🎭 Teatro na Fac. de Filoloxía da @usc.gal!! 'Mala vida e pior morte do rei Ricardo III'
A obra, protagonizada polo actor e dramaturgo Evaristo Calvo, rebate o relato da vida do defunto rei de Inglaterra dramatizado por Wiliam Shakespeare.
📆23/04
🕡18:30 h
Entrada libre!!
@filoloxiausc.bsky.social
Posts by Instituto da Lingua Galega
🧐 Coa idea de afondar nas etimoloxías gregas do léxico galego, estúdanse 21 palabras. Algunhas son helenismos moi evidentes, pero outras non tanto. Chegan á nosa lingua en diferentes épocas e por distintas vías ou mesmo son neoloxismos creados por necesidade de dar nome a novas realidades.
🤝 Este proxecto desenvolveuse co alumnado da Facultade de Filoloxía eo de linguas clásicas dos IES Otero Pedrayo de Ourense, San Mamede de Maceda, Melide, Terra de Soneira de Vimianzo e A Paralaia de Moaña.
📢 A investigadora do ILG Teresa Amado presenta o proxecto colaborativo 'Falas grego e non o sabes! Helenismos no galego', xunto a outros proxectos colaborativos, na Fac. de Filoloxía da @usc.gal o 21/04, ás 12 h. A seguir, inaugurarase unha exposición con todos os traballos.
Xornada 'A IA xerativa tamén en galego. Dereitos lingüísticos e boas prácticas para a docencia tecnolóxica', da @uvigo.bsky.social.
Adina Vladu e Manuel Glez. participarán na mesa redonda "Recursos lingüísticos e terminolóxicos para a docencia en galego no ámbito tecnolóxico".
iax.webs.uvigo.gal
Un grupo do ILG fomos onte ver a obra 'Hamlet' do CDG, con adaptación do texto de Vanesa Sotelo e Tito Asorey e dirixida por este último.
Gozamos moito desta proposta escénica e queremos transmitirlle os nosos parabéns a todo o equipo. Viva o teatro galego en galego!!
📢Mañá xoves estará connosco Oumar Seydi, da Université Assane Seck de Zinguichor (Senegal), para falarnos da lingua pulaar e o ensino.
🎉Estades convidadas e convidados a asistir!!
📆16 de abril
⌚12:00 h
📍Instituto da Lingua Galega
#ilgusc #pulaar #Senegal #OumarSeydi #conferencia @usc.gal
📢Ciclo de conferencias do Grupo Gramática do Español no mes de abril.
O día 1️⃣3️⃣será a quenda de Oumar Seydi, da Université Assane Seck (Senegal), e de Carmen Parafita, colaboradora do ILG.
O día 1️⃣6️⃣, ás 12 h, Seydi tamén falará no ILG sobre a lingua pulaar.
gramatica.usc.es/es/events
@usc.gal
🗣O @consellocultura.bsky.social organiza a xornada 'Recoller a memoria oral desde a escola: experiencias e retos'.
📼Francisco Fdez. Rei falará sobre as gravacións realizadas polo alumnado dos cursos de iniciación e perfeccionamento de lingua galega dirixidos ao profesorado de EXB.
📆9/4
⌚16:30
📍CCG
Dito recollido no 'Dicionario de dicionarios'.
ilg.usc.gal/ddd
#ilgusc #DicionariodeDicionarios @usc.gal
👥O 26/03 recibimos a visita de alumnado de primaria e de secundaria do CPI Poeta Uxío Novoneyra do Courel.
🧐Puideron coñecer a través da nosa xincana algúns dos nosos proxectos relacionados.
Foi un auténtico pracer recibilas e recibilos!
ilg.usc.gal/gl/queres-vi...
@usc.gal #VisitasEscolaresILG
🎥 Xa podes ver o vídeo do noso seminario “Las publicaciones académicas en lingüística: una introdución paso a paso”, impartido por Josep Ausensi.
📚 Unha guía práctica para entender todo o proceso de publicación académica.
▶️ Accede ao vídeo aquí: youtu.be/Dtv2rS_NGsA?...
🗣️O 29 de maio chega á Facultade de Filoloxía (USC) a III Xeira CLARIAH-GAL sobre humanidades dixitais.
📢Queres presentar un póster do teu proxecto? Envía un resumo (máx. 500 palabras) a ilgsec@usc.gal
🗣️ Queremos darlle os nosos parabéns á primeira reitora na historia da Universidade de Santiago de Compostela, Rosa Crujeiras.
Desexámoslle moitos éxitos nesta nova etapa á fronte da USC e confiamos en que o seu mandato contribúa a fortalecer a presenza e uso da lingua galega dentro da Universidade.
Boa tarde, o obxectivo é que volvan funcionar, pero, nestes momentos, supoñen un grave problema de seguridade para o que estamos a procurar unha solución.
A @usc.gal acolleu hoxe o 'II Encontro Luso-Galaico de PNL', impulsado polo proxecto @nos.gal no marco da iniciativa #ALIA, promovida polo Goberno central.
Persoal investigador, empresas e institucións reuníronse para avanzar no desenvolvemento de tecnoloxías da linguaxe para o galego-portugués.
👇
🗣️ Xa está aberto o prazo de preinscrición para a XXXVI edición de Galego sen fronteiras, o curso de verán de lingua e cultura galegas que terá lugar do 3 ao 24 de xullo en Santiago de Compostela.
🗓️ Podes inscribirte ata o 6 de abril.
👉 Para máis info escanea o QR
#GalegoSenFronteiras #ILG #USC
🫱🏾🫲🏾🗣️ Onte inauguramos no ILG o noso Punto de Igualdade.
🟰 Un novo espazo creado pola Comisión de Xénero e Igualdade do Instituto, pensado para ofrecer información, apoio e protección a todas as persoas do centro e da USC.
Agradecémoslle a presenza a Sonia Esperanza Rodríguez Boente.
#ilgUSC #USC8M
📢 Últimos días para inscribirse con tarifa reducida no CIDS 2026!
⏰ Lembrade que o prazo para realizar o pagamento con tarifa reducida remata o 9 de marzo.
🔗 Máis información e inscrición en 👉 ilg.usc.gal/cids2026
⏳ Ampliación de prazo!
Amplíase ata o 15 de marzo de 2026 o prazo para o envío de propostas ao coloquio internacional sobre prácticas heteroglósicas nos espazos hispano-lusófonos, que se celebrará en París en 2026 e no que participa o ILG como coorganizador.
🔗 ℹ️: pratheterogloss.sciencesconf.org
📚✨ O alumnado do CEIP López Ferreiro achegouse ao ILG para coñecer a que foi residencia de Rosalía de Castro entre 1863 e 1865… e acabou descubrindo tamén todo o que se fai hoxe dentro do Instituto!
📢 Carsten Sinner falará o día 3, ás 11 h, no ILG sobre contacto galego e castelán en América.
🗣️ Abordará a cuestión de por que o galego apenas espertou o interese da lingüística hispánica. Ademais, presentará exemplos concretos de influencias lingüísticas do galego sobre o castelán do Uruguai.
👇
🗣️👉🏼Es PDI nunha universidade ou institución de Educación Superior de fóra de Galicia? O ILG convoca 2️⃣ axudas, financiadas polo @culturagob.bsky.social, para a realización de estadías de 2 a 4 semanas no seu centro!!
💰Máximo de 1500 €
🗓️ Envío de solicitudes ata 24/03
🧷 ilg.usc.gal/gl/novidades...
🗣️📚 Onte recibimos no ILG a visita de Rosa Crujeiras, candidata a reitora da Universidade de Santiago de Compostela, que acudiu xunto a Ana Cabana e Marcelino Maneiro, membros do seu equipo, para escoitar as nosas dúbidas e preocupacións.
Grazas pola visita e polo diálogo aberto! 🤝