Dende Aprafoga lamentamos profundamente o pasamento de Antonio Vercher, referente xurídico desde a @fiscaliageneral.bsky.social na loita contra os delitos medioambientais e comprometido coa figura dos #AxentesAmbientais e do seu papel na defensa do patrimonio natural.
Que a terra che sexa leve.
#AxentesAmbientais da Xunta de Galicia interceptan a unha persoa cazando ilegalmente de noite e portando un arma con mira telescópica. Procédese o decomiso e depósito da arma e á redacción da correspondente denuncia.
#PolicíaAmbiental
A resolución da D.X. de Emprego Público da Xunta de Galicia sobre o concurso para provisión de postos de traballo de #AxentesAmbientais condicionou a súa toma de posesión a que se remate outro procedemento, o proceso selectivo coa elección dos destinos definitivos dos aspirantes aprobados
ℹ️ As actividades de divulgación e extensión forestal forman parte das nosas funcións como #AxentesAmbientais, tal e como sucedeu esta semana nunhas charlas sobre a Unidade multifunción Batracio do #SPIF que, xunto con #BombeirosForestais, inpartíronse no CFEA de Becerreá
@s #AxentesAmbientais da Xunta de Galicia actuamos regulamentariamente coma o órgano da Administración coas funcións de vixilancia e coidado da caza. Neste caso supervísanse batidas autorizadas en terreos non cinexéticos, dando prioridade ás medidas de seguridade contempladas na norma
Sería de esperar que a ausencia nesta nova dos #AxentesAmbientais, como os naturais inspectores ambientais definidos na norma, non implique a súa exclusión deste programa, de cara á "axeitada e suficiente dotación de medios persoais e materiais", particularmente dos propios da Xunta de Galicia
A normativa galega especifica os #AxentesAmbientais como órganos da Administración no exercicio das funcións de vixilancia e coidado da caza. Consideramos dunha incoherencia e irresponsabilidade maiúsculas relegar a este colectivo desta prioritaria cuestión
xunta.gal/notas-de-pre...
A pasada semana #AxentesAmbientais participaron nas xornadas "Lume e Gandería Extensiva" organizada por Puraga, onde expuxeron os procedementos para a execución de #QueimasPrescritas como ferramenta para favorecer a importante actividade do pastoreo extensivo na prevención de #IIFF
Con gran pesar, l@s #AxentesAmbientais de la Xunta de Galicia lamentamos el fallecimiento en acto de servicio de la Agent Mediambiental de Agents Mediambientals y enviamos todo nuestro ánimo a sus compañeros, amigos y familiares. Que la terra et siga lleu companya.
www.europapress.es/comunitat-va...
#AxentesAmbientais da #UIFO, participaron no 1º Congreso #WIC25 en #Portugal sobre investigación d causas de #IIFF, nunhas xornadas onde compartiron a súa experiencia e métodos con outros expertos de ámbito internacional e compañeir@s de @agentsruralscat.bsky.social
@ignitfire.bsky.social
wic25.eu
Dende @aprafoga.bsky.social queremos felicitar a Dna. Carmen Eiró Bouza pola súa proposta como Fiscal Superior de Galicia, agradecendo a confianza depositada na labor profesional dos #AxentesAmbientais, especialmente nos Axentes #UIFO, na defensa da natureza e do M. Amb
atlantico.net/galicia/fisc...
Dende @APRAFOGA novamente queremos manifestar a nosa perplexidade ante a inexplicable non activación, por parte de @MAambienteXunta, do periodo extraordinario de servizos para #AxentesAmbientais de Patrimonio Natural con motivo do inicio da tempada de caza menor en #Galicia.
#AxentesAmbientais reciben con gratitude o recoñecemento da @policia.es pola súa labor d investigación, realizada conxuntamente con membros desta mesma institución, sobre a autoría de varios #IIFF en Ourense. A coordinación entre corpos dá como resultado, unha vez máis, un servizo eficaz á cidadanía
Otro día más 💪🏻
#opozulo #oposiciones #axentesambientais #incendiosforestais #métodosdelasevidenciasfísicas
#AxentesAmbientais da Xunta de Galicia realizan estes días traballos de translocación de fauna piscícola no Miño, por causa da execución dunhas obras para unha nova escada para peixes
#AxentesAmbientais da #UIFO do #SPIF realizan investigación conxunta con #SEPRONA da Guardia Civil, identificando a un veciño de As Pontes como presunto autor dun delito de #IIFF. A coordinación entre os corpos conleva un eficiente servizo á sociedade
@s #AxentesAmbientais da Xunta de Galicia realizamos servizos de vixilancia nos encoros, co obxectivo de que os usos e actividades nestas contornas sexan realizadas dentro do marco normativo.
#PolicíaAmbiental
#DefendemosANatureza
#DefendemosORural
#AxentesAmbientais @Xunta e #Confederación @mitecogob realizan levantamento de acta, e recollida de mostras sobre vertedura da rede de saneamento municipal, sen depuración previa, en cursos fluviais incluidos na #RedeNatura2000.
#PolicíaAmbiental
#AxentesAmbientais @Xunta da Unidade de Investigación d Incendios Forestais #UIFO e @guardiacivil Pontevedra, tras un prolongado traballo en conxunto poñen a disposición xudicial a un veciño de Arbo como causante d varios #IIFF en Arbo e Cañiza.
O traballo d@s #AxentesAmbientais @Xunta non remata coa extinción dos lumes. A investigación da causalidade dos #IIFF é unha parte fundamental nestes traballos posteriores. A #UIFO (Unidade de Investigación de Incendios Forestais) é a encargada desta complexa tarefa.
youtube.com/watch?v=3IQQ...
Dada a situación de extrema gravidade provocada polos #IIFF na nosa terra, @aprafoga.bsky.social, en nome d@s #AxentesAmbientais de Galicia, poñémonos de inmediato a plena disposición da #Xunta e do #SPIF en todo aquelo que considere necesario para enfrontarse a esta excepcional emerxencia
Dentro do Mecanismo #EUCivilProtection, #BBFF neerlandeses fórmanse en Galicia e, de novo, #AxentesAmbientais coordinarán as súas actividades, que incluirán adestramento e participación directa, xunto con #BombeirosForestais do #SPIF, en extinción de incendios forestais #IIFF
Welkom!
Dentro das competencias na protección do #PatrimonioNatural, #AxentesAmbientais da #Xunta realizaron controis e seguementos que acadaron a captura dunha especie catalogada como exótica invasora, a cal podería comportar unha ameaza para a diversidade biolóxica do noso territorio
Dende @APRAFOGA consideramos absolutamente necesaria a reposición de postos de #AxentesAmbientais da Xunta de Galicia antes do inicio da campaña de alto risco de #IIFF. A seguridade, o coñecemento do terreo e os protocolos de actuación deben ser unha prioridade na dirección de extinción de #IIFF
Onte, #AxentesAmbientais @Xunta, xunto con #BombeirosForestais do #SPIF, estiveron no #CHUS entregando libros de O Bolechas a peques hospitalizados, onde viviron unha marabillosa e gratificante experiencia, tamén da man dos #sanitarios que con tanto agarimo os asisten
O pasado sábado 26, #AxentesAmbientais da @Xunta sorprenderon a un pescador cunha captura cuxa cota era superior á permitida e con varios exemplares desta que non acadaban as dimensións mínimas esixidas na norma específica
#PolicíaAmbiental
Na noite do pasado domingo, #AxentesAmbientais da Xunta de Galicia sorprenden a unha persoa capturando lampreas de xeito irregular. Esta persoa foi identificada e denunciada, procedendo o decomiso das artes empregadas e da captura obtida, a cal foi entregada a unha residencia de maiores
No eido dos incendios forestais, destaca o simposio internacional que se celebrará os días 26 e 27 e no que intervirán #AxentesAmbientais da #UIFO, da #UDEX, Técnicos e persoal do
#SPIF, así como expertos de recoñecido prestixio a nivel europeo. Animádevos a asistir!
Este ano Aprafoga contará de novo cun posto na #Sedexpo, onde se expoñerán algunhas das funcións d@s #AxentesAmbientais e o público en xeral poderá realizar as consultas oportunas. Serán unhas xornadas de gran interese no sector da seguridade e das emerxencias.
Dentro da labor de divulgación e sensibilización ambiental, #AxentesAmbientais da Xunta de Galicia colaboran con centros escolares, nesta ocasión coa solta de troitas criadas en piscifactorías da CMACC e procedentes de proxenitores da mesma bacía fluvial onde se realiza esta