Advertisement · 728 × 90

Posts by Castelo Conta

As mulleres de Baroña: reivindicar para coidar - Castelo Conta En Baroña, as participantes de ‘Mulleres que Contan’ revisan as súas historias e constrúen un manifesto colectivo arredor dos coidados.

Reivindicar para coidar ✨

🌊 En Baroña, o reencontro das participantes de Mulleres que Contan convértese nun espazo no que María, Dorita, Moncha, Cipriana, Carmen, Josefa, Consuelo e María Rosa comparten o vivido… e toman posición.

1 day ago 0 0 0 0
Preview
Castelo: unha aldea que fai que as cousas pasen - Castelo Conta En Castelo as cousas non comezan nin rematan nun día: a vida comunitaria, a memoria e o coidado do territorio están presentes durante todo o ano.

En Castelo, as cousas pasan porque a xente fai que pasen 🙌🏽

A Travesía do Xalo volverá encher a parroquia e o monte de xente. Pero en Castelo as cousas non comezan nin rematan nun día: a vida comunitaria, a memoria e o coidado do territorio están presentes ao longo de todo o ano.

1 week ago 0 1 0 0
'O proceso ten que pertencer ás mulleres que o viven' - Castelo Conta Acompañamos a Hadriana Casla nos obradoiros de 'Mulleres que Contan' en Triacastela, Manzaneda, Baroña e Taboada, nun momento clave do proxecto.

Quen conta as historias… e desde onde? 💬

🌿 ’Mulleres que Contan’ constrúe un relato colectivo desde o rural galego, onde as protagonistas tamén deciden como queren ser contadas.

Acompañamos a Hadriana Casla neste proceso.

1 week ago 0 0 0 0
As mulleres de Manzaneda poñen o vivido sobre o papel - Castelo Conta As mulleres de Manzaneda comparten as súas historias, emocións e reflexións sobre o coidado durante a terceira fase de 'Mulleres que Contan'.

Poñer o vivido en palabras ✨

🌿 En Manzaneda, o reencontro das participantes de 'Mulleres que Contan' convértese nun espazo no que, a través da escrita, Benilda, Orosia, Concha, Adelina, Maribel, Carmen e Merchi comparten as súas historias de vida.

2 weeks ago 0 0 0 0
As mulleres de Triacastela: entre memorias e desexos - Castelo Conta As mulleres de Triacastela comparten lembranzas, reflexións e experiencias nun reencontro marcado pola confianza.

Entre memorias e desexos ✨

🌿 En Triacastela, o reencontro das participantes de Mulleres que Contan convértese nun espazo de reflexión e complicidade. Celsa, Pura, Carmen, Asunción e Maribel retoman os obradoiros presenciais coa confianza xa tecida ao longo do proceso.

3 weeks ago 1 0 0 0
'Mulleres que Contan' entra na súa fase final: o reencontro das protagonistas - Castelo Conta 'Mulleres que Contan' inicia a súa terceira fase de obradoiros presenciais, un reencontro clave para rematar de dar forma ao documental.

‘Mulleres que Contan’ entra na súa fase final: o proxecto retoma os obradoiros presenciais en distintos puntos do país, nunha terceira fase centrada no reencontro, a creación colectiva e a preparación do documental 🎞️

3 weeks ago 0 0 0 0
Preview
Un anaco das últimas edicións do Castelo Conta - Castelo Conta O Castelo Conta actualiza a súa tenda online co merchandising das últimas edicións, unha forma de lembrar o vivido e de apoiar o festival.

Co bo tempo volven as ganas de Castelo Conta 🌿

Actualizamos a tenda co merchandising das últimas edicións: unha forma de lembrar o vivido e seguir facendo posible o que vén 🙌🏽

4 weeks ago 0 0 0 0
Preview
O talento que medra no Castelo Conta, finalista nos XXIV Premios Mestre Mateo - Castelo Conta ‘Pipo’, ‘Ao son da nova regueifa’, ‘Bibopalula’ e ‘Bechos’, producións vencelladas ao festival, compiten como finalistas nos XXIV Premios Mestre Mateo. Un recoñecemento ao talento, á lingua e á creaci...

Do Castelo Conta aos Mestre Mateo ✨

Varias producións vencelladas ao festival, ‘Pipo’, ‘Ao son da nova regueifa’, ‘Bibopalula’ e ‘Bechos’, están entre as finalistas desta edición.

Un recoñecemento ao talento, á creación en galego e ao compromiso cos públicos máis novos 🌿

1 month ago 0 0 0 0
Preview
Máis contidos e novidades en camiño na aplicación do Castelo Conta - Castelo Conta A aplicación oficial do festival, gratuíta para Android e iOS, acaba de recibir unha nova actualización: máis contidos multimedia, melloras no mapa interactivo e acceso á tenda. E non remata aí! Nas p...

A app do Castelo Conta vén de actualizarse 📲

Máis contidos, novos espazos e unha ferramenta que segue medrando para manter vivo o proxecto durante todo o ano 🌿

2 months ago 1 0 0 0
Advertisement
Preview
‘Mulleres de Castelo’ continúa o seu percorrido internacional cunha nova selección - Castelo Conta O documental 'Mulleres de Castelo', dirixido por Hadriana Casla, logra a súa cuarta selección internacional no festival SANFICI de Colombia.

'Mulleres de Castelo' suma unha nova selección internacional no SANFICI, en Colombia.
Un festival con enfoque social e comunitario que acolle esta historia, nacida como espazo de encontro entre as veciñas de Castelo.

3 months ago 0 0 0 0
Preview
Percorrendo a parroquia a través da súa toponimia - Castelo Conta Tras o roteiro organizado polas aldeas co proxecto 'Nomear Castelo', os veciños e veciñas compartiron lembranzas dos lugares visitados.

🌿 Camiñar, escoitar e nomear o territorio

O proxecto 'Nomear Castelo' recuperou máis de 350 nomes de lugares da parroquia, devolvéndolle á palabra o seu valor como memoria viva e colectiva.

3 months ago 0 0 0 0
Preview
A castaña galega, protagonista dunha charla informativa en Castelo - Castelo Conta Castelo acolle unha charla sobre a Marca de Calidade IXP Castaña de Galicia, promovida pola Xunta de Galicia e a Asociación das Castañas e dos Soutos.

Hoxe ás 18.00, no Centro Social de Castelo, charla aberta sobre a a IXP Castaña de Galicia 🌰

Un encontro aberto para afondar no valor do castiñeiro como especie autóctona, fundamental para o equilibrio ambiental e saúde dos nosos montes, a produción de alimento de calidade e a vida no rural.

3 months ago 0 0 0 0
Castelo Conta 2025 - Castelo Conta Presentamos o aftermovie da décima edición do Castelo Conta. Esta festa segue sendo festa, e cada ano fainos mellores.

🌿 A festa que quixo darlle a volta á festa é hoxe unha das maiores celebracións colectivas da cultura no rural do noso país. Sostible e comprometida. Construída desde a casa máis grande ata o lugar máis pequeno.

Xa podes ver o aftermovie da décima edición do festival na nosa web! 🎥

3 months ago 0 0 0 0
Preview
‘Mulleres de Castelo’ suma tres seleccións en festivais de cinema documental - Castelo Conta O documental Mulleres de Castelo, dirixido por Hadriana Casla, foi seleccionado en tres festivais internacionais recoñecendo o seu valor.

'Mulleres de Castelo' cruza fronteiras 🌍

O documental suma seleccións en festivais de Brasil, Suecia e India, levando as historias das veciñas de Castelo ao ámbito internacional, reforzando así a importancia de crear rede e dar voz ás mulleres maiores do rural galego.

3 months ago 0 1 0 0
Mulleres en Rede · Presentación - Castelo Conta A Illa de Arousa acolleu a presentación de Mulleres en Rede, un proxecto que amplía unha rede galega de creación colaborativa e apoio mutuo entre mulleres do rural. Unha xornada de memoria e coidados,...

🎥 Así foi a presentación de Mulleres en Rede na Illa de Arousa

Un encontro de memoria e coidados entre mulleres do rural, cun obradoiro participativo e voces que seguen tecendo rede en Galicia.

4 months ago 0 0 0 0
Preview
Xornada sobre servizos ecosistémicos e novas oportunidades para o monte - Castelo Conta A Asociación Forestal de Galicia organiza este venres 12 de decembro unha xornada formativa en Carral para dar a coñecer as potencialidades dos servizos ecosistémicos e a súa capacidade para diversifi...

🌲 Este venres 12 de decembro ás 17:30h, Carral acolle unha xornada organizada pola Asociación Forestal de Galicia, co obxectivo de descubrir todo o potencial dos servizos ecosistémicos: novas oportunidades, usos do monte e exemplos de financiamento.

4 months ago 0 0 0 0
‘Mulleres en Rede’: unha xornada de memoria e creación na Illa de Arousa - Castelo Conta A Illa de Arousa acolleu a presentación de Mulleres en Rede, un proxecto que recolle as voces e coidados das mulleres maiores do rural galego.

A Illa de Arousa acolleu a presentación de 'Mulleres en Rede', nun encontro no que mulleres de distintos territorios compartiron memorias e reflexións sobre os coidados e a vida no rural.

O proxecto segue a tecer unha rede de apoio que culminará nunha longametraxe documental prevista para 2026.

4 months ago 0 0 0 0
Advertisement
A Illa de Arousa acolle a presentación de Mulleres en Rede este xoves - Castelo Conta Presentación de Mulleres en Rede na Illa de Arousa: un proxecto que recolle voces e coidados das mulleres maiores do rural galego.

🌿 A Asociación Cultural Castelo Conta e o Colectivo Grigri presentan este xoves na Illa de Arousa o proxecto Mulleres en Rede, en colaboración coa Dirección Xeral de Promoción da Igualdade.

4 months ago 0 0 0 0
Preview
Castelo saca lustre ao seu monte Cabalos para limpar o monte ou un convenio para exercer de «escaparate» do modelo de silvicultura, novidades da comunidade de montes de Castelo

🪴 O Xalo é xa unha referencia en Galicia grazas ao traballo da Comunidade de Montes de Castelo. Cóntano esta semana en @laopinioncoruna.es 👇🏼

6 months ago 1 0 0 0
Coidando do Monte Xalo coa Asociación Galega das Castañas e dos Soutos - Castelo Conta A Asociación Galega da Castaña e dos Soutos encargouse da poda dos castaños do escenario do Monte Xalo, unha acción clave para o festival e para a protección do monte.

Coidando do Monte coa Asociación Galega das Castañas e dos Soutos 🌰

Na décima edición do #CasteloConta2025, axudáronnos na preparación do Monte Xalo: encargáronse da poda dos castiñeiros, facendo posible a inauguración do festival nun espazo tan espectacular.

#TodoCasteloConta 🌿

7 months ago 0 0 0 0
Así foi a presentación de 'Mulleres que Contan' no Castelo Conta 2025 - Castelo Conta Un proxecto dirixido por Hadriana Casla que recoñece ás mulleres maiores do rural galego como memoria viva e gardiás da cultura.

É posible grazas a Grigri Projects. Impulsado por catro Grupos de Desenvolvemento Rural e financiado polo Feader, Intervención Leader Galicia (PEPAC 2023-2027).

Mira o vídeo da presentación na nosa web!

7 months ago 0 0 0 0
Post image

O proxecto recoñece ás mulleres do rural como memoria viva e gardiás da cultura galega, consolidando vínculos interxeracionais e territoriais.

Este foi o primeiro encontro de mulleres de Baroña, Manzaneda, Triacastela e Paradela.

7 months ago 0 0 1 0

Presentamos ‘Mulleres que Contan’ no #CasteloConta2025

Un proxecto dirixido por Hadriana Casla que pon no centro ás mulleres do rural galego. Catro grupos de mulleres participaron no encontro, construíndo un relato que se desenvolverá no documental a partir das súas propias gravacións e conversas💬

7 months ago 0 0 1 0
O décimo día do Castelo Conta en fotos - Castelo Conta A Romaría do San Ramón foi a encargada de despedir o Castelo Conta deste ano. Desde cedo soaron as gaitas na tradicional alborada e, mentres na capela se celebraban as...

Último día do #CasteloConta2025 🌿

➡️ Alborada cos gaiteiros e Cafés Lúa
➡️ Misa na capela de San Ramón
➡️ Ruta de coches clásicos
➡️ Romaría de San Ramón: pulpada popular e sesión vermú con La Ocaband

Un domingo de comunidade, música e tradición para despedir a décima edición.

📸 Fotos xa dispoñibles!

7 months ago 0 0 0 0
O noveno día do Castelo Conta en fotos - Castelo Conta O Día Grande do Castelo Conta arrincou cunha churrascada que reuniu á veciñanza arredor da mesa. Con enerxías renovadas, botámonos a andar por Vilaverde, Castelo de Abaixo, Xalo e Folgueira,...

O Día Grande do #CasteloConta2025

Unha xornada para a memoria, cun xantar, andaina, cea, monólogos con Quico Cadaval, Javier Veiga, David Perdomo, Oswaldo Digón, David Amor, Marita Martínez, Lucía Veiga, Patricia Castrillón; e Gin Toni's e DJ Mínimo pechando a xornada.

📸 Fotos xa dispoñibles!

7 months ago 0 0 0 0
Advertisement
O oitavo día do Castelo Conta en fotos - Castelo Conta A xornada arrincou co último día de Xente Miúda, cunha representación de Inventi Teatro e un obradoiro de canto con Sés. Despois, chegou a cata de Cafés Lúa, unha viaxe...

Oitava xornada no Castelo Conta 🚀


➡️ Teatro en Xente Miúda, e obradoiro con Sés
➡️ Cata de Cafés Lúa
➡️ Vermú con callos do Culuca e concerto de The Rapants
➡️ Contos de Castelo con Fátima Pego
➡️ Noite de gargalladas con 'Somos Criminais e punto final'
➡️ Zënzar pechando o día

📸 Xa podes ver as fotos!

7 months ago 0 0 0 0
O sétimo día do Castelo Conta en fotos - Castelo Conta Hoxe o día comezou nas cociñas coas crianzas de Xente Miúda. Pasaron a mañá enteira elaborando pratos que logo se probaron nunha cata aberta ao público. Máis tarde, na taberna,...

Sexta xornada! 🌿


A cativada concursou en Xente Miúda pola mellor receita, vivimos un vermú na taberna con pinchos que quitaban o alento e a música de PAVA.

Tamén coñecemos a forza das ‘Mulleres que Contan’ e celebramos a ‘Gala dos dez anos’, con humor, música e premios ✨

📸 Fotos na nosa web!

7 months ago 2 0 0 0
O sexto día do Castelo Conta en fotos - Castelo Conta Hoxe as protagonistas foron as regueifas, pola mañá nun obradoiro coa cativada de Xente Miúda,  a tarde, coa estrea do documental ‘Ao son dunha nova regueifa’ e para rematar, coas...

Sexta xornada do Castelo Conta 2025 🌿


➡️ Obradoiro de regueifas e estrea da serie animada 'Pipo'
➡️ Vermú na taberna con Ceibe, Decanta-T e a música de 9Louro
➡️ Contos de Castelo + estrea do documental Ao son da nova regueifa
➡️ Foliada interminable no torreiro

📸 Fotos xa dispoñibles na nosa web!

7 months ago 0 0 0 0
O quinto día do Castelo Conta en fotos - Castelo Conta A xornada comezou con Xente Miúda, na que percorreron a fraga de Cabrois para descubrir as árbores que alberga. Na sesión vermú tivemos cociñando aos chefs de A Horta do...

Quinta xornada! 🌿


Da fraga de Cabrois cos nenos e nenas de Xente Miúda aos Vermús da Taberna con Artesa da Moza Crecha, A Horta do Obradoiro e a música de Abril, pasando polos Contos de Castelo máis 'GenZ' ata unha noite chea de enerxía con Lisdexia e Monoulious DOP.

📸 Fotos xa dispoñibles!

7 months ago 0 0 0 0

O cuarto día do #CasteloConta2025 🌿
➡️ En Xente Miúda, o campamento para a cativada, fixeron cianotipia.
➡️ No Vermú na Taberna houbo sabores incribles e funk acompañando.
➡️ Os Contos de Castelo cobraron vida en formato televisivo.
➡️ Xabier Díaz presentou a súa obra antes do peche con De Vacas.

7 months ago 1 0 1 0