dependencia de América do Norte. Estes foron algúns dos temas centrais abordados en #VellasNovas.
#EMUGA
#VellasNovas | A xente do común rebélase contra as políticas de Trump tamén nas rúas de Estados Unidos de América. As manifestacións evocan as protestas contra a guerra do Vietnam. Sorprende a utilización da policia antiinmigración do ICE, que visten máis como militares que como forzas da orde.
#VellasNovas | O Entroido é unha das celebracións máis antigas e singulares de Galicia.
www.radiofusion.gal/actualidade/...
#Radiofusión #SonRadiofusión #EMUGA #podcast
#VellasNovas | O primeiro venres negro foi en maio de 2018. Desde aquela a maior parte do persoal da CRTVG viste de negro todos os venres para demandar o cumprimento da lei por parte da Radio Galega e da Televisión de Galicia.
#VellasNovas | O matonismo parece imperar nas relacións internacionais en lugar do Dereito, da ética e do multilateralismo. Tamén o petroleo era a razón para o desembarco de EEUU en Venezuela e a captura do seu presidente Nicolás Maduro.
#VellasNovas | Por que saen máis caras as patacas galegas que as que veñen de Francia?, preguntouse Carme Romero. As condicións de produción en Francia, Marrocos ou Exipto son distintas que en Galicia.
www.radiofusion.gal/actualidade/...
🎙️Vellas Novas🎙️
#VellasNovas nace coa intención de poñer en antena as conversacións entre amigos arredor dun café. É unha tertulia sobre temas de actualidade con Emilio Romero, Xaquín Marín, Manolo do Val, Anxos García, Carme Romero e Lan Couce, en A Fenestra de Radio Fene.