Atención! Nova escavación arqueolóxica no Castro de Elviña! 😉
Un grupo de peques coñeceu hoxe o xacemento e descubriron os restos do noso pasado. #MuseosHistoricosCoruna #CulturaCoruña #arqueoloxiaviva #museoaberto
Hoxe coñecemos os xogos máis comúns da antiga Roma, e probamos a nosa destreza e sorte para tratar de superar algúns deles. Por último creamos un tres en raia! 🏰☀️
#MuseosHistoricosCoruna #CulturaCoruña #arqueoloxiaviva #museoaberto
No taller deste sábado de verán descubrimos as pezas e os lugares máis curiosos que alberga o Museo do Castelo de San Antón. A través de quebracabezas e xogos grupáis conseguiremos atopar os tesouros do pasado e coñecer a nosa historia.🏰☀️😍
#CulturaCoruña #arqueoloxiaviva #museoaberto
No obradoiro infantil de hoxe, descubrimos a técnica milenaria do REPUXADO, que puxemos en práctica con diferentes materiais, ferramentas e moita imaxinación. 🌞🏰 #MuseosHistoricosCoruna #CulturaCoruña #arqueoloxiaviva #museoaberto
Esta fin de semana temos visitas guiadas en S. Antón e no Castro de Elviña! Podes descubrir o Museo Arqueolóxico e Histórico o sábado día 5 ás 12 h, e o xacemento de Elviña o sábado 5 ás 19 h. e o domingo ás 12 h.
☎️ Reserva praza no 981189850
#CulturaCoruña #xacementovivo #museoaberto
Lembra que do 1 de xullo ata o 31 de agosto, o Museo Arqueolóxico do Castelo de S. Antón, amplía o seu horario! ☀️🏰
Podes visitarnos de martes a sábado de 10 a 21 h. e domingos e festivos de 10 a 15 h. (Taquilla aberta ata media hora antes do peche). Esperámoste!
#CulturaCoruña #museoaberto
Chegan os obradoiros de verán ao Museo Arqueolóxico e ao Castro de Elviña!☀️ Inscríbete a partir do mércores día 25 ás 10.00h.
🚨Cada nena/o poderá asistir a un máximo de 2 obradorios dos 9 ofertados.
Info no seguinte enlace 👇🏼
www.coruna.gal/cultura/gl/a...
#CulturaCoruña #xacementovivo #museoaberto
Tarde de celebración en San Antón con Noct para festexar os 15 anos de Locais de ensaio! Tivemos un taller de estampación natural en tote bag 🍁🛍️, un de crochet 🧶 e un de fotografía creativa 📸
Dentro de nada... DIRECTOS NO CASTELO!
🏰🎸🥁
#CulturaCoruña #MocidadeCoruña #museoaberto
Moitas grazas a todos por celebrar connosco este Día Internacional dos Museos 2025!!
#DIM2025 #MuseosHistoricosCoruna #Museoarqueoloxicocastillodesananton #CulturaCoruña #museoaberto
Rematamos as actividades do Día Internacional dos Museos no Castelo de S. Antón cun fantástico concerto do Coro Cantabile, que interpretou o Requiem de Mozart. 🎼👏🏼
Seguimos coa Noite dos Museos ata as 24:00h.🌖🏰
#DIM2025 #Museoarqueoloxicocastillodesananton #CulturaCoruña #museoaberto
Seguimos festexando o Día Internacional dos Museos con visitas guiadas e obradoiros de repuxado para nen@s e adult@s.🏰
#DIM2025 #MuseosHistoricosCoruna #Museoarqueoloxicocastillodesananton #CulturaCoruña #museoaberto
Nesta mañá do Día Internacional dos Museos, percorremos o Museo de S. Antón nunha visita guiada 🏰, e os mais peques divertíronse cos antigos xogos romanos. 🧩☀️
#DIM2025 #MuseosHistoricosCoruna #Museoarqueoloxicocastillodesananton #CulturaCoruña #museoaberto
Hoxe, no Museo Arqueolóxico de S. Antón, sairon da vitrina, para unha investigación, as láminas de sílex do Dolmen de Dombate (Cabana de Bergantiños) e a necrópolis megalítica de Parxubeira (Mazaricos)
🔬✏️💻
#Museoarqueoloxicocastillodesananton #CulturaCoruña #museoaberto #arqueoloxiaviva