📽️'Begoña Caamaño: navegar no pracer do azul', a película das #LetrasGalegas2026
📣Estrea este xoves 9 de abril ás 21 horas na web e na canle de Youtube da RAG
📌 youtu.be/baZ6YkjAgtY
E se a historia non é como nola contaron? Velaquí as claves da primeira novela de #BegoñaCaamaño sen (moito) espóiler, que o auténtico pracer é lela.
E agora dinos: se foses Penélope... ti que farías?
#éotempodebegoñacaamaño #letrasgalegas2026
@mancebota.bsky.social
www.youtube.com/watch?v=qJCq...
📣“ Espero que esta obra de teatro lle sirva á rapazada de porta de entrada no universo literario de Begoña Caamaño"
✒️Conversamos con An Alfaya, autora de 'Uuu-uuu, BEGOÑA!', a obra sobre a protagonista das #LetrasGalegas2026 para a nosa #PrimaveraDasLetras.
academia.gal/-/a-traves-d...
A Primavera das Letras de Begoña Caamaño xa está aquí! Non perdades 'Uuu-uuu, BEGOÑA!', a superaventura da autora das #LetrasGalegas2026 xunto ás protagonistas das súas novelas. Un texto teatral de An Alfaya e ilustrado por Laura Romero para o noso proxecto para a infancia.
primaveradasletras.gal
"É o momento de mudar o mundo; é o tempo do feminismo, é dicir, da xustiza, da igualdade, da liberdade, da dignidade e tamén, por que non? Da felicidade".
#BegoñaCaamaño #LetrasGalegas2026 #8M
Comezou a #PrimaveraDasLetras de Begoña Caamaño! Xa podedes ler a obra sobre a autora das #LetrasGalegas2026 de An Alfaya para a nosa web infantil, ilustrada por Laura Romero. Presentámola hoxe na mellor das compañas no CEIP O Pombal. Mil grazas pola acollida!
academia.gal/-/circe-morg...
A nova obra da Premio Nacional de Literatura Dramática inscríbese na proposta de Editorial Galaxia para as Letras Galegas 2026 dedicadas a Begoña Caamaño. #LetrasGalegas2026
editorialgalaxia.gal/a-voz-insubm...
A académica Ana Romaní guíanos polo universo vital e literario de Begoña Caamaño na sección da nosa web das #LetrasGalegas2026. «O feminismo vertebra o seu pensamento e a súa biografía. “É o momento non de cambiar as regras senón de cambiar de xogo”».
academia.gal/letras-galeg...
Co gallo do #DíaDeRosalía, detémonos nun dos seus poemas que tende pontes coas #LetrasGalegas2026 de # Begoña Caamaño. "Xigantescos olmos, mirtos" anticipa a revisión feminista da bruxa, un dos arquetipos da tradición misóxina, sinala a académica María López-Sández.
academia.gal/-/a-nai-de-t...
A RAG participou na homenaxe a #BegoñaCaamaño no IES Castelao, unha fermosa lembranza da infancia da autora das #LetrasGalegas2026 no Calvario. O presidente Henrique Monteagudo salientou as aprendizaxes afectivas que a obra de Caamaño lle achega á xente máis nova.
academia.gal/-/homenaxe-n...
Aínda que custe crelo, falta moi pouco para o comezo da #PrimaveraDasLetras! O 2 de marzo arrinca na web do noso proxecto para o público infantil coa presentación do texto teatral sobre Begoña Caamaño que asina An Alfaya e ilustra Laura Romero. #LetrasGalegas2026
Unha película documental e o primeiro videopódcast da Real Academia Galega son algunhas das propostas para celebrarmos as #LetrasGalegas2026 que lle dedicamos a Begoña Caamaño. Velaquí os detalles da nosa programación.
academia.gal/-/a-rag-pres...
📣 María Xesús Nogueira: “As novelas de Begoña Caamaño son reflexións sobre o poder e o xénero”
academia.gal/-/maria-xesu...
#BegoñaCaamaño #LetrasGalegas2026
"Galaxia reedita as novelas de Begoña Caamaño": https://culturagalega.gal/noticia.php?id=38441
#LetrasGalegas2026
Hai bruídos que atravesan o tempo, e palabras que rescatan mitos. 🌊📖
No Bruón Folk Fest, a nosa programación sempre camiña da man das nosas Letras.
#BegoñaCaamaño será a homenaxeada no día das nosas letras no 2026.
#BruónFolkFest #LetrasGalegas2026
Web sobre Begoña Caamaño na RAG: https://academia.gal/letras-galegas/2026/begona-caamano
#begoñaCaamaño #LetrasGalegas2026
Agora máis ca nunca preciso eu do voso conforto e da vosa amizade".
'Circe ou o pracer do azul' (2009)
Begoña Caamaño
Moi boas festas e felices #LetrasGalegas2026 de Begoña Caamaño a carón da xente que queremos, da que nos quere. Das amigas, dos amigos.
Este 27 de outubro navegamos entre as obras de ambas as autoras e albiscamos xa unhas #LetrasGalegas2026, as de Begoña Caamaño, que han permitir o público afondar e achegar novos lectores e lectoras a obra dunha narradora excepcional.
A RAG dedicaralle as #LetrasGalegas2026 a Begoña Caamaño (1964-2014). O vindeiro 17 de maio celebraremos a narradora que revisitou os mitos desde a ollada feminista e mais a xornalista, nun momento en que urxe reivindicar o xornalismo en galego.
academia.gal/-/a-real-aca...
Boa nova.
A @realacademiagalega.bsky.social elixe á xornalista e escritora Begoña Caamaño para as #LetrasGalegas2026.
Begoña Caamaño sería unha boa opción #LetrasGalegas2026