Monxes franciscanos diante da Fonte de San Francisco do Convento de #Herbón #Padrón a finais do século XIX #OBaixoUlla 📸 José María Limia Rodríguez - Arquivo da Catedral de Santiago (1895)
www.obaixoulla.gal/elementos/pa...
A balconada do Pazo de Meirás é o elemento arquitectónico máis visible, que non o único, procedente do desmantelamento do Pazo de Bendaña ou Pazo de Vigo #Dodro, tamén “doado” a Franco e trasladado pedra a pedra en camións militares #OBaixoUlla
www.obaixoulla.gal/elementos/do...
O Cine Rañó, que tiña un aforo de 200 butacas e un proxector da marca Superson, estreou as súas proxeccións coa película "El Hijo de la Furia" no ano 1957 #Catoira #OBaixoUlla 📸 Eri y Edu
www.obaixoulla.gal/elementos/ca...
O río Ulla desde o miradoiro do Monte Pedregueira #Bamio #VilagarcíaDeArousa #OBaixoUlla 📸 @bea_ffff
www.obaixoulla.gal/elementos/vi...
📸 Jose Alberto Solla Barreiro
A única parroquia de Pontecesures é un dos 42.909 topónimos que compoñen o novo Nomenclátor de Galicia, pasando de denominarse San Xulián de Pontecesures a San Xulián de Requeixo, recuperando así a súa antiga denominación #PonteCesures #OBaixoUlla
www.obaixoulla.gal/elementos/po...
📸 Museo de Pontevedra
A construción da estrada entre Santiago e Pontevedra contemplaba unha repoboación forestal para reforestar as marxes da vía con carballos, álamos ou froiteiras, tal e como pode apreciarse no plano de 1792 ao seu paso por #Padrón, #PonteCesures e #Valga #OBaixoUlla
www.obaixoulla.gal/elementos/va...
Panorámica do río Ulla desde o Castro das Cercas #Isorna #Rianxo #OBaixoUlla 📸 Cristina Conde Escaloni
www.obaixoulla.gal/elementos/ri...
📸 Otto Wunderlich (1929)
A Ponte de Ferro ou Ponte da Insua #Padrón #PonteCesures era unha das dúas pontes metálicas, construídas na fundición H.J. Potter de Manchester, que formaban parte da primeira liña de ferrocarril galega, que no ano 1873 uniu Cornes e Carril #OBaixoUlla
www.obaixoulla.gal/elementos/po...
O Cadaví #Dodro #OBaixoUlla 📸 Donde sólo habita el tiempo - Urbex Galaico
www.obaixoulla.gal/elementos/do...
O 16 de marzo de 1897 nacía en #PonteCesures Carlos Maside, pintor, debuxante e gravador, considerado como o indiscutible renovador da arte galega da primeira metade do século XX #OBaixoUlla 📸 1: Arquivo fotográfico Pacheco + 2: Museo Massó
www.obaixoulla.gal/elementos/po...
Petróglifo das Lagoas ou das Pedras Minas #Catoira #OBaixoUlla 📸 Megaliticia
www.obaixoulla.gal/elementos/ca...
Así retratou Ruth Matilda Anderson "a boa muller da taberna e as súas tres fillas" na Escravitude #Cruces #Padrón, durante a súa viaxe a Galicia para a Hispanic Society of America entre outubro e novembro do ano 1924 #OBaixoUlla
www.obaixoulla.gal/elementos/pa...
Punta Rebateira #Bamio #VilagarcíaDeArousa #OBaixoUlla
www.obaixoulla.gal/elementos/vi...
Panorámica do río Ulla desde o lugar do Texar, xunto ás telleiras de Vilar #Cordeiro #Valga #OBaixoUlla
www.obaixoulla.gal/elementos/va...
📸 Xosé Pérez - Casa Museo de Manuel Antonio
📸 Xosé Pérez - Casa Museo de Manuel Antonio
A Capela de San Bartolomeu #Rianxo, do século XVII e vinculada aos señores do Pazo dos Calotes do Araño, orixinariamente estaba situada nun illote e en 1854 foi refuxio para enfermos de cólera #OBaixoUlla
www.obaixoulla.gal/elementos/ri...
Como chove miudiño
polas veigas de Campaña!
Cal se enxugan de camiño
os herbales de Laíño!
Como a Ponte en sol se baña!
#DíaDeRosalía
#OBaixoUlla
📸 © gonzaloaq
www.obaixoulla.gal/elementos/va...
“la flor y nata de las bolchibiques de este pueblo, que ni un botón han cosido”, que se desprazaran á estación de tren para dar comida e tabaco aos presos políticos que levaban nun tren con destino ao campo de concentración da Azucreira de Iria #Padrón #OBaixoUlla
www.obaixoulla.gal/elementos/pa...
Cando as enchentes do río Sar provocaban que os coches circularan polo Paseo do Espolón ou as barcas navegaran polo Xardín Botánico-Artístico #Padrón #OBaixoUlla
www.obaixoulla.gal/elementos/pa...
O conxunto de hórreos da Eira das Cabanas de Imo #SanXoánDeLaíño #Dodro data da primeira metade do século XIX, en torno a 1840, correspondente á primeira explosión do cultivo do millo na zona #OBaixoUlla 📸 L. Ares Espada - Arquivo Histórico Diocesano (197X)
www.obaixoulla.gal/elementos/do...
Traballos de restauración da escultura do Santiago Apóstolo da capela das Torres de #Oeste #Catoira, esculpida por un escultor santiagués e policromada por Francisco Asorey #OBaixoUlla 📽️ Noemí Penela
www.obaixoulla.gal/elementos/ca...
Panorámica da Enseada de Rial e da Punta Palleiro #Leiro #Rianxo desde o miradoiro do Monte Pedregueira #Bamio #VilagarcíaDeArousa #OBaixoUlla
www.obaixoulla.gal/elementos/vi...
Un 5 de febreiro de 1933 nacía na Ponte #Iria #Padrón o pintor e ceramista Carlos Bóveda, quen con só quince anos ingresou como decorador en Cerámica Celta #PonteCesures #OBaixoUlla
www.obaixoulla.gal/elementos/po...
Como cada 2 de febreiro, Día da Candeloria, a Procesión dos Lacóns percorrerá mañá as aldeas da parroquia de #Cordeiro desde a Capela de San Paio de Vilar até a igrexa parroquial #Valga #OBaixoUlla 📸 Adrián Baúlde - La Voz de Galicia
www.obaixoulla.gal/elementos/va...
Dúas imaxes históricas da contorna que rodeaba á Igrexa de San Salvador de #Taragoña #Rianxo #OBaixoUlla 📸 1: Quintana + 2: Arquivo Xosé Comoxo [vía Rabunho Rexeita]
www.obaixoulla.gal/elementos/ri...
Un 25 de xaneiro de 1962 nacía en Tarrío #Laíño #Dodro o poeta Eusebio Lorenzo Baleirón #OBaixoUlla
"Mal coñecín a sombra dos meus pasos,
lugares nun relanzo onde medrar a hedra
abeirado da chuva do Tarrío con névoa
cando o outono pasaba de camiño das brañas"
www.obaixoulla.gal/elementos/do...
No ano 1918 foron localizadas na Capela de San Xulián de Requeixo #PonteCesures catro aras (altares), unha dedicada a Xúpiter, outra ofrecida aos Lares Viales e outras dúas ilexibles, e que actualmente permanecen gardadas no Museo de Pontevedra #OBaixoUlla
www.obaixoulla.gal/elementos/po...
📸 Revista "Terra e Tempo"
Un 19 de xaneiro de 1950 nacía en Imo #Dodro o activista político e sindical Xosé Ramón Reboiras Noia, Pepe de Loureiro, quen nesta imaxe aparece xunto á súa nai Generosa e o seu irmán Manuel no Bar Noia da familia, no barrio de Teis (Vigo) #OBaixoUlla
www.obaixoulla.gal/elementos/do...
Cada un dos "pasillos" das Pesqueiras das Areas #Herbón ten unha denominación diferente: Mardel, Segundo, Novo, Derrubado, Larchán, Amereiro, As Maimoas, O Pexego, A Agulla, Pexego, A Cancela, O Láparo, O Chingado, O Badal, Pesqueiro e O Cajón #Padrón #OBaixoUlla
www.obaixoulla.gal/elementos/pa...
Rial da Lagoa, Imo, Bustelo, Vigo, Lestrobe, Castro, Reboiras, Manselle ou Bexo, son algunhas das aldeas de #Dodro nas que existen hórreos con reloxos de sol, inventariados por Beatriz Pereiras en 2010 e que tamén atoparás na nosa web #OBaixoUlla
www.obaixoulla.gal/elementos?ti...