Dende Aprafoga lamentamos profundamente o pasamento de Antonio Vercher, referente xurídico desde a @fiscaliageneral.bsky.social na loita contra os delitos medioambientais e comprometido coa figura dos #AxentesAmbientais e do seu papel na defensa do patrimonio natural.
Que a terra che sexa leve.
Posts by
Se logo de oposicións e concursos cada 10 anos, que tardan 3 anos en resolver, e se nas prazas ofertadas do proceso selectivo non inclúen as non cubertas no concurso para elección d@s candidat@s aprobad@s, está claro que a ordenación de recursos humanos é unha competencia esquecida desta consellería
#AxentesAmbientais da Xunta de Galicia interceptan a unha persoa cazando ilegalmente de noite e portando un arma con mira telescópica. Procédese o decomiso e depósito da arma e á redacción da correspondente denuncia.
#PolicíaAmbiental
Dentro da relación entre estes dous procedementos e de cara a cumprir cos Títulos IV, V e VI da Lei 2/2015, dende APRAFOGA solicitamos que se inclúan todos os postos vacantes de nivel 18 ou inferior que non sexan cubertos no concurso, na elección de destino dos aspirantes do proceso selectivo
A resolución da D.X. de Emprego Público da Xunta de Galicia sobre o concurso para provisión de postos de traballo de #AxentesAmbientais condicionou a súa toma de posesión a que se remate outro procedemento, o proceso selectivo coa elección dos destinos definitivos dos aspirantes aprobados
ℹ️ As actividades de divulgación e extensión forestal forman parte das nosas funcións como #AxentesAmbientais, tal e como sucedeu esta semana nunhas charlas sobre a Unidade multifunción Batracio do #SPIF que, xunto con #BombeirosForestais, inpartíronse no CFEA de Becerreá
@s #AxentesAmbientais da Xunta de Galicia actuamos regulamentariamente coma o órgano da Administración coas funcións de vixilancia e coidado da caza. Neste caso supervísanse batidas autorizadas en terreos non cinexéticos, dando prioridade ás medidas de seguridade contempladas na norma
⚠️ATENCIÓN á evolución da alerta meteorolóxica para os vindeiros días. As previsións apuntan a fortes refachos e precipitacións con importantes acumulados. Moita precaución na contorna dos ríos por posibles enchentes e manter gabias e sumideiros despexados
www.meteogalicia.gal/web/predicio...
🔥 Un hombre fue condenado por provocar cuatro focos de fuego en Calvos de Randín, Ourense
“No estaba bien” 👇
leer.laregion.es/4pbu…
El cortometraje documental "Los vigilantes de la fauna", dirigido por Alberto Redondo, nos cuenta el trabajo diario de los agentes forestales y medioambientales. Es una recomendación de nuestro colaborador Jonathan Gil Muñoz, director de El Guadarramista www.revistaquercus.es/noticia/9241...
Sería de esperar que a ausencia nesta nova dos #AxentesAmbientais, como os naturais inspectores ambientais definidos na norma, non implique a súa exclusión deste programa, de cara á "axeitada e suficiente dotación de medios persoais e materiais", particularmente dos propios da Xunta de Galicia
A normativa galega especifica os #AxentesAmbientais como órganos da Administración no exercicio das funcións de vixilancia e coidado da caza. Consideramos dunha incoherencia e irresponsabilidade maiúsculas relegar a este colectivo desta prioritaria cuestión
xunta.gal/notas-de-pre...
A pasada semana #AxentesAmbientais participaron nas xornadas "Lume e Gandería Extensiva" organizada por Puraga, onde expuxeron os procedementos para a execución de #QueimasPrescritas como ferramenta para favorecer a importante actividade do pastoreo extensivo na prevención de #IIFF
Con gran pesar, l@s #AxentesAmbientais de la Xunta de Galicia lamentamos el fallecimiento en acto de servicio de la Agent Mediambiental de Agents Mediambientals y enviamos todo nuestro ánimo a sus compañeros, amigos y familiares. Que la terra et siga lleu companya.
www.europapress.es/comunitat-va...
#AxentesAmbientais da #UIFO, participaron no 1º Congreso #WIC25 en #Portugal sobre investigación d causas de #IIFF, nunhas xornadas onde compartiron a súa experiencia e métodos con outros expertos de ámbito internacional e compañeir@s de @agentsruralscat.bsky.social
@ignitfire.bsky.social
wic25.eu
Fío5️⃣de5️⃣
Dende @aprafoga.bsky.social queremos advertir do perigo que supón para o futuro do sector forestal o incumprimento do seu planeamento estratéxico. Así mesmo, reclamamos o compromiso adquirido do aumento do nº de axentes para un control máis efectivo das millóns de parcelas forestais
Fío4️⃣de5️⃣
Nas ambiguas medidas de "flexibilización" anunciadas pola Xunta de Galicia sobre a moratoria, máis aló dunhas inxénuas e contradictorias declaracións de intencións, esbózase como vaticinio da constatación deste fracaso no cumprimento deste esencial documento, o #PlanForestalDeGalicia
Fío 3️⃣de5️⃣
No período da moratoria de 2021 ata hoxe as hectáreas ocupadas por esta especie non só non diminuíron, senón que aumentaron en varios miles de hectáreas, o que supón un claro fracaso das precarias e insuficientes medidas para cumprir co PFG
Fío2️⃣de5️⃣
Con esta revisión tomouse a medida de prohibir as novas plantacións de eucalipto como parte das medidas para reducir nun 5% a súa presenza no territorio, tras confirmarse un considerable aumento das 245.000 ha planificadas no orixinal Plan de 1992 ate as máis de 400.000 ha
A moratoria da moratoria do #eucalipto
Fío 1️⃣de5️⃣
No ano 2021 apróbase a 1ª revisión d Plan Forestal de Galicia, como "instrumento básico de planificación forestal estratéxica para o deseño da política forestal galega", tal e como reza o propio documento con vixencia ata 2040
Dende @aprafoga.bsky.social queremos felicitar a Dna. Carmen Eiró Bouza pola súa proposta como Fiscal Superior de Galicia, agradecendo a confianza depositada na labor profesional dos #AxentesAmbientais, especialmente nos Axentes #UIFO, na defensa da natureza e do M. Amb
atlantico.net/galicia/fisc...
Dende @APRAFOGA novamente queremos manifestar a nosa perplexidade ante a inexplicable non activación, por parte de @MAambienteXunta, do periodo extraordinario de servizos para #AxentesAmbientais de Patrimonio Natural con motivo do inicio da tempada de caza menor en #Galicia.
#AxentesAmbientais reciben con gratitude o recoñecemento da @policia.es pola súa labor d investigación, realizada conxuntamente con membros desta mesma institución, sobre a autoría de varios #IIFF en Ourense. A coordinación entre corpos dá como resultado, unha vez máis, un servizo eficaz á cidadanía
#AxentesAmbientais da Xunta de Galicia realizan estes días traballos de translocación de fauna piscícola no Miño, por causa da execución dunhas obras para unha nova escada para peixes
#AxentesAmbientais da #UIFO do #SPIF realizan investigación conxunta con #SEPRONA da Guardia Civil, identificando a un veciño de As Pontes como presunto autor dun delito de #IIFF. A coordinación entre os corpos conleva un eficiente servizo á sociedade
A unha administración responsable do #medionatural presupónselle, entre outras cuestións, a busca dun equilibrio nos ecosistemas do territorio que administra, cun criterio técnico e baseado na ciencia, evitando frivolizar para non confundir ós séus cidadáns praza.gal/politica/a-c...
Trala vaga de lumes, a urxencia debe trasladarse á protección dos nosos solos que poden multiplicar x30 a súa erosión en terreos queimados, agravando así este desastre natural. Dende @aprafoga.bsky.social queremos alertar ás AAPP da necesidade de actuar en base os estudos científicos dispoñibles
@s #AxentesAmbientais da Xunta de Galicia realizamos servizos de vixilancia nos encoros, co obxectivo de que os usos e actividades nestas contornas sexan realizadas dentro do marco normativo.
#PolicíaAmbiental
#DefendemosANatureza
#DefendemosORural
#AxentesAmbientais @Xunta e #Confederación @mitecogob realizan levantamento de acta, e recollida de mostras sobre vertedura da rede de saneamento municipal, sen depuración previa, en cursos fluviais incluidos na #RedeNatura2000.
#PolicíaAmbiental