🟢En 2025 atendemos, a través do programa Itínere, a 477 persoas privadas de liberdade en distintos centros penais de Galicia, acompañándoas nos seus procesos de incorporación social e laboral.
🔗 Máis info en fundacionerguete.org/datos_anuais...
#Itíenre #mediopenal #FundaciónÉrguete
😻Visitamos o Centro Municipal de Animais de Compañía do @concellodacoruna.bsky.social, unha saída incluída no Servizo de Orientación Laboral no Medio Penal que desenvolvemos no marco do programa FOAXE-P da Deputación.
#ServicioDeOrientaciónLaboralEnMedioPenal #foaxep #mediopenal
🌸Dende o taller de arranxos florais que levamos a cabo no CIS da Coruña agasalláronnos con este mural tan fermoso para o noso despacho! 🌿💐
Moitísimas grazas a tódalas persoas participantes por este detallazo!🥰
#FundaciónÉrguete #mediopenal
🖥️ No centro penal de Pereiro de Aguiar desenvolvemos un curso de informática básica no que participaron 8 mulleres privadas de liberdade.
#programaItínere #mediopenal #formaciónparaelempleo #mujeresenmediopenal
fundacionerguete.org/curso_inform...
🟢Oito persoas privadas de liberdade no CIS da Coruña participan nunha nova edición de terapia equina, actividade que realizamos no marco #programaItínere e coa que procuramos mellorar o benestar emocional e a preparar o camiño cara á inserción socio-laboral.
#TerapiaConCaballos #mediopenal
🎉🎉A pasada fin de semana participamos no primeiro "Feirón en Rede" organizado por @carballo_gal, onde puidemos amosar o noso traballo e facer unha pequena demostración en vivo dun dos nosos últimos proxectos: #TecendoRedes.
#mediopenal #proxectoTecendoRedesFEI
🟣Co gallo do #8M, participamos nun acto no centro penal de Pereiro de Aguiar no que quixemos repasar os dereitos alcanzados polas mulleres ao longo dos séculos XIX, XX e XXI.
#mediopenal #mulleresenmediopenal #mujeresenmediopenal