'Uuu-uuu, BEGOÑA! (Teatro para a infancia cun lanzamento, tres lances e un desenlance)' pode descargarse na páxina web de #PrimaveraDasLetras, o proxecto da RAG para o público infantil.
academia.gal/-/a-traves-d...
primaveradasletras.gal/2026
📣“ Espero que esta obra de teatro lle sirva á rapazada de porta de entrada no universo literario de Begoña Caamaño"
✒️Conversamos con An Alfaya, autora de 'Uuu-uuu, BEGOÑA!', a obra sobre a protagonista das #LetrasGalegas2026 para a nosa #PrimaveraDasLetras.
academia.gal/-/a-traves-d...
Comezou a #PrimaveraDasLetras de Begoña Caamaño! Xa podedes ler a obra sobre a autora das #LetrasGalegas2026 de An Alfaya para a nosa web infantil, ilustrada por Laura Romero. Presentámola hoxe na mellor das compañas no CEIP O Pombal. Mil grazas pola acollida!
academia.gal/-/circe-morg...
Aínda que custe crelo, falta moi pouco para o comezo da #PrimaveraDasLetras! O 2 de marzo arrinca na web do noso proxecto para o público infantil coa presentación do texto teatral sobre Begoña Caamaño que asina An Alfaya e ilustra Laura Romero. #LetrasGalegas2026
Disque imos cara ao inverno, nós ficamos na #PrimaveraDasLetras das #cantareiras das #LetrasGalegas2025. Aínda que 'As Ferreñas (en vivo e en directo)' de Paula Carballeira ben pode ser un bo conto de Nadal, ou? Velaquí a historia da nosa escritora ilustrada por Nuria Díaz 👇
primaveradasletras.gal
Empezamos a semana entregándolle o I I Premio Na lingua que eu falo do proxecto #PrimaveraDasLetras á comunidade educativa do CEIP Milladoiro de Malpica, exemplo excelente de como os colexios poden ser espazos de reforzo e de agarimo pola lingua.
📌Todos os detalles 👇
i.gal/ceipmilladoi...
📣 "Traballar en galego é educar desde a raíz, formar persoas conscientes da súa orixe e capacidade para transformar o mundo desde o que son” 📣
Así se concibe a educación o profesorado do CEIP Milladoiro de Malpica, gañador do I Premio #NaLinguaQueEuFalo #PrimaveraDasLetras.
📌 i.gal/ipremionalin...
Hoxe dámoslles os parabéns e as grazas a todos os membros da comunidade educativa do CEIP Milladoiro. Ao abeiro do noso proxecto #PrimaveraDasLetras, recoñecemos o traballo deste colexio a prol do galego
co I Premio 'Na lingua que eu falo'.
academia.gal/-/a-rag-cele...
🌞 Verán de cine🌞 'A orixe da nosa lingua guapa' é unha curta da RAG, con guión de Fina Casalderrey, na que lle explicamos á rapazada como se formou o galego ao longo da historia. É parte do noso proxecto para o público infantil #PrimaveraDasLetras.
www.youtube.com/watch?v=jxvn...
🌞 Lecturas do verán 🌞 ‘As Ferreñas (en vivo e en directo), un texto de Paula Carballeira ilustrado por Nuria Díaz para a #PrimaveraDasLetras das #cantareiras.
📌 primaveradasletras.gal/2025
🎼A #PrimaveraDasLetras das #cantareiras agasállanos con 'As Ferreñas (en vivo e en directo)'. Convidámosvos a ler e a levar á escena este divertidísimo texto teatral de Paula Carballeira para a nosa web infantil, ilustrada nesta edición por Nuria Díaz. ⬇️
primaveradasletras.gal
Ademais de #asferreñas, a web de #PrimaveraDasLetras ofrece xa as primeiras actividades interactivas sobre o universo das protagonistas das #LetrasGalegas2025, propostas que irán medrando nas vindeiras semanas.
📌 primaveradasletras.gal/2025/activid...
A #PrimaveraDasLetras tráenos 'As Ferreñas (en vivo e en directo)', un divertidísimo texto teatral de Paula Carballeira que xa está dispoñible na web do proxecto con ilustracións de Nuria Díaz. Velaquí a estrea a cargo do alumnado do cole da Silva (Cerceda).
www.youtube.com/watch?v=Gawd...
Convidámosvos tamén a que lles botedes unha ollada ás primeiras actividades interactivas da nova edición de #PrimaveraDasLetras, na que tivemos o pracer de contar con Nuria Díaz.
primaveradasletras.gal/2025/activid...
☀️A #PrimaveraDasLetras comezou hoxe en Cerceda para se estender axiña por Galicia. O cole da Silva estreou 'As Ferreñas', a obra de Paula Carballeira das #cantareiras para o noso proxecto dirixido ao público infantil que podedes descargar xa en⬇️
primaveradasletras.gal/2025
Este luns comeza a #PrimaveraDasLetras! A partir de mañá estará na web do proxecto 'As Ferreñas', un divertidísimo texto teatral de Paula Carballeira que lle presenta á rapazada as protagonistas das #LetrasGalegas2025. Nuria Díaz asina as ilustracións.
📌https://primaveradasletras.gal/
🥳Moi pouco falta para a #PrimaveraDasLetras! ☀️O luns 10 de marzo comeza en Cerceda a edición das #LetrasGalegas2025 das #cantareiras coa estrea da obra 'As Ferreñas (en vivo e en directo)', un texto de Paula Carballeira para primaveradasletras.gal ilustrado por Nuria Díaz.