Advertisement · 728 × 90
#
Hashtag
#anoCastelao2025
Advertisement · 728 × 90
Post image Post image

No @concellodetomino hoxe, este mural fermosísimo de BEIS
#anocastelao #descubrecastelao #anocastelao2025

1 0 0 0
Post image Post image Post image Post image

Este mediodia, inaugurouse na Fundación Vicente Risco, a exposición permanente “VICENTE RISCO E CASTELAO: GALIZA COMO PROXECTO VITAL” dentro da programación de actividades do #anocastelao

📍Rúa San Lourenzo, 3. Allariz (Ourense)
#anocastelao #anocastelao2025 #galiza #vicenterisco #castelao

0 0 0 0
Post image Post image Post image Post image

Onte tivo lugar a entrega dos premios #albadecompostela
A #FundaciónCastelao recibiu o galardón do recoñecemento especial, que recolleu o seu presidente D. Miguel Anxo Seixas Seone nun acto cheo de emotividade, memoria e vontade futuro.
Outro día para o recordo neste #anocastelao2025 🤍🩵

1 0 0 0

Agradecemos á organización do FESTIVAL ATLÁNTICA polo convite a este acto tan significativo no marco do #anocastelao2025

0 0 0 0
Preview
Antes de nós - Cinema - DUPLEX DUPLEX Cinema. Ferrol

❗ Maña domingo ás 17:30 teremos de novo á directora de ANTES DE NÓS, Ángeles Huerta, para un novo pase con presentación e coloquio.
Facédevos coa vosa entrada!
duplexcinema.com/gl/filmes/an...
#antesdenós #duplexpresenta #ferrol #cinemagalego #anocastelao #anocastelao2025

0 0 0 0
Post image

#dibucedario2025
co Z: ZUME
Como esencia da terra, esencia do esforzo e do traballo. Como metáfora da identidade, da cultura e das tradicións
#anoCastelao2025

1 0 0 0
Post image

#dibucedario2025
co Y: YANKI
Critica contra o imperialismo, o poder e a explotación, tanto o imperialismo económico como o imperialismo cultural e social
#anoCastelao2025

1 0 0 0
Post image

#dibucedario2025
co X: XUSTIZA
A loita universal pola xustiza social e cultural, onde se respecten os dereitos do pobo, a sua lingua e as súas tradicións. Unha xustiza en defenda dos mais desfavorecidos
#anoCastelao2025

0 0 0 0
Post image

#dibucedario2025
co W: World
Simbolizaría a visión universal da loita pola libertade, a igualdade e a dignidade
#anoCastelao2025

2 0 0 0
Post image Post image Post image

Descubrimos os mosaicos dos romanos..
e pensamos: “como sería a obra de castelao si fixera mosaicos dos seus debuxos??”
#anoCastelao2025

0 0 0 0
Post image

#dibucedario2025
co U: UNIDADE
a unidade dun pobo para defender o seu, como resistencia social e cultural e como loita colectiva
#anoCastelao2025

3 0 0 0
Post image

#dibucedario2025
co T: TERRA
Terra como pobo, terra como identidade, pero tamén terra como loita dos campesiños, mulleres e mariñeiros contra a miseria e a explotación
#anoCastelao2025

1 0 0 0
Post image

#dibucedario2025
co S: SOLIDARIDADE como unidade, xustiza social, forza colectiva e universalidade
#anoCastelao2025

3 1 0 0
Post image

#dibucedario2025
co R: RAICES
Pero non só refirindose ao noso, senón tamén nun significado universal que nos une ao pasado pero con vistas nun futuro mellor.
Raíces como significado de forza, persistencia e resistencia
#anoCastelao2025

2 0 0 0
Post image

#dibucedario2025
co Q: QUERENCIA
como amor á terra, ás raíces, a identidade cultural que nos define como pobo, aos valores e tradicións dos nosos antergos
#anoCastelao2025

4 0 0 0
Post image

#dibucedario2025
co P: POBO
Verdadeira esencia de Galicia, da súa cultura, lingua e tradición. Portador da memoria colectiva e motor do cambio social
#anoCastelao2025

3 0 0 0
Post image

#dibucedario2025
co O: OPRESIÓN

encapsula:
1. A explotación humana, a pobreza, as condicións laborais precarias e o abandono institucional.
2. A marxinación cultural e lingüística
3. A emigración forzada consecuencia de moitas das decidións políticas
#anoCastelao2025

1 0 0 0
Post image

#dibucedario2025
co Ñ: SOUTIÑO

Fai referencia a un pequeno souto (un lugar onde medran castiñeiros) e
Representa
1. A humildade e a sinxeleza dun pobo traballador
2. A conexión coa terra
3. A resistencia dun ecosistema autóctono fronte aos abusos externos.
#anoCastelao2025

5 0 0 0
Post image

#dibucedario2025
con N: NÓS

NÓS como colectivo e unidade
NÓS como defensa dunha identidade
NÓS como forza e sinxeleza
NÓS como universalidade
#anoCastelao2025

1 0 0 0
Post image

#dibucedario2025
co M: MEMORIA

A memoria é esencial para preservar a identidade, a historia dos pobos.
Manter vivos os recordos das inxustizas, do exilio, da emigración e da loita pola dignidade colectiva para que o pasado sirva como lección para o futuro
#anoCastelao2025

1 0 0 0
Post image

#dibucedario2025
co L: LIBERDADE

liberdade política, social e cultural dos pobos. Liberdade como defensa das linguas, das tradicións e da dignidade dun pobo
Liberdade como responsibilidade colectiva
#anoCastelao2025

3 0 0 0
Post image

#dibucedario2025
co K: KILÓMETROS
Simbolizando a distancia recorrida polos emigrantes que deixaban e deixan a súa terra natal por un futuro mellor
#anoCastelao2025

3 1 0 0
Post image

#dibucedario2025
que me esquecera do H

co H: HUMANIDADE
Humanidade como compromiso ético e social
Humanidade como empatía
Humanidade como universalidade
Humanidade como reflexión e critica social
#anoCastelao2025

4 0 0 0
Post image

#dibucedario2025

co J: JORNAL

Este termo, salario en portugués, ten un forte vínculo co traballo e coa loita diaria dos campesiños, mulleres e obreiros. Simboliza a precariedade e a explotación laboral, o dereito a un traballo digno
#anoCastelao2025

3 0 0 0
Post image

#dibucedario2025

co letra I: “INXUSTIZA”

inxustizas como a desigualdades sociais, a pobreza e a opresión que sufrían, principalmente, as mulleres, os campesiños e os mariñeiros
#anoCastelao2025

1 0 0 0
Unha recreación do discurso "Alba de gloria" de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Unha recreación do discurso "Alba de gloria" de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao YouTube video by Consello da Cultura Galega

unha cousiña para os do Castelao caricaturista, pintor ou escritor:

Castelao foi ante todo político, foi exiliado, demócrata, repudiado, refuxiado, antifranquista, republicano e galeguista

que non se vos esqueza neste #anoCastelao2025

youtu.be/0TzduLWOVwE?...

2 1 0 0
Post image

#dibucedario2025
co G: GALICIA
Para Castelao, Galicia foi moito máis ca unha terra: foi un símbolo de identidade, cultura, lingua e loita. Toda a súa obra xirou arredor da defensa da nosa terra, destacando as súas tradicións, a súa xente e a súa historia.
#anoCastelao2025

4 1 0 0
Post image

#dibucedario2025
co F: FUTURO

“futuro” como esperanza nun porvir mellor para Galicia, baseado na dignidade, na igualdade e no respecto pola identidade galega.
#anoCastelao2025

0 0 0 0
Post image

#dibucedario2025
co E: ESPERANZA
Esperanza nun futuro mellor para Galicia. A palabra “esperanza” representa a crenza de Castelao na capacidade do pobo galego para superarse, manter viva a nosa cultura e acadar a liberdade e a dignidade.
#anoCastelao2025

2 0 0 0
Post image

#dibucedario2025
co D: DIGNIDADE
dignidade do pobo galego, tanto desde o punto de vista social como cultural. Castelao denunciou as inxustizas e as desigualdades, e loitou pola igualdade e os dereitos fundamentais das persoas.
#anoCastelao2025

1 0 0 0