Presenza dos #XeneraisdaUlla no dwsfile Festival Internacional Mascarada Ibérica en Vilariño de Conso o pasado domingo, con imaxes capturadas polo obxectivo de José Alberto Solla a quen damos as grazas!!
Correos, Xeneralas e #XeneraisdaUlla participan un ano máis no #Vibomask na montaña oriental da provincia de Ourense. Esta tarde están desfilando en Viana do Bolo e mañá en Vilariño de Conso.
Dous desfiles de coros e comparsas, e atranques de Correos e #XeneraisdaUlla esta fin de semana na bisbarra da Ulla.
Hoxe na parroquia compostelá de Sar, e mañá na parroquia estradense de Santa Cristina de Vea, adiado fai 15 días en plena ola de treboadas.
Comezan os días grandes de #Entroido con altos dos #XeneraisdaUlla en case todos os concellos (nas parroquias estradenses adiáronse):
- sábado 14: en A Bandeira, Fonte Díaz, Aríns, Cacheiras e Sta. Mª Teo.
- domingo 15: Piloño, Sta. Lucía, Cacheiras e Sergude.
- martes 17: Fao.
Fin de semana de #Entroido con atranques dos #XeneraisdaUlla en case todos os concellos:
- sábado 14: en A Bandeira, Fonte Díaz, Aríns, Cacheiras e Sta. Mª Teo.
- domingo 15: Piloño, Couso, Sta. Lucía, Sta. Cristina de Vea, Cacheiras e Sergude.
- martes 17: no desfile municipal da Estrada e en Fao.
Se a metereoloxía o permite, hoxe haberá atranques dos #XeneraisdaUlla nas parroquias de #Lamela (Silleda), #Marrozos (Compostela) e #Vilanova (Vedra), que #Reis (Teo xa o adiou para dentro dun mes
O Telexornal mediodía da @tvgalicia.bsky.social falou do #atranque dos #XeneraisdaUlla de onte na parroquia teense de Lucí.
Grazas á organización e a todos os participantes que se achegaron coñecer este #entroidorural tradicional.
E a vindeira fin de semana chegan o sábado e domingo corredoiro.
Esta fin de semana xa foi cancelado in dos atranques, por mor da metereoloxía.
Haberá que estar atento dos acontecementos
#XeneraisdaUlla
The Xenerais da Ulla welcome the Carnival. Enjoy this
rural tradition from our region. Check locations and
schedules to fully experience this festival
www.santiagoturismo.com/festas-e-tra...
#WorldHeritage #Entroido #Carnaval #XeneraisdaUlla
Esta fin de semana comezou o #Entroido dos #XeneraisdaUlla.
O sábado 24 continuaron os obradoiros creativos na Casa común de Rarís (en Teo), e ás 18:30 foi o 1º atranque en San Miguel de Sarandón (Vedra).
Hoxe, domingo 25, ás 20 horas é a quenda de Oza (en Teo).
#moicercadeSantiago
Aquí vos deixamos un video de @alvientooo.bsky.social que promove o noso entroido #XeneraisdaUlla
Eis aquí unha pequena representación duns Vivas a cargo do dos Xeneraliñxs da Bandeira.
#XeneraisdaUlla
Esta mañá no Auditorio Manuel Dopazo, de A Bandeira (Silleda) apresentouse oficialmente o #Entroido dos #XeneraisdaUlla de 2026.
Tras a benvida aos asistentes foron os discursos dos representantes institucionais. O acto rematou cuns vivas a cargo dos Xenerais da Bandeira e da súa Escola.
O Entroido dos Xenerais da Ulla, recoñecido como Ben de Interese Cultural, é memoria, identidade e futuro 🎭✨
Vémonos para dar comezo a unha das celebracións máis singulares de Galicia!
#XeneraisDaUlla #BIC #EntroidoRural #Canteira #Bandeira #TradiciónViva
🎺✨Arranca o Entroido dos #XeneraisdaUlla! ✨🎺
Os xenerais das diferentes parroquias dos 8 concellos do Ulla reúnense para dar comezo a unha nova edición desta festa única 💥🐴
📍 A Estrada, Boqueixón, Santiago de Compostela, Silleda, Teo, Touro, Vedra e Vila de Cruces.
Esta precioso mural, sito en Concello de Vedra é a imaxe do cartaz do #Entroido Rural tradicional dos #XeneraisdaUlla de 2026.
O seu autor é Diego As, o muralista lugués autor do Xulio César, escollido como o mellor mural do mundo de 2021 por @streetartcities.bsky.social
⏳ En nada entramos no tempo dos entroidos...
📅 O vindeiro sábado o Concello de Teo programa unha experiencia creada para achegarnos ao Entroido dos #XeneraisdaUlla e explorar a creatividade creando un tricornio de xeneral ao ritmo de inxeniosas coplas!
✍️ Anotádevos en www.teo.gal/gl/inscricio...
CONTA ATRÁS PARA O ENTROIDO RURAL TRADICIONAL DA ULLA
Xa está actualizado na nosa web o calendario de eventos dos #XeneraisdaUlla con todos os eventos asociados á nosa tradición: altos ou atranques, desfiles e demais festas.
VER: xeneraisdaulla.gal/calendario/
@turismodesantiago.bsky.social
Este sábado temos unha cita polas rúas de Compostela co resto de entroidos tradicionais do País. Achegádevos ver o Desfile, organizado un ano máis por @turismodegalicia que imos pasear pola capital enchendo a zona vella de ruido e cor!!
#xeneraisdaulla
Pensábades que xa rematáramos, pois non! Se a meteoroloxía o permite este sábado 22 serán os #XeneraisdaUlla na parroquia estradense de Arnois, con desfile e atranques a partir das 18 horas no campo da festa.
#Entroido #moicercadeSantiago
Resumo fotográfico da presenza dos #XeneraisdaUlla na #Festadafilloa de #Lestedo 😁😁
Gran día, bonito desfile e grandes atranques!!🐴🐴🐎🐎🦸♀️👹👺
📸: Patri Figueiras (grazas!! 😍)
Adiado por razóns metereolóxicas o #Entroido en #Arnois no Concello da Estrada.
#XeneraisdaUlla #moicercadeSantiago
Onte, domingo de Entroido, os #XeneraisdaUlla volvimos ser nova na TVG.
Vía @g24noticias
#Entroido #moicercadesantiago
www.facebook.com/share/v/1F3a...
Viva o Entroido!! Vivan os Xenerais da Ulla!! Libro de Eutropio Rodríguez e Javier Iglesias Ramos. @xeneraisdaulla.bsky.social
xeneraisdaulla.gal/productos/vi...
#Antroido
#Entroido
#XeneraisdaUlla
#agasallacogalego
#agasallaengalego
A parroquia compostelá de Santa Lucía do Eixo tamén terá desfile (Correos, Xenerais, coros, gaiteiros e comparsas) desde as 10 horas. Os atranques finais serán a partir das 19:30 no campo do Souto, coa actuación de disco móvil La Gramola.
O Entroido Couso, na Estrada, fará un percorrido pola parroquia desde as 10 horas. Xa pola tarde, cando pasen polo Souto de Vea (sobre as 17 horas), haberá un encontro de Mini Xenerais; e o atranque final será no campo da festa de Couso a partir das 19:30 horas.
En Sergude (Boqueixón) tamén terán aos seus Xenerais, Correos e coros (acompañados do grupo Son De Gaita) polas vías da parroquia desde as 10 da mañá, e a partir das 20 horas o atranque dos Xenerais no campo da festa.
Por último, en Cacheiras, un día despois do atranque dos Xeneraliñxs, terán o alto dos seus Correos e Xenerais a partir das 19:30 na explanada do Cemiterio, após dun día de coros e comparsas percorrendo a parroquia.
E hoxe, Domingo de Entroido, os #XeneraisdaUlla temos traballo no Eixo (Compostela), Couso (A Estrada), Sergude (Boqueixón) e repetimos en Cacheiras (Teo).
#Entroido #moicercadeSantiago
@concellosantiago.bsky.social @turismodesantiago.bsky.social
Xa pola tarde, a parroquia silledense de A Bandeira ten actividades cos cabezudos, os vellos, a parranda e a escola de Xeneralinxs. Xa o sábado 1 de marzo, tamén pola tarde, os Xenerais da Bandeira encabezaremos o Desfile de Entroido, que rematará co Alto infantíl (ás 18 horas) e o atranque dos maiores (18:30 horas). A festa nocturna estará amenizada pola Charanga BB+, o Dúo La Mecánica e Dj Calwin.
Tamén o sábado haberá Entroido na parroquia rural compostelá de Aríns, con desfile pola parroquia desde as 11:30 horas, atranque ás 19:30 e verbena coa Orquesta Alaska On Tour.
E por 3ª fin de semana consecutiva tamén volverá haber Correos, Xenerais, Coros e comparsas no Concello de Teo, na parroquia de Santa María, co atranque final ás 20 horas no campo da festa, E tamén en Cacheiras, con atranque de Xeneraliñxs e sermón do cura ás 19:30 horas do sábado 1, e atranques do Xenerais e Correos o domingo 2, á mesma hora. Ambos días haberá coros e comparsas percorrendo a parroquia, acompañados pola Charanga TNT.
Piripipí pirí pipí, o #Entroido xa está aquí, o Entroido xa está aquí!! Chegan os días centrais tamén para os #XeneraisdaUlla, e aquí, nesta bisbarra, xa comeza mañá, co entroido en Fonte Díaz (Concello de Touro), con desfile e atranques matinais.
#moicercadeSantiago
Novas presentacións do fotolibro “VIVA! Os Xenerais da Ulla”, de Eutropio Rodríguez (fotos) e Javier Iglesias Ramos (textos).
Hoxe: en A Estrada.
Mañá: en Dombodán (Arzúa).
#XeneraisdaUlla
Este domingo 23 foi a quenda dos entroidos de Bama, Merza, Angrois e Reis.
Vía G24noticias
www.instagram.com/reel/DGcsmqJtaQ3/?igsh=MWZpZGd2enk5dW42dQ==
#XeneraisdaUlla #Entroido #moicercadeSantiago
Os Xenerais de Lamela, no Concello de Silleda, comezarán o desfile ás 16:30 h. e os atranques serán ás 17:30 horas, no campo da festa, mentres que DJ Calwin amenizará a noitiña (organiza a Asociación Ánxela).
San Cristovo de Reis, no Concello de Teo, terá desfile pola parroquia durante o día, e os atranques serán ás 19:30 no campo da festa de Reis, estando acompañados da charanga Os Atrevidos (organiza a A.C. O Demo de Reis ).
A parroquia de Vilanova, no Concello de Vedra farán unha visita a Santa Cruz de Rivadulla contra o mediodía, e os atranques serán ás 20 horas, no campo da festa de Picón (organiza a Unión Carnavalesca de Vilanova).
E por último, na parroquia compostelá de Marrozos terán o desfile desde as 10 horas e os atranques a partir das 20 horas no campo da festa. O fin de festa estará a cargo de Dj S.S.S. e de Dj Lotoh.
Achéganse as datas importantes e iso nótase na cantidade de citas (desfiles e atranques) que hai esta fin de semana. Ata 7 parroquias (de 6 concellos) toman parte este sábado e domingo do Entroido Rural tradicional dos #XeneraisdaUlla.
Neste Sábado Corredoiro (22/02) tes cita en:
Resumo fotográfico do desfile e atranques dos #XeneraisdaUlla onte, domingo 16, en Rarís (#Teo):
www.facebook.com/share/1KLt9x...