Advertisement · 728 × 90
#
Hashtag

#bosquexos

Advertisement · 728 × 90
Post image

Probando cómo vai este corpiño pocho #bosquexos

4 1 0 0
Post image

Kiss kiss!

#bosquexos

2 0 1 0
Unha serea sinala unha dirección no medio da escuridade mentras di: "Polo Oeste".

Unha serea sinala unha dirección no medio da escuridade mentras di: "Polo Oeste".

🌟 O Camiño 🌟

Sempre lle dixeran que non fixera caso das criaturas do mar, pois viven de afundir barcos e homes. Pero no medio daquela escuridade, por onde seguir sen un guía?

#andrómenasdebuxadas #engalego #ilustración #illustration #bosquexos

1 0 0 0
Post image Post image Post image Post image

🌟 GATOS 🌟

O outro día estiven a gardá-la nova incorporación dos veciños un par de horas. E resulta que teño que deixar ir o meu soño de sé-la señora tola dos gatos!

#bosquexos #engalego #cómic #bandadeseñada #alerxias #ilustración

3 0 0 0
Moza seguindo a música coas mans, mirando ao espectador

Moza seguindo a música coas mans, mirando ao espectador

Canto máis cutre e brilli brilli o bolígrafo, millor! 💖💖

#bosquexos #engalego

2 0 0 0
Post image

❇️ INDIANO ❇️

As faladurías inventan moito, pero aquel recén chegado tiña a mala sorte do seu lado: todo o que dicían del era certo. Marchara décadas atrás mais os habitantes das aldeas do norte nunca esquecen.

#andrómenasdebuxadas #bosquexos #engalego #ilustración

4 2 0 0
Post image

Agora que xa decidín pechá-la conta no Outro Lado, só subirei o que vou facendo aquí e en Insta, pero cada vez vexo máis posible a volta dos blogs e das páxinas persoais onde non estemos sometidos á vontade duns millonarios aburridos. En fin, teremos que seguir buscando espazos!

#bosquexos

8 0 0 0
Post image

A Rá

Os seus irmáns dixéranlle que para atopar unha princesa só tiña que baixar ao regato do final do xardín. A rá comezara a falar da súa familia, de que non tiña tempo para bromas de nenos e que as princesas non andaban con estas lerias. Non soubo qué responder.

#andrómenasdebuxadas #bosquexos

1 0 0 0
Post image

A ver se podemos facer historias novas para o 2025!

#andrómenasdebuxadas #bosquexos #bandadeseñada #engalego

1 0 0 0
Post image

◇ O pequeno Lord non ten medo. Nin de cómo o miran cando tapa o brazo tolleito, nin de cómo falan del as súas costas con mágoa. Ten o corazón duro e poucas esperanzas. ◇

Foron uns meses duros pero aquí seguimos a contar historias!

#andrómenasdebuxadas #bosquexos #ilustración #engalego

3 0 0 0
Post image Post image

E seguindo co repaso, no 2016 decidín enfocarme máis nas historias curtas e ler moito do que se estaba a facer na BD e ilustración do momento. De entón é esta páxina de "Unha noite de lobos" 🐺
#fanzine #bd #bandadeseñada #comic #bosquexos

0 0 0 0
Post image

No 2015 foi o meu primeiro intento de facer un cómic.
Resultado?: Un fail, obviamente XD

Naquel momento non tiña as ferramentas e a experiencia como para facer algo longo!
#bosquexos #bandadeseñada #fanzines

1 1 0 0
Post image Post image Post image

Pensei en facer un pequeno repaso destes anos e como foi mudando o meu estilo! Ao principio non tiña moita seguridade no que estaba a facer así que debuxaba un pouco tódolos días e compartía moi pouco do que facía.
#bosquexos #fanzines #bandadeseñada

1 0 0 0