Disque imos cara ao inverno, nós ficamos na #PrimaveraDasLetras das #cantareiras das #LetrasGalegas2025. Aínda que 'As Ferreñas (en vivo e en directo)' de Paula Carballeira ben pode ser un bo conto de Nadal, ou? Velaquí a historia da nosa escritora ilustrada por Nuria Díaz 👇
primaveradasletras.gal
Van rematando as #LetrasGalegas25 das #cantareiras a poesía popular oral, pero seguimos a cantar (e bailar)!
📷 Autor Pepis Beiró
📌Fonte: academia.gal/aves
📣Branca Villares: "Nas coplas que falan da violencia contra as mulleres hai códigos para se manter a salvo e certa intención de denuncia, pero tamén moralizante"
🎦Relatorio completo no Simposio das #LetrasGalegas2025 das #cantareiras (3:12:30)👇
www.youtube.com/watch?v=tENG...
#25N
“Estas Letras foron moi expansivas. Estou moi contento, e penso que Rosalía tamén o estaría”, di o músico Xabier Díaz, unha das voces que convidamos a facer balance do ano das #cantareiras e reflexionar sobre o futuro da tradición.
🎦📷✒️ Simposio das #LetrasGalegas2025 👇
academia.gal/-/a-academia...
📣Ana Boullón: "O éxito das #LetrasGalegas2025 non foi mérito da Real Academia Galega senón da sociedade que sostén este patrimonio de todos"
🎦 Escoitamos xa a Isabel Vigo, Xabier Díaz e Richi Casás no Simposio das #cantareiras 👇
www.youtube.com/watch?v=KCJR...
📣 Manuel Rico: "Temos un material inmellorable no cancioneiro para introducir a nosa música na escola. (...) Non se comprende que nun conservatorio de Galicia se prescinda dela"
🎦Sesión de tarde do Simposio das #LetrasGalegas2025 das #cantareiras en directo 👇
youtube.com/watch?v=KCJR...
Branca Villares fálanos do pouso da violencia contra as mulleres no cancioneiro no Simposio das #LetrasGalegas2025 das #cantareiras.
🎦 Sesión da mañá 👇
youtube.com/watch?v=tENG...
Sesión da tarde a partir das 16:30 h 👇
youtube.com/watch?v=KCJR...
A profesora e intérprete de música tradicional Branca Villares fálanos do pouso da violencia contra as mulleres no #cancioneiro no Simposio das #LetrasGalegas2025 das #cantareiras.
🎦 Sesión da mañá 👇
youtube.com/watch?v=tENG...
Sesión da tarde a partir das 16:30 h 👇
youtube.com/watch?v=KCJR...
Henrique Monteagudo, presidente da RAG: “As Letras das #cantareiras déronlle visibilidade a todo o esforzo colectivo que reivindica a poesía popular oral, o canto, o baile, e que interpela a xente nova, futuro da lingua”
🎦 Simposio das LetrasGalegas2025
youtube.com/watch?v=tENG...
Agardámosvos este sábado 22 de novembro en Muxía. Convidámosvos ao Simposio das Letras Galegas das #cantareiras para repensarmos a tradición desde o xénero e a clase social, reflexionar sobre o seu futuro ou abordar o papel que tiveron os colectores do noso folclore.
Será tamén ocasión para reivindicar a voz de Begoña Caamaño como xornalista comprometida coa honestidade e o galego. Serán, non temos dúbida, as Letras Galegas que lle dará fermosa continuidade continuidade ao enorme ronsel de ilusión e esperanza do 17 de maio das #cantareiras.
A académica correspondente creou este fermosísimo texto para a serie de fotos do noso arquivo arredor de temas do #cancioneiropopulargalego que, co gallo das #LetrasGalegas2025 que lles dedicamos ás #cantareiras, están a asinar distintos membros da RAG.
✒️ academia.gal/arquivo/dest...
O domingo as nosas pandereteiras andarán por San Miguel de Oia 👣
.
Ven troulear con nós!
.
#pandereteirastraspés #música #tradicional #cantareiras #pandereteiras #traspés #traspès #sanmigueldeoia #vigo
Luciano Rodríguez asina un novo comentario da serie do noso arquivo sobre temas das #letrasgalegas2025 das #cantareiras. O académico correspondente escribe sobre esta foto histórica de Luis Artús.
🌞 Lecturas do verán 🌞 ‘As Ferreñas (en vivo e en directo), un texto de Paula Carballeira ilustrado por Nuria Díaz para a #PrimaveraDasLetras das #cantareiras.
📌 primaveradasletras.gal/2025
Heime de embarcar nun barco,
nun barquiño de papel;
andareime toda a vida
para ver o meu Manuel.
Copla recollida por José López de la Vega (1825-1888)
Fonte: 'A poesía popular en Galicia. 1745-1885' de Domingo Blanco
#cantareiras #letrasgalegas2025
Da viga do meu sobrado
é señora unha anduriña;
de noite dorme no niño;
espertámola ó abri-lo día.
🎼
Copla recollida por Marcial Valladares (1821-1903)
📷
Autor: Pepis Beiró
Fonte: academia.gal/aves
#cantareiras #letrasgalegas2025
Se queres plantar salgueiros,
vainos plantar a Silván,
que na terra de Enxirís
os salgueiros non se dan.
Informante: Alfonso de Bazar
Compiladora: Dorothé Schubarth (Santa Comba, 1980)
Fonte: 'Cancioneiro popular galego'
#cantareiras #letrasgalegas2025
🌞Series para o verán🌞
En agosto rendémoslles homenaxe ás nosas #cantareiras das #letrasgalegas2025 nos terreiros, de foliada en foliada. Pero deixade un chisco de tempo tamén para a serie que lles dedicamos! 😃
📌 ‘Se canto é porque quero’ ⬇️
academia.gal/comunicacion...
Paso río, paso fontes,
sempre te atopo lavando.
Que lástima da cariña
que a auga che vai levando!
Helena Villar Janeiro comenta unha das fotos do noso arquivo relacionadas coas #LetrasGalegas2025 das #cantareiras, rexistrada en Becerreá a comezos do s. XX.
academia.gal/-/mulleres-l...
A castaña sabe ben,
o viño vaise bebendo;
o cariño vai entrando,
a honra vaise perdendo.
Informante: Carmelita
Compiladora: Dorothé Schubarth (Ordes, 1980)
Fonte: 'Cancioneiro Popular Galego'
#cantareiras #letrasgalegas2025
Canta rula, canta rula
por riba dun castiñeiro;
xa non quero máis amores
con ningún mozo gaiteiro.
Fonte: 'Cancioneiro popular da Limia Baixa' (1973), recollido por Xaquín Lorenzo
#cantareiras #LetrasGalegas2025
🎼 No verán seguimos a celebrar as #LetrasGalegas2025 das #cantareiras. De foliada en foliada, de concerto en concerto... Hoxe cantamos estes versos do noso cancioneiro, co merlo como protagonista, que escolmou Cabanillas en 'Antífona da cantiga' (@galaxiaeditorial.bsky.social, 1951).
📷 Pepis Beiró
Está a pasar!
Na #bestudoslocais deu comezo a presentación do libro "Debullando Folclore" de Manuel Cajaraville en edición facsimilar dedicado ás cantareiras. Unha oportunidade única para coñecer o traballo dun dos grandes etnógrafos galegos
.
.
#DebullandoFolclore #ManuelCajaraville #Cantareiras
Tic-tac-tic-tac... D'hoxe nun mes chega o festival #AbrideaFiestra. Vide con zapato cómodo e con voz afinada que é o ano dos #cantares e das #cantareiras 😉 🥳
A castaña sabe ben,
o viño vaise bebendo;
o cariño vai entrando,
a honra vaise perdendo.
Informante: Carmelita
Compiladora: Dorothé Schubarth
Ordes (1980)
#LetrasGalegas2025 #cantareiras #cancioneiropopulargalego
🔥 ilustracións para o cartel da Festa do Albaroque de Arume de Verdillo.
Hoxe da comezo! Non perdades ocasión!
#ilustracion #arumedeverdillo #albaroque #carballo #paulamayor #paulamayorart #cantareiras #galicia
Non perdades ocasión de disfrutar desta festa!
#ilustracion #arumedeverdillo #albaroque #carballo #paulamayor #paulamayorart #cantareiras #galicia #culturagalega
O cariño que che teño,
e mais o que che hei de ter,
cabe na casca dun ovo
e mais non o ha de encher.
'Cancioeiro das ribeiras do Tea' (Seminario de Estudos Galegos, 1929)
#cantareiras #poesíapopularoral #letrasgalegas2025 #cancioneiropopularoral
Eu teño un canciño,
bonito abofé,
que baila a pandeira
na punta do pé.
Fonte: 'Vente vindo, vente cantando. Cancioneiro escolar galego'. Edición de Manuel Rico Verea.
📷 Tres cativas e un cativo cun can en Becerreá (1915). Arquivo da RAG
#letrasgalegas2025 #cantareiras #poesíapopularoral