🫱🏾🫲🏾🗣️ Onte inauguramos no ILG o noso Punto de Igualdade.
🟰 Un novo espazo creado pola Comisión de Xénero e Igualdade do Instituto, pensado para ofrecer información, apoio e protección a todas as persoas do centro e da USC.
Agradecémoslle a presenza a Sonia Esperanza Rodríguez Boente.
#ilgUSC #USC8M
Feliz día da Candeloria!! ❤️🐦🐦❤️
"Cando a Candeloria chora, medio inverno vai fóra; que chore, que deixe de chorar, mitá do inverno está por pasar".
Dito recollido no 'Dicionario de dicionarios'.
ilg.usc.gal/ddd/
#ilgusc #Candeloria #inverno #Dicionariodedicionarios
O xoves 27, visita do alumnado STEMbach do IES Xelmírez II para coñecer o ILG e o proxecto Nós.
Elisa Fernández e Adina Ioana Vladu ofrecéronlles unha práctica sobre recoñecemento automatizado da fala no impulso do galego na IA.
#ilgusc #proxectoNós #STEMbach #IA #LinguaGalega @nos.gal
No #25N lembramos que a lingua tamén é ferramenta de transformación social. O ILG traballa para que o galego sexa espazo de igualdade, respecto e dignidade.
Fronte á violencia machista, nin un paso atrás. 💜
#ilgusc #USC #InstitutodaLinguaGalega #UniversidadedeSantiagodeCompostela @universidade_usc
🌰🌰🌰🌰 "Por san Martiño faise o magosto con castañas asadas e mosto."
Dito recollido no 'Dicionario de dicionarios'
#ilgusc #USC #InstitutodaLinguaGalega #UniversidadedeSantiagodeCompostela @usc.gal #PatrimonioLéxicodaGallecia #sanMartiño #castiñeiro #magosto #castaña
#MulleresUSC #USC8M #DíaInternacionaldaMuller #8deMarzo
As mulleres do ILG sumámonos ao lema 📢"Para TODAS as mulleres e nenas: Dereitos. Igualdade. Empoderamento."
#ilgusc #USC #InstitutodaLinguaGalega #UniversidadedeSantiagodeCompostela @usc.gal
O pasado xoves 27 celebramos no ILG o noso Xantar de Comadres, organizado polos nosos compañeiros, que nos permitiu gozar dun divertido e agradable momento de convivencia.
#Entroido #Entroido2025 #XantardeComadres #ilgusc #USC