O sábado 29 recollimos no #culturgal dentes de leite do Rato Pérez, colaborando na @coleccionrp.bsky.social do @cenieh.bsky.social
Agasallos, exposición e lupa para observar dentes de animais mariños.
Rematou xa o #culturgal e estamos encantados coa acollida que o público amosou polo videoxogo galego. Hai un enorme talento no sector da nosa comunidade, e agora xa o saben 16.000 persoas máis. Grazas á organización, á #AGADIC e á #Xunta por facelo posible.
👉@puntogal.bsky.social xa está no stand 73 do #Culturgal. 👀Podedes vir e ver como quedou o mural que estivo pintando Diego Linhares durante o venres e o sábado ou consultar as outras actividades que patrocinamos. 🗓️Aproveitade hoxe, que é o último día de feira!
Vos deixamos con algún cachiño da nosa actuación de onte dentro do programa do #Culturgal en #Pontevedra
⭐️ Tamen puidemos pasar a saudar ás compis de AColectiva.
Grazas a Culturgal polo espazo e grazas á xente que nos acompañou.
📣 Ah e lembra que a única IA xenerativa ética, é a que NON se usa✊🏽
📷 Iria Ribadomar e Laura Caneira
#AGPI #Culturgal #IAxenerativa #CadernoAGPI
Hoxe andarei polo #Culturgal. Ás 12:00h, asino "As obras póstumas" no stand de @xerais.bsky.social. Ás 13:00h, falo da novela e de moitas outras cousas ante máis de 30 clubs de lectura de toda Galicia. Remato o almorzo e vou.
Todo preparado para a segunda jornada de #culturgal! Hoxe temos obradoiro e seguimos amosando unha estupenda selección de videoxogos feitos en Galicia, grazas ao apoio da Xunta e AGADIC
☀️ Xa estamos na @culturgal_feira_
... E hoxe estamos de estrea con estas dúas láminas que formaron parte da baralla do Ghaiteiro petroleiro organizada por @unhagranburlanegra
👉🏽 Vémonos hoxe venres, sábado e domingo de 11:00 a 21:00
#culturgal #culturgal2025 #pontevedra #culturagalega #galiza
📒 Recorda, se eres socix, pasa polos teus cadernos :-)
⭐️ Vémonos! ⭐️
#NoIA #AGPI #CadernoAGPI #Pontevedra #CULTURGAL
Todo listo xa para a nosa mostra de videoxogos galegos, no marco do #culturgal
Achegádevos esta finde!
📢 Ante a vulneración dos nosos dereitos de autoría, suxeitos á leis de propiedade intelectual, non hai nin pode haber un uso ético da IA xenerativa.
#AGPI #Culturgal #IAxenerativa
Un ano máis, todas as nosas novidades e unha gran selección do noso fondo, desde o venres ao domingo en #Culturgal, no Pazo da Cultura de Pontevedra.
Vinde visitarnos!
🎙️✨Este sábado, o stand 73 de @puntogal.bsky.social será escenario dunha edición especial do podcast “Cultura a todas luzes” en #Culturgal. Lois Araúxo entrevista a: Neves Rodríguez, Isabel Vigo, Uxía Larrosa, Ángeles Huerta, Chévere, Paco Macías e moitos máis.
«Entropía», artigo en @nosdiario.gal.web.brid.gy
bretemas.gal/entropia-2/
«O #Culturgal desta fin de semana, na súa décimo oitava edición con máis actividades que nunca, é unha oportunidade excelente para recibir un xute enerxético de emotividade e entusiasmo que precisamos.»
🏐Este venres ás 18:00 en #culturgal, @puntogal.bsky.social trae unha demo de fútbol gaélico para os máis novos! Xogadores da Asociación Galega de Fútbol Gaélico amosarán como se xoga… e haberá camisetas da selección galega de agasallo 👕🔥
Non o perdas!
👏🤝Un ano máis, en #Culturgal contamos co apoio de #gadis, patrocinador do stand de @puntogal.bsky.social na feira. Grazas por acompañarnos na promoción da cultura galega e no impulso de iniciativas que unen creatividade, lingua e comunidade.
De venres a domingo participaremos en PONTEVEDRA nunha nova edición de #Culturgal. Vinde visitar o noso posto. Teremos máis de 80 títulos á venda, con todas as nosas novidades, e un sábado intenso de sinaturas e actos, que aquí avanzamos.
Este martes #AuroraMarco presenta o seu novo libro en #Pontedeume [Casa da Cultura, 20 h]: o ensaio biográfico MARÍA VÁZQUEZ, A MESTRA SOCIALISTA ELIMINADA POLO FRANQUISMO.
E na tarde do sábado 29 , a autora asinará exemplares en #Culturgal No posto de @alvarellos.bsky.social ás 19 h.
Exposición de proxectos no espazo de Videoxogo.gal: 28-29-30 de novembro Presentación do libro Game Jams, guía para sacarlles o máximo partido' con Concepción González: Sábado 29 de novembro ás 16:00h Obradoiro "Unha historia de píxeles": Sábado 29 de novembro de 12:00h a 13:30h Premios aos mellores videoxogos Culturgal 2025: Domingo 30 de novembro ás 19:00h
Estaremos durante os días 28, 29 e 30 de novembro no #culturgal, en Pontevedra!
Estas son as actividades que teremos durante a fin de semana:
🎶✨ Que fin de semana no #Culturgal! ✨🎶
#derepenteunburato
#bruònfolkfest #festivaldoboibruòn #osliantes #músicafolk
Como xa adiantaba @jesmb-lamiaescura.bsky.social , no pasado #Culturgal presentamos a Liga Galega Pokémon que estamos a organizar. Queres saber máis?
obradoirodixitalgalego.gal/blog/posts/l...
#LigaGalegaPokemon #Pokemon
Rematou o #Culturgal. Os videoxogos Foron tamén protagonistas! #MUVI.
Pois velaquí como poden conxugarse, nun momento maxico, a miña estupidez natural cun croma que tiña máis filtro ca min. Grazas aos espontaneos aplausos da multitude congregada no #Culturgal, a @marianietodiaz.bsky.social por molar tanto e á TVG por facer de cada venres un novo #blackfriday
Estamos xa a preparar as #LetrasGalegas2025. O pasado domingo celebramos a proximidade do ano que lles dedicaremos á poesía popular oral e as cantareiras da man do #Culturgal, #SomosPandeireteiras e #Bouba. @xerais.bsky.social academia.gal/-/o-culturga...
#TrasDoCeo de @xerais.bsky.social no #Culturgal escoitando o @manuelrivas.bsky.social sobre a súa nova novela, limpar o medo e o futuro da verdade.🌿🤍
Cago nas frautas de dios
#culturgal
Últimas horas para gozar dos #videoxogos no #culturgal. Achegádevos pola área de #videoxogo_gal e tamén polos espazos do #MUVI.
#Cultura #galicia
O curioso do #Culturgal é que atopas alí a medio "GaliBluesky".
-Saudei aos que conhezo de sempre.
- Deume vergonha saudar a outros como @antoniomfraga.bsky.social
- Non din coincidido co @manuelesteban.bsky.social e iso que o busquei co seu libro na bolsa 😔
Para o ano máis!!!!