#OCampusNosMedios Na actualidade, o Campus Industrial de Ferrol ten 8 cátedras. Delas, 6 están dirixidas por mulleres: Alicia Munín, Ana Álvarez, Maripaz Mateo, Sonia Zaragoza, Rocío Ameniros e Lucía Santiago @udc.gal Vía Diario de Ferrol
#OCampusNosMedios Ximnasio, cultura e voluntariado: o Campus Industrial de Ferrol non é só para estudar @udc.gal Vía Diario de Ferrol
#OCampusNosMedios A Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) reuníu, este mércores 4/FEBREIRO, no seu II Encontro con Empresas, a preto de 20 firmas con forte arraigo en Galicia @udc.gal Vía La Voz de Galicia (Edición Ferrol)
#OCampusNosMedios A Facultade de Humanidades e Documentación do Campus Industrial de Ferrol acolle, desde o curso 2022/23, o grao en Relacións Internacionais. Un título bilingüe impulsado, de xeito conxunto, pola UDC e a UVigo @udc.gal @uvigo.bsky.social Vía @vozdegalicia.bsky.social
#OCampusNosMedios Os 10 anos de Aprendizaxe Servizo (ApS) na Universidade da Coruña (UDC) deixan pegada no alumnado do Campus Industrial de Ferrol @udc.gal @cufieudc.bsky.social Vía Diario de Ferrol
#OCampusNosMedios Luz Castro, coordinadora do Máster en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos, titulación que se imparte na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF): "Nos obradoiros, o alumnado traballa como un pequeno estudo de videoxogos" @udc.gal Vía Diario de Ferrol
#OCampusNosMedios Medio centenar de firmas de distintos puntos de Galicia e España participaron, o xoves 30/OUTUBRO, no FESTALENT na procura de estudantes de último curso e recén graduados e graduadas para ofercerlles prácticas ou ampliar aos seus cadros de persoal @udc.gal Vía Voz Ferrol
#OCampusNosMedios O Campus Industrial de Ferrol sube de nivel coa edición do FESTALENT + participativa e con maior afluencia. Sumáronse a este evento, un total de 50 firmas, entidades e asociacións, así como + de 500 estudantes da UDC e de ciclos de FP da comarca @udc.gal Vía Diario de Ferrol
#OCampusNosMedios Desde o seu nacemento, en 2021, o Programa de Atención Psicolóxica Afrontemos da Universidade da Coruña (UDC) atendeu a máis de 400 persoas, todas elas integrantes da comunidade universitaria @udc.gal Vía Diario de Ferrol
#OCampusNosMedios Desde a súa posta en marcha, entregou un total de 15 equipos informáticos ás persoas usuarias da Asociación Centro de Recursos Solidarios de Narón, da Asociación para a Loita Contra as Enfermidades de Ril e da Fundación Amigó de Lugo @udc.gal
#OCampusNosMedios O Banco de Reciclaxe Eletrónica do Campus Industrial Ferrol esta promovido pola Oficina de Cooperación e Voluntariado (OCV) da Universidade da Coruña UDC) xunto co Programa Green Campus Ferrol e en colaboración con Enxeñería Sen Fronteiras Galicia. Vía Diario de Ferrol @udc.gal
#OCampusNosMedios Ana Ares Pernas, vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social: " A responsabilidade social é unha parte esencial da vida universitaria" @udc.gal Vía Galicia Ártabra
#OCampusNosMedios Carolina Camba, subdirectora de Estudantado e Difusión da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol: "A taxa de éxito é maior á dos rapaces. A curva sempre está por riba. A igualdade de nota de ingreso, as rapazas son mellores academicamente falando" @udc.gal Vía Diario de Ferrol
#OCampusNosMedios Víctor Jiménez, alumno do máster en Enxeñaría Naval e Oceánica, titulación que se imparte na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF): "Esta experiencia abriume os ollos" @udc.gal Vía La Voz de Galicia. Edición Ferrol
#OCampusNosMedios Macarena Somoza e Lucía Fernández, graduadas en Xestión Industrial da Moda, traballan e fórmanse en comercio exterior nas Oficinas Económicas e Comerciais de España en #Shanghái e #Seúl grazas ás bolsas de Internacionalización do IGAPE @udc.gal Vía La Voz de Galicia (Ferrol)
#OCampusNosMedios Alicia Munín, Fran Bellas, Rosa Ríos, Óscar Fontenla, Sara Ferreño, Adolfo Lamas e José Antonio Becerra, persoal docente vinculado á Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) da Universidade da Coruña (UDC) @udc.gal Vía Diario de Ferrol
#OCampusNosMedios Os sete magníficos e magníficas que sitúan o Campus Industrial de Ferrol no mapa nacional coa FIRST LEGO League @udc.gal Vía Diario de Ferrol
#OCampusNosMedios Marcos Míguez, director do Campus Industrial Ferrol da Universidade da Coruña (UDC): "Unha das claves é ter unha oferta formativa interesante @udc.gal Vía Diario de Ferrol
#OCampusNosMedios Alicia Munín, investigadora do Grupo Integrado de Enxeñaría do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI) do Campus Industrial de Ferrol: "Temos un problema serio cos plásticos que chegan ao mar sobre todo a través dos ríos” @udc.gal Vía Diario de Ferrol
#OCampusNosMedios O equipo Captioma Elementals, da Academia Captioma de #Ourense, e o equipo MEGA BUILDER TEAM, do Centro MEGA Riveira, representarán a #Galicia na FINAL Nacional da FIRST LEGO League que terá lugar, o vindeiro 29/MARZO, no Campus Industrial de Ferrol @udc.gal Vía Diario de Ferrol
#OCampusNosMedios Wenceslao J. González, catedrático de Loxica e Filosofía da Ciencia da UDC e coordinador das as xornadas "Intelixencia Artificial: Análise da Racionalidade e Reflexións Éticas": "O preferible é unha Intelixencia Artificial baixo control humano" @udc.gal Vía Ferrol360
#OCampusNosMedios Begoña Díaz Valerio, PtXAS xubilada da Universidade da Coruña (UDC) no Campus Industrial de Ferrol: "Cando cheguei ao campus non había liña telefónica e aínda estaban os berces da antiga maternidade" @udc.gal Vía La Voz de Galicia (Edición Ferrol)
#OCampusNosMedios Unha web para pór en valor o pequeno comercio e a alimentación sostible. Esta iniciativa é froito da colaboración de cinco estudantes dos graos en Relacións Internacionais e en Relacións Laborais e RRHH que se imparten no Campus Industrial de Ferrol. Vía Diario de Ferrol @udc.gal