Coidando do Monte coa Asociación Galega das Castañas e dos Soutos 🌰
Na décima edición do #CasteloConta2025, axudáronnos na preparación do Monte Xalo: encargáronse da poda dos castiñeiros, facendo posible a inauguración do festival nun espazo tan espectacular.
#TodoCasteloConta 🌿
Presentamos ‘Mulleres que Contan’ no #CasteloConta2025
Un proxecto dirixido por Hadriana Casla que pon no centro ás mulleres do rural galego. Catro grupos de mulleres participaron no encontro, construíndo un relato que se desenvolverá no documental a partir das súas propias gravacións e conversas💬
Último día do #CasteloConta2025 🌿
➡️ Alborada cos gaiteiros e Cafés Lúa
➡️ Misa na capela de San Ramón
➡️ Ruta de coches clásicos
➡️ Romaría de San Ramón: pulpada popular e sesión vermú con La Ocaband
Un domingo de comunidade, música e tradición para despedir a décima edición.
📸 Fotos xa dispoñibles!
O Día Grande do #CasteloConta2025 ✨
Unha xornada para a memoria, cun xantar, andaina, cea, monólogos con Quico Cadaval, Javier Veiga, David Perdomo, Oswaldo Digón, David Amor, Marita Martínez, Lucía Veiga, Patricia Castrillón; e Gin Toni's e DJ Mínimo pechando a xornada.
📸 Fotos xa dispoñibles!
O de hoxe foi xenial 🥰 #TheRapants #CasteloConta2025
O cuarto día do #CasteloConta2025 🌿
➡️ En Xente Miúda, o campamento para a cativada, fixeron cianotipia.
➡️ No Vermú na Taberna houbo sabores incribles e funk acompañando.
➡️ Os Contos de Castelo cobraron vida en formato televisivo.
➡️ Xabier Díaz presentou a súa obra antes do peche con De Vacas.
🤝 No #CasteloConta2025 cultura e solidariedade van da man. 🧺 Sortearemos unha cesta solidaria onde todo o recadado irá á ONGD Ecos do Sur, adicada á defensa das persoas migrantes e refuxiadas. As rifas pódense mercar por 2€ na taberna.
👉 O sorteo será durante a Gala dos dez anos.
#TodoCasteloConta
Dez retratos, dez sorrisos, dez historias para celebrar o #CasteloConta2025 ✨
Hoxe tivo lugar na Clínica Pardiñas a inauguración dunha exposición que homenaxea á comunidade que fixo posible dez anos de encontros e cultura. As fotografías que a conforman son obra de Aigi Boga.
#TodoCasteloConta
🍻 Estrella Galicia acompáñanos no #CasteloConta2025 🌿
A cervexa galega con máis de cen anos de historia, presente no mundo e sempre vinculada á súa terra, estará en Casa Rodríguez, nos concertos e nos seráns, celebrando connosco unha década de encontros, cultura e festa.
#TodoCasteloConta
🌿O sábado 30 de agosto celébrase o día Grande do #CasteloConta2025!
➡️ Ás 14:00, terá lugar a churrascada popular.
➡️Ás 16:00 a andaina, un percorrido acompañado de moito humor e moita música.
➡️ Ás 20:00 a cea comunitaria, antes da noite dos monólogos.
🎟️ Entradas dispoñibles!
#TodoCasteloConta
📲 Xa está dispoñible a app do #CasteloConta2025!
Programación, artigos, multimedia, mapa interactivo con audios e notificacións en tempo real: o festival, enteiro no teu peto.
🔗 Podes descargala en Android ou iOS
#TodoCasteloConta
🥛 Nesta décima edición do #CasteloConta2025 Deleite acompañaranos en Casa Rodríguez e nas actividades de Xente Miúda durante todo agosto. Un produto 100% galego, que combina calidade, innovación e compromiso co rural 💛
#TodoCasteloConta
✨ Unha década de encontros, cultura e comunidade.
O 28 de agosto ás 22:00, a Polideportiva acollerá a Gala dos 10 anos do #CasteloConta2025, un percorrido pola historia do festival con música, humor e convidados especiais.
🎟️ Entradas dispoñibles en casteloconta.gal
#TodoCasteloConta
🎶 Venres 29 ás 14:00, teremos nos Vermús na Taberna...
🔊 Garage-pop, indie e rock con himnos xeracionais de The Rapants
👩🍳 E pratos que mesturan tradición e innovación con Chisco Jiménez
Un mediodía para cantar, bailar e saborear a Galicia máis divertida!
#CasteloConta2025 #TodoCasteloConta
🎶 Xoves 28 ás 14:00, Vermús na Taberna con PAVA: pop galego con emoción, sorna e identidade! 👩🍳 Bea Sotelo e Bego Vázquez traen sabores da nosa terra e creatividade nos fogóns. Un mediodía de música, gastronomía e celebración da cultura galega no #CasteloConta2025 #TodoCasteloConta
🤟 Xoves, venres e sábado, a comedia do #CasteloConta2025 é accesible a todas as persoas!
Intérpretes de LSE acompañarán a Gala dos Dez Anos, Somos Criminais e punto final e A Noite do Castelo Conta.
🎟️ Entradas con desconto a través da @faxpg.bsky.social
Diversión sen barreiras!
#TodoCasteloConta
🎤 Mércores 27, ás 14:00
🔊 9Louro trae o son urbano máis honesto
👨🍳 Na cociña: Damián Paris + Ceibe (Lydia del Olmo e Xosé Magalhaes)
Un vermú con carácter, frescura e raíces actualizadas.
#CasteloConta2025 #TodoCasteloConta
casteloconta.gal/eventos/verm...
💡 No #CasteloConta2025 iluminaremos cada espazo da man de Máis Enerxía, comercializadora galega sostible e comprometida co territorio. Luz real e simbólica para crear atmosferas únicas e facer país ⚡🌿
🎉 Desvelamos un dos segredos mellor gardados deste #CasteloConta2025 🌿 Abrimos fío de colaboradores! Porque este festival é tamén posible grazas á colaboración con proxectos que comparten os nosos valores. Descubre quenes son! 🧵👇🏽
🎭 Música, natureza e moita maxia!
O domingo 24 de agosto ás 12:00, Bibopalula, o musical infantil en galego, toma o escenario do Monte Xalo no #CasteloConta2025.
Un plan perfecto para as familias, con entrada libre para cativos e cativas.
#TodoCasteloConta
🥄Casa Rodríguez é moito máis ca unha taberna. Durante décadas foi punto de encontro na aldea. Agora volve ser o corazón das tardes acollendo os Vermús na Taberna do #CasteloConta2025, con música en directo e petiscos galegos 🎶 🥧
🔗 Coñece a súa historia casteloconta.gal/a-historia-q...
💥 A taberna do #CasteloConta2025 xa ten data de apertura!
📍 Casa Rodríguez volve abrir este venres 1 de agosto ás 19:00h con estrea especial: o novo tema e videoclip de Sés adicado a Castelo.
Nas casas galegas é habitual que, despois de xantar, cheguen os contos da sobremesa 🍽️
No #CasteloConta2025 mantemos esa tradición viva coas tardes de 🎙️ Contos de Castelo: de luns a venres, historias compartidas, anécdotas, emocións e moita memoria.
⏰ Na conta atrás para o #CasteloConta2025 facémoslle oco a unha colección de postais de Castelo 🏞️, a partir do relato das veciñas e veciños que recollemos durante estes anos. Que lugares contan a historia da parroquia? 🗣️🧵⬇️
📸 A presentación do #CasteloConta2025 deixounos moitos momentos especiais que xa podes revivir.
O inicio dunha edición moi especial, compartido coa veciñanza, coas institucións e con todas as persoas que fan posible este festival.
👉 Bota un ollo aquí: flic.kr/s/aHBqjCnip9