Esta fin de semana comezou o #Entroido dos #XeneraisdaUlla.
O sábado 24 continuaron os obradoiros creativos na Casa común de Rarís (en Teo), e ás 18:30 foi o 1º atranque en San Miguel de Sarandón (Vedra).
Hoxe, domingo 25, ás 20 horas é a quenda de Oza (en Teo).
#moicercadeSantiago
Pensábades que xa rematáramos, pois non! Se a meteoroloxía o permite este sábado 22 serán os #XeneraisdaUlla na parroquia estradense de Arnois, con desfile e atranques a partir das 18 horas no campo da festa.
#Entroido #moicercadeSantiago
Esta fin de semana no @concellosantiago.bsky.social #entroido con desfiles e atranques nos barrios tradicionais de Conxo (pola mañá) e de Sar, pola tarde. Ademais da participación dos Xeneraliñxs e exposición fotográfica no CC As Cancelas.
#moicercadeSantiago
Adiado por razóns metereolóxicas o #Entroido en #Arnois no Concello da Estrada.
#XeneraisdaUlla #moicercadeSantiago
Onte, domingo de Entroido, os #XeneraisdaUlla volvimos ser nova na TVG.
Vía @g24noticias
#Entroido #moicercadesantiago
www.facebook.com/share/v/1F3a...
A parroquia compostelá de Santa Lucía do Eixo tamén terá desfile (Correos, Xenerais, coros, gaiteiros e comparsas) desde as 10 horas. Os atranques finais serán a partir das 19:30 no campo do Souto, coa actuación de disco móvil La Gramola.
O Entroido Couso, na Estrada, fará un percorrido pola parroquia desde as 10 horas. Xa pola tarde, cando pasen polo Souto de Vea (sobre as 17 horas), haberá un encontro de Mini Xenerais; e o atranque final será no campo da festa de Couso a partir das 19:30 horas.
En Sergude (Boqueixón) tamén terán aos seus Xenerais, Correos e coros (acompañados do grupo Son De Gaita) polas vías da parroquia desde as 10 da mañá, e a partir das 20 horas o atranque dos Xenerais no campo da festa.
Por último, en Cacheiras, un día despois do atranque dos Xeneraliñxs, terán o alto dos seus Correos e Xenerais a partir das 19:30 na explanada do Cemiterio, após dun día de coros e comparsas percorrendo a parroquia.
E hoxe, Domingo de Entroido, os #XeneraisdaUlla temos traballo no Eixo (Compostela), Couso (A Estrada), Sergude (Boqueixón) e repetimos en Cacheiras (Teo).
#Entroido #moicercadeSantiago
@concellosantiago.bsky.social @turismodesantiago.bsky.social
Xa pola tarde, a parroquia silledense de A Bandeira ten actividades cos cabezudos, os vellos, a parranda e a escola de Xeneralinxs. Xa o sábado 1 de marzo, tamén pola tarde, os Xenerais da Bandeira encabezaremos o Desfile de Entroido, que rematará co Alto infantíl (ás 18 horas) e o atranque dos maiores (18:30 horas). A festa nocturna estará amenizada pola Charanga BB+, o Dúo La Mecánica e Dj Calwin.
Tamén o sábado haberá Entroido na parroquia rural compostelá de Aríns, con desfile pola parroquia desde as 11:30 horas, atranque ás 19:30 e verbena coa Orquesta Alaska On Tour.
E por 3ª fin de semana consecutiva tamén volverá haber Correos, Xenerais, Coros e comparsas no Concello de Teo, na parroquia de Santa María, co atranque final ás 20 horas no campo da festa, E tamén en Cacheiras, con atranque de Xeneraliñxs e sermón do cura ás 19:30 horas do sábado 1, e atranques do Xenerais e Correos o domingo 2, á mesma hora. Ambos días haberá coros e comparsas percorrendo a parroquia, acompañados pola Charanga TNT.
Piripipí pirí pipí, o #Entroido xa está aquí, o Entroido xa está aquí!! Chegan os días centrais tamén para os #XeneraisdaUlla, e aquí, nesta bisbarra, xa comeza mañá, co entroido en Fonte Díaz (Concello de Touro), con desfile e atranques matinais.
#moicercadeSantiago
Este domingo 23 foi a quenda dos entroidos de Bama, Merza, Angrois e Reis.
Vía G24noticias
www.instagram.com/reel/DGcsmqJtaQ3/?igsh=MWZpZGd2enk5dW42dQ==
#XeneraisdaUlla #Entroido #moicercadeSantiago
Hoxe, a partir das 10 da mañá, terá lugar o desfile pola parroquia de Lucí, cos Xenerais, Correos, Coros e demais personaxes. A Charanga TNT acompañará á comitiva, que rematará os actos co atranque final no campo da festa parroquial a partir das 20 horas.
Mañá será a quenda da parroquia de Rarís, cuxo percorrido pola parroquia tamén estará acompaçado pola Charanga TNT e cuxo atranque terá lugar no seu campo da festa, tamén a partir das 20 horas.
Coma xa ven sendo habitual, as parroquias de Lucí e Rarís -do Concello de #Teo- abren o Entroido Rural tradicional dos #XeneraisdaUlla.
#Entroido #moicercadeSantiago
A repercusión do acto de onte foi total. En @rtvenoticias.bsky.social
#XeneraisdaUlla #Entroido #moicercadeSantiago
Publicado o Calendario de Atranques dos #XeneraisdaUlla:
xeneraisdaulla.gal/calendario/
Tras a presentación deste sábado en Couso serán 24 parroquias as que celebrarán os 26 atranques programados (Reis e Cacheiras fan doblete).
#XereraisdaUlla #Entroido
#moicercadeSantiago