Desde a aula baleira, soñando mundos.
Posts by David Paz Nóvoa
Portada do Fanzine "Erros de Raccord", editado por Obradoiro Dixital Galego. Mostra un fotograma de Sempre Xonxa, de Chano Piñeiro, en branco e negro, sobre o que se le o título do fanzine
3, 2, 1... dentro Erros de Raccord! 📽️🎞️
En Obradoiro Dixital Galego damos a benvida á nova publicación do sector cinéfilo da nosa asociación ✨ Canles como A Corte do Director, Cinema Caníbal, Kinocube, Galician Freaky Film Festival, Lilium e a Caixa Negra da Nostromo argallaron un fanzine ... (1/3)
Lembraremos tamén o ourensán Xerardo Álvarez Gallego no 125 aniversario do seu nacemento, autor dunha das obras máis emocionantes da historia do galeguismo: a vida, paixón e morte de Alexandre Bóveda.
Se podemos, o venres pola noite estaremos en directo para falar do Culturgal, que ten lugar esta fin de semana en Pontevedra e no que o @obradoirodixital.bsky.social participará por terceiro ano consecutivo.
twitch.tv/madialevo
youtube.com/madialevo
Carril.
Hai 4 anos
Antón Avilés de Taramancos
Temos o noso propio goberno en contra. Non vos parece xa suficientemente difícil a misión como para enlearnos entre nós?
Sinalar a quen non fala galego ou a quen o fala mal é dunha torpeza maiúscula. Fóra do ámbito escolar, só se corrixe a aquelas persoas que desexan ser corrixidas. Teremos que dar algunha alternativa algo máis intelixente, digo eu.
Proxectos que unan a xente, que sexan atractivos, que desenvolvan a nosa tendencia natural a traballar en equipo, a compartir, a colaborar. O estado actual da lingua non permite erros.
Non podo dicir máis por non comprometer a ninguén, pero a galegofobia que temos instalada na administración educativa deste país (delegación de Pontevedra) é para flipar 🤮
A maior responsabilidade dos que defendemos a lingua galega é non errar nas estratexias.
A túa rede social favorita, durante un tempo.
Postal dun día diáfano
Azul como a nosa bandeira 🩵
Vermello como o corazón de toda esta xente ❤️
Impartín no ano 2004 unha conferencia sobre os inicios do cine en Ourense e, despois da morte do meu pai en abril do 2021, participei en varios actos de homenaxe. Meu pai foi condecorado a título póstumo coa Medalla de Ouro da Provincia de Ourense.
Salón nobre do Liceo de Ourense
Os dous sitios máis solemnes onde tiven a oportunidade de falar foron o salón nobre do Liceo de Ourense e o salón de plenos da Deputación, pero o primeiro é realmente impresionante polo que ten de fermoso e de histórico.
Recordo ben o sitio exacto da fotografía: a capela do Pilar, restaurada e convertida en salón de actos polo concello de Corcubión a finais da década de 1980. Seguramente eu estaba gravando en VHS o acto de inauguración dalgunha escola de verán que meu pai organizaba por aquela época.
Margot, de Alfred de Musset
Café e lectura decimonónica. A miña forma de aproveitar a sobremesa dun sábado.
O madialevo de hai 35 anos xa se dedicaba ao audiovisual.
Diante da escola temos a árbore senlleira 151A da lista galega 🌳
Carlos Rodríguez, Andre Turner, Raimon Barneda... Tempos de ACB en Ourense, 1992-1993
Cruceiro da Ermida de San Cibrán #Catoira #OBaixoUlla 📸 Angel Luis Utrera Baza
www.obaixoulla.gal/elementos/ca...
Tramando un programa nocturno para facer en Twitch, algo diferente ao que fixen ata agora, para as fins de semana, sen máis pretensións...🤔🩵