Os grous (Grus grus) non son habituais na miña parroquia, pero de cando en vez achégase algún.
#paxaros
#birds
Estas foron catro das especies que máis se viron este inverno nos nosos comedeiros: o pardal montés (Passer montanus), o ferreiro real (Parus major), o merlo negro (Turdus merula) e o ferreiriño azul (Cyanistes caeruleus).
#paxaros
#birds
Hai un ratiño fotografei a este miñato real (Milvus milvus) sen unha pata. Se hai algún experto na sala, ten a outra oculta entre a plumaxe ou é que lle falta?
#birds
#paxaros
Estes son os malotes do xardín, os verderolos (Chloris chloris). Non polo seu comportamento contra os outros paxaros, senón polo seu aspecto desafiante con ese robusto pico. Aquí tedes dous macho e unha femia.
#paxaros
#birds
Os xílgaros (Carduelis carduelis) da zona son tímidos, pero de cando en vez achéganse a comer.
#paxaros
#birds
A semana pasada, conducindo cara a cidade un grupo bastante grande de lavancos reais (Anas platyrhynchos) cruzóuseme diante do coche. Días máis tarde parei para fotografar outras cousas e alí estaban nunha canle medio conxelada xunto con algúns asubións comúns (Mareca penelope).
#paxaros
#birds
Hai uns días chegou ao noso comedeiro un grupo de escribidores amarelos (Emberiza citrinella) e os machos xa comezan a desenvolver a súa plumaxe amarela da época de cría.
#paxaros
#birds
O cardeal europeo (Pyrrhula pyrrhula) é un dos paxaros máis abundantes en inverno por estas latitudes. O seu canto é doado de indentificar e non se asustan con facilidade, aínda que manteñen as distancias, polo que non son difíciles de fotografar.
#paxaros
#birds
Había tempo que non vía subeliños comúns (Aegithalos caudatus) preto da casa. Onte dando un paseo pola neve comecei a escoitar asubíos sobre a miña cabeza, e alí atomeime cunha ducia deles saltando entre as pólas na busca de comida.
#paxaros
#birds
Un grupo de pequenos lavancos (Anas platyrhynchos) escapando de min a primavera pasada.
#paxaros
#birds
Ferreiriño dos piñeiros (Periparus ater) esta mesma mañá conseguindo o seu botín. O inverno pasado viña de cando en vez, pero agora xa é habitual velo no comedeiro.
#birds
#paxaros
Bom Sábado!! 🎼🐦⬛🎼🌈☕🤗
Os paxaros cantam e componhem 😉🐦⬛🎼
#Galiza #Coruxo #Pentagrama #birds #paxaros #outeiro #hill #eira #aitumn #outono
Carrán artico (Sterna paradisaea) intentando afastarme dos seus polos. Chegou a voar a poucos centímetros da miña cabeza un par de veces para facer que marchase.
#paxaros
#birds
Ao lado da casa vive este macho de faisán de colar (Phasianus colchicus) con dúas femias.
#paxaros
#birds
De cando en vez voume aos estanques que hai a un par de quilómetros da casa e de cando en vez pillo algo interesante como este bilurico manchado (Tringa glareola).
#birds
#paxaros
Un bilurico común na copa dun piñeiro chiando coas ás extendidas.
Hai un par de día atopeime unha parella de biluricos comúns (Tringa totanus) que non pararon de chiar e voar ao redor miña ata que me afastei da zona onde tiñan o seu niño.
#birds
#paxaros
Unha gralla pequena pousada na póla dunha árbore.
As grallas pequenas (Coloeus monedula) son dos paxaros máis abundantes da miña zona, e é fascinante ver como socializan e actúan.
#birds
#paxaros
Subeliño común (Aegithalos caudatus) da subespecie escandinava.
Subeliño común (Aegithalos caudatus) da subespecie escandinava.
#birds
#paxaros
Diálogos ao carom da parada do bus 🐦🐦⬛🌳🎼☀️💚🧡🤗
#Comesanha #Galiza #birds #paxaros #ocells #pájaros #tree #árvore #sun #sol #Spring #Primavera #life #vida
Unha femia de picanzo vermello (Lanius collurio) asexando dende o alto dunha árbore.
Unha femia de picanzo vermello (Lanius collurio) asexando dende o alto dunha árbore.
#birds
#paxaros
Boa tarde,Buenas tardes, Arratsalde on,Bona tarda,Buena tarde,Bones tardes,Buon pomeriggio,Bon après-midi,Good afternoon,Góðan daginn, Goedemiddag,Добрый день, 下午好, 좋은 오후에요, Guten Tag!
De #flores #abelhas e #paxaros
🐦🐦⬛🌼🐝⛅☀️🌦️
#Galiza #Comesanha #birds
#Spring #Primavera #life #vida
Bom dia, Good morning, Buenos días, Bon día, Bonos díes, Buen día, Egun on, Bonjour, Maidin mhaith, Guten morgen, Goeiemorgen, Góðan daginn,Hyvää Huomenta,早上好, 좋은 아침이에요, Доброе утро, Buon Giorno!
Os diálogos ente paxarinhos na beira da casa
🐦⬛🐦🌥️☁️⛅🌦️💚🎵🎼☕🤗
#Galiza #Comesanha #birds #paxaros #Primavera
Por fin conseguir fotografar decentemente un miñato real (Milvus milvus).
#addBirder
#birds
#paxaros
Os sons em Comesanha as seis e meia da manhá 🐓🐦⬛🐦☁️🌨️🌖🫶🏽
Bom dia, Good morning, Buenos días, Bon día, Bonos díes, Buen día, Egun on, Bonjour, Guten morgen, Goeiemorgen, Góðan daginn,Hyvää Huomenta,早上好, 좋은 아침이에요, Доброе утро, Buon Giorno!
#Comesanha #Galiza #birds #paxaros #galos #natureza #life #vida ❤️🍀