Por fin puiden lelo hoxe, e é unha marabilla: os detalles da arquitectura, o mar, as personaxes...🔥🔥🔥
Posts by Ana García
Este ano colaborei de novo co fanzine que edita no verán a boa xente de Edicións Baixo Terra. Fixen unha historia curta lembrando cando me invitaron ás festas de Becerreá hai unha chea de tempo pero que índa lembro con agarimo 💗
#andrómenasdebuxadas #fanzines #engalego
#cómic #bandadeseñada
Probando cómo vai este corpiño pocho #bosquexos
Kiss kiss!
#bosquexos
Aquí aínda nada, e sen auga!
As últimas semanas foron un pouco caos e as que veñen tamén pero intentarei con tódalas miñas forzas rematar o Pequeno Proxecto para agosto.
#veña #menospánico #emáisdebuxar
Unha serea sinala unha dirección no medio da escuridade mentras di: "Polo Oeste".
🌟 O Camiño 🌟
Sempre lle dixeran que non fixera caso das criaturas do mar, pois viven de afundir barcos e homes. Pero no medio daquela escuridade, por onde seguir sen un guía?
#andrómenasdebuxadas #engalego #ilustración #illustration #bosquexos
É para que os invitados non se confundan e pensen que en Galicia fai bo tempo XD
Ahhhhhhhhhh, te lo compro todoooo!!! 💖💖💖
Tería que pasar coma na orixe da empresa: collela artistas comprometidos coa cultura, facendo pezas vencelladas á historia do país. Ogallá sexa!
🌟 Crueis Intencións 🌟
Dalgunha forma a copa que levaba a filla do marqués acabara no seu vestido. A punzada no peito púxoa furiosa -e peor aínda, con gana de chorar!-, pero sorríu como unha boneca e saíu da sala. Na escuridade comezou a maquiná-la súa vinganza.
#andrómenasdebuxadas #ilustración
🌟 GATOS 🌟
O outro día estiven a gardá-la nova incorporación dos veciños un par de horas. E resulta que teño que deixar ir o meu soño de sé-la señora tola dos gatos!
#bosquexos #engalego #cómic #bandadeseñada #alerxias #ilustración
Moza seguindo a música coas mans, mirando ao espectador
Canto máis cutre e brilli brilli o bolígrafo, millor! 💖💖
#bosquexos #engalego
Cultura retira el real decreto de licencias para la IA y dialogará con el sector con el fin de proteger los derechos de los creadores.
efe.com/ciencia-y-tecnologia/202...
❇️ INDIANO ❇️
As faladurías inventan moito, pero aquel recén chegado tiña a mala sorte do seu lado: todo o que dicían del era certo. Marchara décadas atrás mais os habitantes das aldeas do norte nunca esquecen.
#andrómenasdebuxadas #bosquexos #engalego #ilustración
Mimá, agardo que non sexa nada!!! O domingo e hoxe foron unha cousa loca :(
Agora que xa decidín pechá-la conta no Outro Lado, só subirei o que vou facendo aquí e en Insta, pero cada vez vexo máis posible a volta dos blogs e das páxinas persoais onde non estemos sometidos á vontade duns millonarios aburridos. En fin, teremos que seguir buscando espazos!
#bosquexos
Yo sólo sé que tus ilustraciones son maravillosas!! 💖💖💖
A Rá
Os seus irmáns dixéranlle que para atopar unha princesa só tiña que baixar ao regato do final do xardín. A rá comezara a falar da súa familia, de que non tiña tempo para bromas de nenos e que as princesas non andaban con estas lerias. Non soubo qué responder.
#andrómenasdebuxadas #bosquexos
A ver se podemos facer historias novas para o 2025!
#andrómenasdebuxadas #bosquexos #bandadeseñada #engalego
Agardo que teñades unhas Boas Festas!!
(Déixovos coa postal que fixen para este ano)💗
#andrómenasdebuxadas #bonadal #engalego
◇ O pequeno Lord non ten medo. Nin de cómo o miran cando tapa o brazo tolleito, nin de cómo falan del as súas costas con mágoa. Ten o corazón duro e poucas esperanzas. ◇
Foron uns meses duros pero aquí seguimos a contar historias!
#andrómenasdebuxadas #bosquexos #ilustración #engalego
Bosquexos entre o cansancio
A parte de ser luns, unha actualización xa me fastidiou o día así que tódolos vosos debuxos dánme a vida! 💖
"As Fillas da Raíña Morgana" foi un fanzine que rematei ás présas en 2019 (coa colaboración do Sindicato del Cómic) pero que me axudou a chegar a un montón de xente nova!
E aínda sigo moi contenta por como quedou a portada XD
Semella que hai unha nova migración a esta rede social. Dentro de pouco xa terei tempo para actualizar con máis frecuencia e poñer historias novas!
No 2018 animeime a facer un cómic para o Inktober que nunca tiven tempo de poñer en versión fanzine, pero que sempre me gustou moito! >>>>> "Unha noite de Outubro"
Si está más enfadado con Sánchez que con Mazón y, por cualquier cosa, culpa al "Estado" como ente genérico: facha.
Na libreta de hoxe mentres penso en mil escenarios que non van pasar.
#ilustración #bosquexo