Xa levamos o asunto ao #PlenoXaneiro e ímolo volver levar ao #PlenoFebreiro, perante a incapacidade do Goberno Local para garantir quer os dereitos do persoal -con colaboradores que mesmo levan desde 2024 sen percibir nada polo seu traballo- quer os das persoas usuarias.
(e 2).
#PlenoXaneiro
A nosa concelleira 𝗠𝗲𝗿𝗰𝗲𝗱𝗲𝘀 𝗤𝘂𝗲𝗶𝘅𝗮𝘀 xa levou o asunto, en forma de pregunta oral, ao #PlenoXaneiro do pasado 15X e, como non está resolto, vaino volver levar ao #PlenoFebreiro do vindeiro 12F.
(e 2).
#NaWeb
Interpelado por 𝗔𝘃𝗶𝗮 𝗩𝗲𝗶𝗿𝗮, o Goberno Local anuncia que sentará a falar co BNG sobre os VTC cando conclúa o trámite de consulta pública.
#PlenoXaneiro
acorunha.bng.gal/articulo/nov...
#PlenoXaneiro
O PP recriminoulle ao BNG que seica está no Concello para "lle dar cremita" ao Goberno Local.
"Vostedes, señores do PP, de botar cremita entenden moito", retrucoulles 𝗙𝗿𝗮𝗻𝗰𝗶𝘀𝗰𝗼 𝗝𝗼𝗿𝗾𝘂𝗲𝗿𝗮.
(1).
Derradeira das mocións do BNG a debate neste #PlenoXaneiro, a referida ao apoio ao pequeno comercio e a artesanía local.
Artesanía local que non foi tido en conta cando se proxectou o poboado de Nadal en María Pita, o que derivou nun auténtico fiasco.
(1).
#PlenoXaneiro.
O BNG dá luz verde á suspensión de licenzas nas Percebeiras, condición necesaria para a reforma puntual do PXOM nese ámbito, avanza 𝗔𝘃𝗶𝗮 𝗩𝗲𝗶𝗿𝗮.
"As Percebeiras non son un soar máis", remarca.
(1).
𝗔𝗫𝗘𝗡𝗗𝗔
Alén das mocións, no #PlenoXaneiro deste xoves 15X o noso grupo municipal inquirirá o Goberno Local sobre distintas cuestións.
Aquí: coruna.gal
A nosa concelleira 𝗔𝘃𝗶𝗮 𝗩𝗲𝗶𝗿𝗮 volveu acompañar a mobilización do sector do taxi coruñés.
Sempre na defensa dun servizo público fronte á competencia desleal dos VTC!
Levaremos o asunto ao #PlenoXaneiro deste xoves 15X.
youtube.com/shorts/ewtfs...
𝗔𝗫𝗘𝗡𝗗𝗔
Este xoves imos ter o primeiro Pleno de 2026 e, como todos, vén cheo de propostas e iniciativas do noso grupo municipal.
Como sempre, poderedes acompañar a sesión aquí: coruna.gal
#PlenoXaneiro
#NaWeb
A nosa concelleira 𝗠𝗲𝗿𝗰𝗲𝗱𝗲𝘀 𝗤𝘂𝗲𝗶𝘅𝗮𝘀 leva ao #PlenoXaneiro deste 15X a vulneración dos dereitos do cadro de persoal do Programa Lecer.
acorunha.bng.gal/articulo/nov...
Veira, cun taxista antes da caravana partir do edificio dos sindicatos
Un momento da marcha
A nosa concelleira 𝗔𝘃𝗶𝗮 𝗩𝗲𝗶𝗿𝗮 acompañou a mobilización do sector do taxi da nosa cidade, a demandar que os VTC non podan realizar viaxes urbanas dentro do noso concello.
Arredor deste asunto vai xirar unha pregunta do BNG ao Goberno local no #PlenoXaneiro do 15X.
#EstáAPasar
Velaí en andamento a Xunta de Portavoces previa ao #PlenoXaneiro deste xoves 15X. Nela participa o noso voceiro
𝗙𝗿𝗮𝗻𝗰𝗶𝘀𝗰𝗼 𝗝𝗼𝗿𝗾𝘂𝗲𝗿𝗮.
#NaWeb
A nosa concelleira 𝗔𝘃𝗶𝗮 𝗩𝗲𝗶𝗿𝗮 insta o Goberno Local a sentar para falar da ordenanza dos VTC.
Vai levar o asunto ao #PlenoXaneiro deste xoves 15X.
acorunha.bng.gal/articulo/nov...
Acaba de se realizar a sesión da Comisión de Economía e Facenda en que se ditaminaron asuntos que irán ao #PlenoXaneiro do vindeiro. Á reunión asistiu o noso portavoz no Concello Francisco Jorquera.