Advertisement · 728 × 90
#
Hashtag
#LetrasGalegas2025
Advertisement · 728 × 90
Video

Disque imos cara ao inverno, nós ficamos na #PrimaveraDasLetras das #cantareiras das #LetrasGalegas2025. Aínda que 'As Ferreñas (en vivo e en directo)' de Paula Carballeira ben pode ser un bo conto de Nadal, ou? Velaquí a historia da nosa escritora ilustrada por Nuria Díaz 👇
primaveradasletras.gal

7 1 0 0
Xulia Feixoo. Ao ronsel do cantigueiro | Simposio Día das Letras Galegas das cantareiras
Xulia Feixoo. Ao ronsel do cantigueiro | Simposio Día das Letras Galegas das cantareiras YouTube video by RealAcademiaGalega

📣Xulia Feixoo, etnomusicóloga: "Quizais o ronsel do cantigueiro sexa a posibilidade de seguir trenzando comunidade máis alá das fráxiles fronteiras do presente"

🎦 Conferencia completa no Simposio das #LetrasGalegas2025 das #cantareiras👇
www.youtube.com/watch?v=Lo3O...

1 0 0 0
Video

📣Branca Villares: "Nas coplas que falan da violencia contra as mulleres hai códigos para se manter a salvo e certa intención de denuncia, pero tamén moralizante"

🎦Relatorio completo no Simposio das #LetrasGalegas2025 das #cantareiras (3:12:30)👇
www.youtube.com/watch?v=tENG...
#25N

4 2 0 0
Post image Post image Post image Post image

“Estas Letras foron moi expansivas. Estou moi contento, e penso que Rosalía tamén o estaría”, di o músico Xabier Díaz, unha das voces que convidamos a facer balance do ano das #cantareiras e reflexionar sobre o futuro da tradición.

🎦📷✒️ Simposio das #LetrasGalegas2025 👇
academia.gal/-/a-academia...

3 1 0 0
Post image Post image

📣Ana Boullón: "O éxito das #LetrasGalegas2025 non foi mérito da Real Academia Galega senón da sociedade que sostén este patrimonio de todos"

🎦 Escoitamos xa a Isabel Vigo, Xabier Díaz e Richi Casás no Simposio das #cantareiras 👇
www.youtube.com/watch?v=KCJR...

4 1 0 0
Post image Post image

📣 Manuel Rico: "Temos un material inmellorable no cancioneiro para introducir a nosa música na escola. (...) Non se comprende que nun conservatorio de Galicia se prescinda dela"

🎦Sesión de tarde do Simposio das #LetrasGalegas2025 das #cantareiras en directo 👇
youtube.com/watch?v=KCJR...

1 0 0 0
Video

Branca Villares fálanos do pouso da violencia contra as mulleres no cancioneiro no Simposio das #LetrasGalegas2025 das #cantareiras.

🎦 Sesión da mañá 👇
youtube.com/watch?v=tENG...
Sesión da tarde a partir das 16:30 h 👇
youtube.com/watch?v=KCJR...

7 4 0 0
Video

A profesora e intérprete de música tradicional Branca Villares fálanos do pouso da violencia contra as mulleres no #cancioneiro no Simposio das #LetrasGalegas2025 das #cantareiras.

🎦 Sesión da mañá 👇
youtube.com/watch?v=tENG...
Sesión da tarde a partir das 16:30 h 👇
youtube.com/watch?v=KCJR...

5 3 0 0
Post image

O sábado 22 de novembro agardámosvos en Muxía no Simposio das #LetrasGalegas2025. Contaremos con Xulia Feixoo, Sergio de la Ossa, Domingo Blanco, Branca Villares, Manuel Rico Verea, Xabier Díaz, Richi Casás, Isabel Vigo e as #Abaladeiras.
📌 i.gal/simposiodasc...

3 4 1 0
Destacados - Real Academia Galega

A académica correspondente creou este fermosísimo texto para a serie de fotos do noso arquivo arredor de temas do #cancioneiropopulargalego que, co gallo das #LetrasGalegas2025 que lles dedicamos ás #cantareiras, están a asinar distintos membros da RAG.
✒️ academia.gal/arquivo/dest...

1 0 0 0
Post image

🎂 #Taldíacomahoxe, o 16 de setembro de 1851, nacía na Coruña Emilia Pardo Bazán. Nestas #LetrasGalegas2025 dedicadas ás cantareiras e á poesía popular oral, lembramos estas liñas da autora nas que enxalza os versos creados por persoas analfabetas, moitas delas mulleres.

2 1 1 1
Preview
Se canto é porque quero Real Academia Galega

📹 Nova entrega dupla de #veránlingua☀️: a primeira é "Se canto é porque quero", a serie de vídeos das #LetrasGalegas2025 da @realacademiagalega.bsky.social.

3 1 1 0
Preview
As vendedoras de ranchos

Luciano Rodríguez asina un novo comentario da serie do noso arquivo sobre temas das #letrasgalegas2025 das #cantareiras. O académico correspondente escribe sobre esta foto histórica de Luis Artús.

1 1 0 0
Post image

Heime de embarcar nun barco,
nun barquiño de papel;
andareime toda a vida
para ver o meu Manuel.

Copla recollida por José López de la Vega (1825-1888)
Fonte: 'A poesía popular en Galicia. 1745-1885' de Domingo Blanco

#cantareiras #letrasgalegas2025

2 0 0 0
Post image

Da viga do meu sobrado
é señora unha anduriña;
de noite dorme no niño;
espertámola ó abri-lo día.

🎼
Copla recollida por Marcial Valladares (1821-1903)
📷
Autor: Pepis Beiró
Fonte: academia.gal/aves
#cantareiras #letrasgalegas2025

5 0 0 0
Post image

Se queres plantar salgueiros,
vainos plantar a Silván,
que na terra de Enxirís
os salgueiros non se dan.

Informante: Alfonso de Bazar
Compiladora: Dorothé Schubarth (Santa Comba, 1980)
Fonte: 'Cancioneiro popular galego'

#cantareiras #letrasgalegas2025

4 2 0 1
Preview
Se canto é porque quero

🌞Series para o verán🌞
En agosto rendémoslles homenaxe ás nosas #cantareiras das #letrasgalegas2025 nos terreiros, de foliada en foliada. Pero deixade un chisco de tempo tamén para a serie que lles dedicamos! 😃
📌 ‘Se canto é porque quero’ ⬇️
academia.gal/comunicacion...

2 1 0 0
Preview
Mulleres lavando a roupa no río

Paso río, paso fontes,
sempre te atopo lavando.
Que lástima da cariña
que a auga che vai levando!

Helena Villar Janeiro comenta unha das fotos do noso arquivo relacionadas coas #LetrasGalegas2025 das #cantareiras, rexistrada en Becerreá a comezos do s. XX.
academia.gal/-/mulleres-l...

4 3 1 1
Post image

A castaña sabe ben,
o viño vaise bebendo;
o cariño vai entrando,
a honra vaise perdendo.

Informante: Carmelita
Compiladora: Dorothé Schubarth (Ordes, 1980)
Fonte: 'Cancioneiro Popular Galego'
#cantareiras #letrasgalegas2025

5 1 0 0
Post image

Canta rula, canta rula
por riba dun castiñeiro;
xa non quero máis amores
con ningún mozo gaiteiro.

Fonte: 'Cancioneiro popular da Limia Baixa' (1973), recollido por Xaquín Lorenzo

#cantareiras #LetrasGalegas2025

3 0 0 0
Post image

Váleme valerosa,
váleme vale
váleme valerosa,
Virxe do Carme.

🎼Copa recollida por Dorothé Schubarth a Francisco, Eduardo e Manuel en Neaño (1980)

📷Procesión da Virxe do Carme na Coruña [1905 a 1910]. Arquivo da Real Academia Galega
#DíadoCarme #Galiciana #arquivodixitaldegalicia #LetrasGalegas2025

4 0 0 0
Preview
A antropóloga Beatriz Busto abre as actividades dos Cursos Galego sen fronteiras sobre as Letras Galegas das cantareiras

Beatriz Busto abriu as actividades dos Cursos #GalegoSenFronteiras sobre as #LetrasGalegas2025. A antropóloga ofreceu unha perspectiva lonxe da que, advirte, “se impón tantas veces na ollada estereotipada que se mostra do territorio cultural galego”.
📌
i.gal/beatrizbusto...

4 0 0 1
Post image

🎼 No verán seguimos a celebrar as #LetrasGalegas2025 das #cantareiras. De foliada en foliada, de concerto en concerto... Hoxe cantamos estes versos do noso cancioneiro, co merlo como protagonista, que escolmou Cabanillas en 'Antífona da cantiga' (@galaxiaeditorial.bsky.social, 1951).

📷 Pepis Beiró

3 1 0 0
Post image

A castaña sabe ben,
o viño vaise bebendo;
o cariño vai entrando,
a honra vaise perdendo.

Informante: Carmelita
Compiladora: Dorothé Schubarth
Ordes (1980)

#LetrasGalegas2025 #cantareiras #cancioneiropopulargalego

5 0 0 0
Post image

O cariño que che teño,
e mais o que che hei de ter,
cabe na casca dun ovo
e mais non o ha de encher.

'Cancioeiro das ribeiras do Tea' (Seminario de Estudos Galegos, 1929)

#cantareiras #poesíapopularoral #letrasgalegas2025 #cancioneiropopularoral

5 0 1 0
Post image

Últimos días da mostra das #LetrasGalegas2025

0 0 0 0
Post image

Eu teño un canciño,
bonito abofé,
que baila a pandeira
na punta do pé.

Fonte: 'Vente vindo, vente cantando. Cancioneiro escolar galego'. Edición de Manuel Rico Verea.
📷 Tres cativas e un cativo cun can en Becerreá (1915). Arquivo da RAG

#letrasgalegas2025 #cantareiras #poesíapopularoral

4 2 0 0
Preview
O Seminario de Onomástica responde

Con este capítulo o Seminario de Onomástica conclúe a súa homenaxe ás #cantareiras das #LetrasGalegas2025. Inclúe outras pezas sobre o nome de #Cerceda, de onde eran naturais Rosa e Adolfina Casás, e o de #Muxía, onde naceu e medrou Eva Castiñeira.
academia.gal/comunicacion...

1 0 0 0
Preview
A RAG reivindica para o futuro do idioma o “exemplo luminoso” das cantareiras e da tradición que se abre aos novos tempos A institución reclama unha política lingüística que poña a infancia e a mocidade no centro para vivir o idioma

Santamarina, coautor do 'Cancioneiro Popular Galego' xunto a Dorothé Schubarth, pronunciou un emotivo discurso no que tirou da memoria persoal da súa infancia en San Martín de Suarna (A Fonsagrada).

🎦✒️📷 Vídeo, crónica e fotos do pleno das #LetrasGalegas2025 das #cantareiras ⬇️
i.gal/diadasletras...

3 0 0 0
Video

No pleno extraordinario do Día das #LetrasGalegas2025 das #cantareiras non só cantaron as @tanxugueiras.bsky.social. O académico Antón Santamarina tamén se animou a interpretar algunha copla de escarnio da súa infancia.😀

7 1 1 0