É DICIR OU QUER DICIR
Esta locución adverbial que une dúas palabras ou frases pra explicar ou rectificar a enunciada en primeiro lugar ten dúas formas na nosa lingua, na primeira se segue o modelo do castelán: “ _es decir_ ”, e na segunda o do portugués: “ _quer dizer_ ”.
A locución ten varios sinónimos que tamén están presentes nos dous idiomas que actúan como modelos prá nosa lingua:
Isto é – isto é (pt) – esto es (es).
A saber – a saber (pt) – a saber (es).
Ou sexa – ou seja (pt) – o sea (es).
Noutras palabras – noutras/em outras palavras (pt) – en otras palabras (es).
Ou mellor – ou melhor (pt) – o mejor (es).
Mais:
Mellor dito, por mellor dicir – Melhor dizendo (pt) – Mejor dicho (es).
Aínda que as dúas locucións que encabezan o texto son correctas na nosa lingua, o senso de “quer dicir” é máis nidio có de “é dicir”, proveniente da expresión: “querer dicir”, sinónima do verbo “significar”, e amais achéganos ao portugués e diferéncianos do castelán.