Advertisement · 728 × 90

Posts by Meu

Post image Post image Post image

Estes son os malotes do xardín, os verderolos (Chloris chloris). Non polo seu comportamento contra os outros paxaros, senón polo seu aspecto desafiante con ese robusto pico. Aquí tedes dous macho e unha femia.
#paxaros
#birds

1 day ago 4 0 0 0
Post image Post image

Os xílgaros (Carduelis carduelis) da zona son tímidos, pero de cando en vez achéganse a comer.
#paxaros
#birds

2 days ago 1 0 0 0
Post image Post image Post image

Hoxe achegouse a Visby un bicho raro dos que só quedan unas 30 unidades activas (delas só media ducia en Europa). Ademais, era dunha aeroliña da que non tiña foto ningunha, así que achegueime á cidade e tras unha tarde moi chuviosa abríuse o día para ofrecerme unha bonita luz.
#spotting
#VBY

3 days ago 0 0 0 0
Big Thief - Not (Live on KEXP)
Big Thief - Not (Live on KEXP) YouTube video by KEXP

Xa teño a miña entrada para Big Thief 😊
www.youtube.com/watch?v=M6me...

5 days ago 1 0 0 0
Post image

Este é o equivalente sueco da gorra de Caja Rural en España. Trátase da mítica viseira da cooperativa agrícola Lantmännen (literalmente homes do rural) e é todo un símbolo cultural en Suecia. Esta atopeima sobre unha pedra que antigamente marcaba un límite territorial, pero temos a nosa na casa.🙂

6 days ago 0 0 0 0
ATR 72 de BRA aterrando no aeroporto de Visby

ATR 72 de BRA aterrando no aeroporto de Visby

ATR 72 de Scandinavian Airlines aterrando no aeroporto de Visby

ATR 72 de Scandinavian Airlines aterrando no aeroporto de Visby

Beechcraft B200 Super King Air de Bromma Air Maintenance traballando no aeroporto de Visby

Beechcraft B200 Super King Air de Bromma Air Maintenance traballando no aeroporto de Visby

Airbus A321neo de Sunclass Airlines engalando do aeroporto de Visby

Airbus A321neo de Sunclass Airlines engalando do aeroporto de Visby

Coa primavera tamén chegan paxaros máis grande á illa, así que de cando en vez paso polo aeroporto para ver o que hai. Este ano, ademais dos habituais ATR de BRA e SAS, deixouse caer xa algunha cousiña interesante.
#spotting
#VBY

1 week ago 0 0 0 0
Post image

Algo molón que ten a app da Wiki é que podes ver os artigos máis lidos no último día e o número de visitas. Na Galipedia os máis visitados adoitan ter unhas 200 diarias, pero onte atopeime estas 2300 no artigo de Bala, e fíxome especial ilusión porque ese artigo escribino eu. 😊
#Galipedia
#Wikipedia

1 month ago 1 0 0 0
Advertisement
Post image

Ás veces tamén fotografío paxaros máis grandes e ruidosos. Aquí un AW193 da Administración Marítima Sueca sobrevoando a nosa casiña.
#Gotland
#spotting
#Sjöfartsverket

1 month ago 2 0 0 0
Post image Post image Post image Post image

A semana pasada, conducindo cara a cidade un grupo bastante grande de lavancos reais (Anas platyrhynchos) cruzóuseme diante do coche. Días máis tarde parei para fotografar outras cousas e alí estaban nunha canle medio conxelada xunto con algúns asubións comúns (Mareca penelope).
#paxaros
#birds

1 month ago 4 0 0 0
Post image

Hai uns días chegou ao noso comedeiro un grupo de escribidores amarelos (Emberiza citrinella) e os machos xa comezan a desenvolver a súa plumaxe amarela da época de cría.
#paxaros
#birds

1 month ago 12 0 0 0

Graciñas!

1 month ago 0 0 0 0

Que conto é?

1 month ago 0 0 1 0
Post image Post image Post image Post image

Entre as moitas cousas que ultimamente se me dá por fotografar están os bambáns. Na illa xúntanse deseños vellos e novos e cantidade deles feitos de forma caseira con troncos, cadeas e pneumáticos.

1 month ago 3 0 1 0
Post image

O cardeal europeo (Pyrrhula pyrrhula) é un dos paxaros máis abundantes en inverno por estas latitudes. O seu canto é doado de indentificar e non se asustan con facilidade, aínda que manteñen as distancias, polo que non son difíciles de fotografar.
#paxaros
#birds

1 month ago 2 0 0 0
Advertisement

Hoxe El País saca un pequeno artigo sobre a illa e vendo os comentarios pregúntome de que reunión de cuñados sacarían a case toda esa xente. 😰

1 month ago 0 0 0 0
Post image Post image

Había tempo que non vía subeliños comúns (Aegithalos caudatus) preto da casa. Onte dando un paseo pola neve comecei a escoitar asubíos sobre a miña cabeza, e alí atomeime cunha ducia deles saltando entre as pólas na busca de comida.
#paxaros
#birds

2 months ago 1 0 0 0
Video

E como hoxe tocaba ir á cidade pois non quedou outra que sacar a neve mentres a muller me gravaba e se escarallaba de min.

2 months ago 0 0 0 0
Post image

Hoxe atopámonos co coche así pola mañá. Como ando sen móbil e de vacacións non me entero moito das alertas meteorolóxicas e despois lévome sorpresas como estas.
#Gotland

2 months ago 1 0 1 0
Kerosene
Kerosene YouTube video by Big Black - Topic

O baixista Dave Riley dixo que nos pequenos pobos de USA a vida é aburrida e só hai dúas cousas que se poidan facer, ou estoupar cousas por diversión ou deitarte coa única rapaza que se deita con todos. Kerosene vai dun tipo que intenta combinar ámbolos dous praceres.
www.youtube.com/watch?v=EXV6...

2 months ago 0 0 0 0
Post image

Un grupo de pequenos lavancos (Anas platyrhynchos) escapando de min a primavera pasada.
#paxaros
#birds

2 months ago 1 0 0 0
Post image

Ferreiriño dos piñeiros (Periparus ater) esta mesma mañá conseguindo o seu botín. O inverno pasado viña de cando en vez, pero agora xa é habitual velo no comedeiro.
#birds
#paxaros

2 months ago 3 0 0 0
Post image

Así se vía o ceo tras o solpor hai uns días. A foto está sen tocar, así como a saquei así a subín. Por estas latitudes son bastante impresionantes as postas do sol, sobre todo cando hai algunha nubes, con tonalidades que pasan polo laranxa, o rosa, o vermello e o violeta.
#Gotland

2 months ago 2 0 0 0
Post image

Gotland está chea de coches antigos e anualmente hai varios eventos relacionados con vehículos de época. Na imaxe podemos ver a tres donas no seu Ford T durante o Damrally que se celebra en maio.
#Gotland
#FordT

3 months ago 1 0 0 0

Haced un artículo del An-225 y su triste final. *wink wink nudge nudge*

3 months ago 0 0 0 0
Advertisement
Post image

Unha femia de lavanco real (Anas platyrhynchos) amerizando no porto de Ljugarn.
#paxaros
#birds

3 months ago 2 0 0 0
Post image Post image

Hai uns días saíron as fotos finalistas do Wiki Loves Monuments deste ano en Suecia e, aínda que non son as miñas favoritas, entre elas hay dúas aportacións miñas.
A primeira é nas ruínas da abadía de Roma durante o amencer, e a a segunda é no museo do ferrocarril de Hesselby.
#Gotland
#WLM

3 months ago 2 0 0 0

Algo sobre o gutamål de Gotland?

3 months ago 1 0 0 0
Post image

Este es el cacharro.

7 months ago 0 0 0 0

Un Hughes 369 en la Escuela Naval de Marín. Es bastante reciente y no hay nada en Google Maps.

7 months ago 0 0 1 0
Post image

Outro carrán artico (Sterna paradisaea) sobrevoando a miña cabeza.
#paxaros
#birds

9 months ago 2 0 0 0